Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: PSdeG-PSOE

O PSdeG apoia a mobilización contra a planta de biogás da Laracha e critica a falta de transparencia do alcalde coa veciñanza

Os socialistas participaron hoxe na manifestación en defensa do río Anllóns e denunciaron que López Varela coñecía desde a pasada lexislatura o interese por instalar a planta no municipio sen informar á cidadanía O PSdeG-PSOE participou este sábado na manifestación convocada pola plataforma cidadá Biogás na Laracha NON en defensa do río Anllóns e contra a instalación …

O PSdeG reclama en Ferrol a modernización urxente do ferrocarril coa Coruña e comprométese a manter esta reivindicación

O PSdeG-PSOE participou este sábado na concentración en defensa do ferrocarril convocada polo Foro Cidadán polo Ferrocarril diante da estación de Ferrol, onde reiterou o seu compromiso coa modernización da conexión ferroviaria entre Ferrol e A Coruña e reclamou que se axilicen as actuacións necesarias para dar resposta a unha demanda histórica da cidade e …

O PSOE de Ribeira celebra os avances no polígono de Pedras Vermellas-A Fontenla, pero denuncia que o PP presuma dun proxecto que antes rexeitou financiar

O PSOE de Ribeira valora positivamente a adxudicación por parte da Xunta de Galicia da actualización do proxecto do novo polígono industrial de Pedras Vermellas-A Fontenla, así como a previsión de licitar as obras antes de que remate o ano. Con todo, os socialistas denuncian as contradicións do Partido Popular, que votou en contra dunha …

O PSdeG destaca os máis de 60 millóns de euros de apoio estatal a proxectos empresariais nas Pontes para impulsar a súa reindustrialización

O PSdeG-PSOE puxo en valor os investimentos e as actuacións impulsadas polo Goberno de España para favorecer a transición enerxética e a reindustrialización das Pontes, destacando os máis de 60 millóns de euros de apoio a proxectos empresariais no municipio e o desenvolvemento de novas infraestruturas eléctricas destinadas a facilitar a implantación de actividade económica. …

O PSdeG reivindica en Ferrol os investimentos do Goberno de España como motor da transformación industrial, económica e social da comarca

O PSdeG-PSOE fixo balance hoxe dos investimentos impulsados polo Goberno de España en Ferrol e a súa comarca durante os últimos oito anos, destacando o seu papel na modernización industrial, na creación de emprego de calidade, na mellora das infraestruturas e na recuperación de espazos urbanos. Os socialistas reivindicaron a aposta do Executivo de Pedro …

O Partido Socialista reivindica as políticas sociais do Goberno de Pedro Sánchez e advirte de que “non todos somos iguais” ante as eleccións xerais

O candidato socialista ao Senado, Gumersindo Guinarte, e o candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, visitaron o Banco de Alimentos para recoñecer o labor que desenvolve a entidade desde hai dez anos e trasladarlle o seu apoio. Durante o encontro, Guinarte reivindicou as políticas sociais impulsadas polo Goberno de Pedro Sánchez como un …

O PSdeG pon en valor os investimentos do Goberno de España en Barbanza para mellorar os servizos públicos, as infraestruturas e o patrimonio natural

O PSdeG-PSOE puxo en valor os investimentos realizados polo Goberno de España nos municipios de Barbanza durante os últimos anos, destacando o seu impacto na mellora dos servizos públicos, na protección do medio ambiente, na recuperación do patrimonio e na modernización das infraestruturas. Durante unha visita a Porto do Son, a cabeza de lista socialista …

O PSOE de Curtis reclama ao Goberno municipal que impulse a creación dunha Policía Local

O secretario xeral do PSOE de Curtis, Fernando Rey, insta ao goberno municipal a actuar con responsabilidade e iniciar os traballos necesarios para estudar a creación dunha Policía Local propia, unha demanda que considera “razoable e acorde coa realidade actual do municipio”. Para os socialistas, Curtis acadou un nivel de desenvolvemento económico, comercial e poboacional …

O PSOE de Fene reclama á Xunta investimentos prioritarios para o municipio e denuncia a desigualdade nas partidas dos Orzamentos de 2027

O Grupo Municipal Socialista de Fene reclama á Xunta de Galicia que incorpore nos Orzamentos de 2027 investimentos que permitan atender as principais necesidades do municipio. Para iso, os socialistas presentarán unha moción no pleno municipal deste xoves, 5 de novembro, ás 18:00 horas, coa que buscan o apoio da Corporación para esixir ao Goberno …

O PSdeG reclama á Xunta unha residencia universitaria pública no Sánchez Aguilera de Ferrol e financiamento nos orzamentos de 2027

O PSdeG-PSOE reclamará á Xunta de Galicia que impulse a creación dunha residencia universitaria pública nos terreos do antigo cuartel Sánchez Aguilera de Ferrol, e presentará unha emenda aos Orzamentos autonómicos de 2027 para garantir o financiamento necesario para desenvolver o proxecto. Os socialistas tamén levarán esta reivindicación ao Parlamento galego a través dunha iniciativa …

Patricia Iglesias esixe explicacións a Portos de Galicia por reclamar case 17.000 euros á Confraría da Dorna de Ribeira por un erro administrativo

A deputada do PSdeG-PSOE Patricia Iglesias denuncia a situación que atravesa a Confraría da Dorna de Ribeira despois de que Portos de Galicia lle reclamase inicialmente case 17.000 euros pola ocupación de espazos portuarios e, tras unha reclamación da entidade, recoñécese un erro administrativo que reduciu a cantidade a aproximadamente 2.000 euros. “O que está …

O PSdeG destaca en Betanzos o impacto dos investimentos do Goberno de España na rehabilitación urbana, a vivenda e a mellora das infraestruturas

A cabeza de lista do PSdeG polo Congreso, Obdulia Taboadela, e o candidato socialista Andrés Hermida puxeron hoxe en valor os preto de seis millóns de euros destinados á revitalización do casco histórico, as actuacións contra as inundacións no barrio da Ribeira O PSdeG-PSOE puxo en valor hoxe en Betanzos o papel do investimento público …

O PSdeG-PSOE de Cariño denuncia que a reforma da iluminación do campo de fútbol continúa bloqueada máis dun ano despois

O PSOE de Cariño denuncia que o goberno municipal continúa sen resolver a modificación do proxecto de reforma da iluminación do campo de fútbol, máis dun ano despois de que a Deputación da Coruña solicitase a corrección da documentación para poder tramitar unha subvención de 111.699,94 euros, destinada a financiar o 100 % da actuación.  Os …

O PSOE de Ribeira sospeita que o PP pretende repetir coa Dorna a mesma manobra das Festas de Verán

O PSOE de Ribeira expresa o seu apoio á Real e Ilustre Cofradía da Dorna ante a situación que ameaza a festa de 2027. Os socialistas ven un paralelismo co sucedido nas Festas de Verán de 2025: tras meses de restricións de Portos de Galicia, unha fotografía do PP e do PBBI precedeu á resolución …

O PSdeG-PSOE lembra a Ramón Maseda no cemiterio de San Amaro

O PSdeG-PSOE lembrou hoxe no cemiterio de San Amaro, na Coruña, a Ramón Maseda, compañeiro da agrupación socialista coruñesa asasinadoen agosto do 1936 pola represión franquista. A homenaxe incluíu unha ofrenda floral coa colocación de rosas vermellas na súa tumba e un minuto de silencio. Na homenaxe estiveron presentes Obdulia Taboadela, candidata do PSdeG-PSOE pola …