Tag: PSdeG-PSOE
O PSdeG de Curtis denuncia a morte de 363 troitas por vertidos no Mandeo: “Xa advertimos desta situación hai meses”
O PSdeG-PSOE de Curtis denuncia a morte de 363 troitas no río Mandeo provocada por vertidos en Teixeiro. “Xa advertimos desta situación hai meses”, lembra o secretario xeral local Fernando Rey Leira. “Levamos meses avisando de que a depuradora é insuficiente para os vertidos do polígono de Curtis-Teixeiro, e por iso denunciamos a situación ante …
O PSdeG reclama no Parlamento solucións á falla de aire acondicionado no CHUF
O PSdeG-PSOE amosa o seu apoio ás protestas pola situación do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol ante as altas temperaturas rexistradas e esixirá solucións no Parlamento de Galicia. O deputado autonómico Aitor Bouza calificou a situación do transporte no hospital de “absolutamente denigrante” para as persoas usuarias do mesmo. “Queremos esixirlle á Xunta de Galicia …
O PSOE de Ribeira lamenta que o PP e o PBBI “se neguen a fixar de forma definitiva a Dorna e o Entroido como festivos locais”
O PsdeG-PSOE de Ribeira lamenta que o PP e o PBBI “se neguen a fixar de forma definitiva a Dorna e o Entroido como festivos locais”. “Se este ano se traballa en Ribeira o Día da Dorna, é por decisión dos concelleiros do PP e do PBBI”, afirma Fran Suárez-Puerta. O portavoz socialista local denunciou …
O PSdeG reclama á Xunta a instalación urxente dun sistema de aire acondicionado no Centro de Saúde de Ordes
O PSdeG rexistrou no Parlamento de Galicia unha iniciativa para reclamar á Xunta a instalación urxente dun sistema de climatización no Centro de Saúde de Ordes, despois das reiteradas queixas trasladadas por profesionais e persoas usuarias polas elevadas temperaturas que se rexistran nas instalacións. A voceira socialista en Ordes, Noelia Rivadas, denuncia que “no interior …
O PSdeG de Irixoa denuncia que a Xunta non cubre as ausencias do médico no Centro de Saúde
María José Cal Álvarez, voceira socialista en Irixoa, reclámalle á Xunta de Galicia que envíe a un médico ou médica para cubrir as ausencias do doutor do Centro de Saúde do municipio. “Dende o PSdeG-PSOE de Irixoa queremos denunciar a problemática que están a sufrir os nosos veciños e veciñas pola situación que dende hai …
O PSdeG denuncia que 80 alumnos e alumnas do CEIP Emilio González López de Cambre teñen que comer nun container deseñado para 40
O PSdeG-PSOE reclama no parlamento a mellora das instalacións do CEIP Emilio González López, ubicado na parroquia cambresa de Brexo, no lugar de Lema. A deputada autonómica socialista Silvia Longueira sinala que este centro “foi construído hai mais de 45 anos, e en todo este tempo non houbo nin unha sola mellora por parte da …
O PSdeG de Ribeira lamenta que o PP e PBBI votasen en contra de esixir responsabilidades polas licenzas ilegais da gasolineira de Xarás
O PSdeG de Ribeira lamenta que o goberno municipal do PP e do PBBI votase hoxe en contra de esixir responsabilidades xurídicas, patrimoniais e políticas das persoas que aprobaron as licenzas declaradas ilegais pola Xustiza para construír a gasolineira de Xarás. O voto en contra produciuse no pleno extraordinario celebrado este xoves no Concello de …
O PSdeG da Laracha denuncia o abandono do parque canino por parte do goberno municipal
O Grupo Municipal Socialista da Laracha denunciou hoxe de xeito simbólico a “privatización forzosa” do mantemento da área canina municipal. A voceira socialista Inés Ramos criticou que teñan que ser os propios usuarios e usuarias quen teña que poñer do seu peto cordas, parches e bridas plásticas para asegurar o valado perimetral e evitar que …
O PSdeG reclamará no Parlamento que o Centro de Saúde de Oroso abra os sábados pola mañá
O PSdeG-PSOE leva ao Parlamento de Galicia a reivindicación de que o Centro de Saúde de Oroso abra os sábados pola mañá. “Levamos ao Parlamento unha petición para que o Sergas e a Xunta de Galicia reconsideren a súa decisión de pechar o centro de saúde de Oroso os sábados pola mañá, xa que non …
O PSdeG-PSOE de Lousame demanda a ampliación do horario do programa ‘Lousame Concilia – Verán 2026’ co servizo de madrugadores
A Agrupación Socialista de Lousame reclama publicamente ao goberno local a necesidade de ampliar o horario do programa ‘Lousame Concilia – Verán 2026’ para incluír o servizo de madrugadores. Desde o PSdeG-PSOE de Lousame reclaman este servizo do mesmo xeito en que se vén facendo de forma habitual durante todo o período escolar, e destacan …
O Grupo Municipal Socialista de Rianxo reitera a súa preocupación pola falta de avances efectivos na aplicación das medidas de prevención e defensa contra incendios forestais
O Grupo Municipal Socialista de Rianxo vén de reiterar a súa preocupación pola falta de avances efectivos na aplicación das medidas de prevención e defensa contra incendios forestais no municipio, unha cuestión que afecta directamente á seguridade da veciñanza e á protección do territorio. Cómpre lembrar que xa no ano 2025 o PSdeG-PSOE de Rianxo …
Brais Prieto: “O goberno municipal de Cerdido está instalado no conformismo, falta traballo político e escoita real aos veciños”
A agrupación socialista de Cerdido denuncia que o PP local está “instalado no conformismo”, con lugares públicos do municipio aos que “non se lles fixo ningún mantemento nos 3 anos que van de lexislatura”. O voceiro socialista local Brais Pieto incide no abandono sistemático do paseo fluvial do río Pontellas e de parques infantís. Para …
O PSdeG reclama explicacións á Xunta pola implantación da FP Básica no IES de Carral tras a dimisión do equipo directivo
O Grupo Parlamentario Socialista levará ao Parlamento de Galicia a situación xerada no IES de Carral tras a dimisión en bloque da equipa directiva do centro o pasado xoves pola implantación dunha aula de FP Básica para o curso 2026-2027. Segundo trasladou a dirección do instituto ao Consello Escolar e á inspección educativa, a decisión …
O PSdeG esíxelle a Rueda que dea marcha atrás no peche do Centro de Saúde de Val do Dubra os sábados pola mañá
O PSdeG esíxelle á Xunta de Galicia que dea marcha atrás na súa decisión de pechar o Centro de Saúde de Val do Dubra os sábados pola mañá, e levará esta reivindicación ao Parlamento galego. “Dende o Partido Socialista de Val do Dubra, consideramos necesario formular esta cuestión ante o Parlamento, reivindicando que a Xunta …
O PSdeG de Curtis denuncia falla de transparencia do Concello sobre o plan de seguridade para as festas
O PSdeG de Curtis denuncia falta de información por parte do goberno municipal, destacando que informaron á veciñanza da celebración do pleno ordinario do día de mañá, venres 12 de xuño, esta mesma mañá por redes sociais, con menos dun día de antelación. “Os veciños e veciñas de Curtis traballan, e se avisara con algún …