Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: PSdeG-PSOE

O PSdeG-PSOE denuncia de novo o abandono da Estación de Autobuses de Ferrol

Os socialistas Aitor Bouza e Ángel Mato denunciaron a situación da Estación de Autobuses de Ferrol, que, tras os incidentes coñecidos a través dos medios de comunicación ao longo desta semana, “parece unha estación fantasma”, con portas pechadas, dársenas sen iluminación e aseos que Aitor Bouza cualificou de “lamentables”. Bouza criticou as dificultades que estas …

O PSOE da provincia da Coruña felicita ás forzas de seguridade e á Xustiza pola operación contra o narcotráfico en Narón e reclama «man dura» contra o branqueo de capitais

O PSdeG-PSOE da provincia da Coruña expresa a súa felicitación e recoñecemento á Garda Civil, ao Servizo de Vixilancia Aduaneira, á Xustiza e ao conxunto das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado pola importante operación desenvolvida contra o narcotráfico en Narón e outros puntos da provincia, que se saldou coa detención de oito persoas, …

O PSOE denuncia o descontrol dos plenos municipais e a permisividade da alcaldesa cos insultos do seu goberno

O PSdeG-PSOE de Ribeira denuncia o descontrol no que o Partido Popular está a converter os plenos municipais. Na sesión celebrada este luns, o goberno só presentou un asunto novo, impulsado pola Asociación Española Contra o Cancro e a Deputación da Coruña, presidida polo PSdeG, mentres o resto dos puntos procedían da sesión anterior. Unha …

O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento a reclamación de novos pasos de peóns na AC-566 en Narón

O PSdeG-PSOE volverá levar ao Parlamento de Galicia a reclamación de novos pasos de peóns na estrada autonómica AC-566 ao seu paso por Narón e presentará unha emenda aos orzamentos anunciados pola Xunta para 2027 co obxectivo de garantir o financiamento necesario para mellorar a seguridade viaria neste tramo. Así o anunciaron os socialistas tras …

O PSdeG-PSOE esixe unha ambulancia medicalizada permanente para Bergantiños e a Costa da Morte ante os últimos sucesos graves acontecidos na provincia

O PSdeG-PSOE volve reclamar á Xunta de Galicia a dotación dunha ambulancia medicalizada permanente para Bergantiños e a Costa da Morte, unha reivindicación histórica da comarca que leva máis de dúas décadas sen obter resposta. A deputada autonómica Patricia Iglesias denuncia que a falta deste recurso obriga aos veciños a depender de unidades desprazadas desde …

O PSdeG-PSOE esixe á Xunta un plan integral de rexeneración da ría de Ferrol e un plan de choque inmediato para recuperar os bancos marisqueiros

O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento de Galicia que a Xunta poña en marcha un plan integral de rexeneración ambiental e produtiva da ría de Ferrol e a posta en marcha inmediata dun plan de choque para recuperar os bancos marisqueiros, ante a preocupante perda de produtividade que afecta ao sector. Así o trasladaron os socialistas …

O PSOE de Lousame propón actuacións prioritarias para financiar co POS+ Adicional da Deputación da Coruña

O PSdeG-PSOE de Lousame vén de rexistrar no Concello unha proposta de actuacións prioritarias para financiar a través do próximo POS+ Adicional da Deputación da Coruña. Os socialistas reclaman ao goberno municipal que aproveite estes fondos provinciais para atender as necesidades máis urxentes das distintas parroquias e mellorar os servizos públicos. A proposta céntrase en …

O PSdeG-PSOE denuncia que a Xunta só destina 10.000 euros á conservación das naves de Portos de Galicia en Cariño

O PSdeG-PSOE denuncia a falta de compromiso da Xunta de Galicia coa conservación das naves de Portos de Galicia en Cariño, para as que os orzamentos anunciados para o 2027 contemplan únicamente unha partida de 10.000 euros. Os socialistas consideran esta cantidade “absolutamente insuficiente” ante o avanzado estado de deterioración das instalacións, especialmente da nave …

O PSdeG-PSOE denuncia os atrasos no transporte público que conecta Valdoviño con Ferrol

O deputado socialista Aitor Bouza denuncia os atrasos que se están a producir dende fai días na liña de autobús que conecta Valdoviño con Ferrol e que afectan especialmente aos veciños e veciñas do municipio, tanto estudantes que precisan do transporte para acudir ao seu centro académico como traballadores e traballadoras que teñen que chegar …

Os socialistas denuncian que os orzamentos da Xunta volven deixar Bergantiños á marxe das prioridades do Goberno galego

Os socialistas denuncian que os orzamentos para 2027 anunciados pola Xunta de Galicia volven deixar Bergantiños á marxe dos investimentos estratéxicos do Goberno galego. O PSdeG-PSOE considera que as contas autonómicas recollen actuacións puntuais, pero carecen dunha planificación que permita impulsar o desenvolvemento económico, crear emprego de calidade, reforzar os servizos públicos e garantir oportunidades …

Silvia Longueira cualifica os orzamentos da Xunta para 2027 de “escasos” e denuncia a falta de atención á comarca da Coruña

A deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira cualificou de “escasos e mal plantexados” os orzamentos da Xunta de Galicia para 2027 e criticou a falta de atención á comarca da Coruña nas contas previstas para o próximo ano. Longueira sinalou que, “máis alá dalgúns investimentos plurianuais que xa estaban confirmados e concertados”, a comarca …

Os socialistas consideran insuficientes os orzamentos de 2027 anunciados pola Xunta para a comarca de Compostela

“Non podemos cualificar estes orzamentos doutra forma que non sexa absolutamente decepcionante, para a expectativa que xerou a Xunta de Galicia con bombo e platillo para solucionar os problemas reais da xente da comarca de Compostela”. Desta forma sentenciou o parlamentario Aitor Bouza os orzamentos anunciados pola Xunta para a comarca compostelá, que considera insuficientes ao “deixar de …

Aitor Bouza lamenta que os orzamentos de 2027 anunciados para Ferrolterra e Ortegal “nada van cambiar a vida da xente”

O deputado socialista no Parlamento galego Aitor Bouza lamentou que os novos orzamentos que anunciou a Xunta de Galicia “por desgracia, nada van cambiar a vida da xente aquí en Galicia”. Bouza asegurou que “as preocupacións importantes nas comarcas de Ferrolterra e Ortegal, como son a sanidade e a educación públicas de calidade, e as …

Os socialistas consideran “decepcionantes” os orzamentos da Xunta para a comarca do Barbanza

A deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias Rey lamentou que os orzamentos da Xunta para 2027 son “absolutamente decepcionantes e raquíticos” para a comarca do Barbanza. A parlamentaria denunciou que “non hai un pulo económico-industrial, nin previsión de aumento do chan industrial en A Pobra, nin implicación da Xunta no polígono industrial de Ribeira”. …

Patricia Iglesias cualifica de “decepcionantes” os orzamentos de 2027 para Bergantiños e a Costa da Morte

A deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias Rey cualificou de “decepcionantes” os orzamentos da Xunta de Galicia para 2027 nas comarcas de Bergantiños e da Costa da Morte, que considera “as grandes esquecidas polo Goberno de Rueda”. A parlamentaria critica que os orzamentos non respondan ás necesidades do territorio e que volvan recoller compromisos …