Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Xunta de Galicia

O PSdeG denuncia as “deficiencias” no transporte metropolitano por estrada e pide medidas correctoras

O PSdeG-PSOE provincial da Coruña advirte da persistencia de incidencias no servizo de transporte público metropolitano por estrada na comarca e reclama a adopción de medidas que melloren o seu funcionamento. O secretario xeral provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, explica que “seguen a rexistrarse situacións como atrasos, autobuses que non chegan ou que non realizan o …

O PSdeG leva ao Parlamento a paralización das obras no CIFP Imaxe e Son da Coruña tras dous anos sen auditorio operativo

A formación socialista pregunta á Xunta cando rematarán os traballos e alerta do impacto na formación do alumnado O Grupo Parlamentario Socialista rexistrou no Parlamento de Galicia unha iniciativa para reclamar información sobre a paralización das obras no CIFP Imaxe e Son da Coruña, cuxo salón de actos, segundo indican, leva dous cursos sen estar …

O PSdeG leva ao Parlamento as deficiencias do CEIP da Solaina en Narón e reclama unha rehabilitación integral urxente

O Grupo Parlamentario Socialista de Galicia levará ao Parlamento a situación do CEIP da Solaina, no concello de Narón, tras manter unha xuntanza coa ANPA do centro, que trasladou un dosier coas deficiencias existentes nas instalacións e que, segundo sinalan, xa foi remitido en varias ocasións á Xunta de Galicia sen obter resposta. A iniciativa …

O PSOE de Curtis alerta das posibles consecuencias da macroplanta de biogás do municipio: cheiros, tráfico continuo de camións con toneladas de puríns de toda Galicia e posible afectación ambiental

O PSOE de Curtis, a través do seu secretario xeral, Fernando Rey Leira, insta ao alcalde, Javier Caínzos, a “dar a cara” e “convocar de forma urxente unha reunión aberta coa veciñanza para explicar en detalle o proxecto da macroplanta de biogás prevista en Teixeiro”, unha iniciativa que consideran de enorme impacto e que pode …

O PSdeG denuncia o abandono do CEIP Virxe do Portal de Sobrado dos Monxes e reclama unha actuación urxente por parte da Xunta

O PSdeG denuncia o estado de abandono que sofre o CEIP Virxe do Portal de Sobrado dos Monxes e reclama á Consellería de Educación unha intervención urxente para poñer fin á situación que padece a comunidade educativa. A deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira advertiu do deterioro xeral dun edificio levantado nos anos 70 …

O PSOE de Ribeira esixe medidas contundentes ao Concello en materia de seguridade tras o grave suceso do porto

O PSOE de Ribeira denuncia a grave situación de inseguridade que vive o municipio nos últimos meses e que alcanzou o seu punto máis grave no recente suceso do porto, onde apareceu un cadáver esposado a unha escaleira e no que os indicios apuntan a un crime violento, un feito que cualifican de “moi grave …

O PSOE-PSdeG denuncia que Rueda mantén o Ortegal en “abandono” tras dous anos de goberno

O PSdeG-PSOE provincial da Coruña mantivo unha reunión de traballo con alcaldes, voceiros e secretarios xerais do Ortegal para facer balance dos dous anos de goberno de Alfonso Rueda, concluíndo que a comarca se atopa nunha situación de “abandono” por parte da Xunta. Entre as principais conclusións desta análise, os socialistas esixen á Xunta de …

O PSdeG de Curtis demándalle á Xunta a ampliación urxente do CEIP de Teixeiro

O secretario xeral do PSdeG-PSOE Curtis, Fernando Rey Leira, reuniuse coa dirección do CEIP de Teixeiro para coñecer as súas problemáticas e as súas demandas, co obxectivo de levarllas ao Parlamento galego e á Xunta de Galicia. O socialista explica que a reclamación máis urxente é a dunha “reforma do centro escolar en materia de …

O PSdeG do Porto do Son anuncia unha campaña de recollida de firmas para evitar que o centro de saúde peche os sábados pola mañá

O PSdeG-PSOE de Porto do Son anuncia unha campaña de recollida de sinaturas contra a decisión da Xunta de que o centro de saúde do municipio estea pechado os sábados pola mañá. Para a agrupación socialista, esta decisión, que afecta tamén a outros centros de saúde da zona como os de Carnota e Mazaricos, é …

O PSdeG de Teo esixe que a conselleira de Medio Ambiente rectifique as súas “fondamente desafortunadas” declaracións

“As declaracións recentes da conselleira de Medio Ambiente sobre a oposición veciñal á planta proxectada en Feros resultan fondamente desafortunadas e merecen unha rectificación pública inmediata”, afirma a voceira socialista local Mayte Argibay. A socialista lamenta que a conselleira se referise á lexítima preocupación dos veciños á creación de “plataformas cada vez que se queira …

O PSdeG de Curtis reclámalle a Concello e Xunta a rehabilitación da senda do río Mandeo

O secretario xeral do PSdeG-PSOE Curtis, Fernando Rey Leira, reclámalle ao alcalde Javier Cainzos e a Augas de Galicia o arran  da senda do Rio Mandeo e a limpeza do rio e a propia senda. Denuncia que se atopa “nun estado de abandono e de deixadez por parte das administracións competentes, tanto a local como …

O PSdeG denuncia o abandono do CEIP Virxe do Portal de Sobrado por parte da Xunta de Galicia

O PSdeG-PSOE denuncia o abandono do CEIP Virxe do Portal de Sobrado por parte da Xunta de Galicia, en apoio á folga de 3 días que levaron adiante as familias do alumnado do centro. Silvia Longueira, deputada no Parlamento galego, preguntará na cámara pola situación do colexio, despois de que as familian non levasen os …

O PSdeG levará ós concellos de Ortegal a reivindicación dunha ambulancia medicalizada na comarca

Logo de reclamalo tamén no Parlamento de Galicia, o PSdeG levará agora aos plenos municipais dos diferentes concellos da comarca de Ortegal a reivindicación á Xunta dunha ambulancia medicalizada para a bisbarra. O texto da moción insta á Xunta de Galicia a que dita ambulancia teña base permanente na comarca, garantindo “unha cobertura adecuada das …

Patricia Iglesias denuncia a paralización das obras de Palmeira, en Ribeira

O Grupo Parlamentario Socialista denuncia a paralización das obras na travesía de Palmeira, no municipio de Ribeira. A deputada Patricia Iglesias reclama explicacións á Xunta de Galicia. “Estamos preocupados polo que nos traslada á veciñanza de Palmeira”, explica a parlamentaria, que salienta que “hai uns días que non se ve actividade na zona, non hai …

O PSdeG rexeita a sanción da Xunta a Valdoviño pola piscifactoría de Meirás e esixe explicacións no Parlamento

O PSdeG-PSOE rexeita a sanción imposta pola Xunta de Galicia ao Concello de Valdoviño por mor da piscifactoría de Meirás. Aitor Bouza, deputado no Parlamento galego, e Alberto González, alcalde de Valdoviño, tiveron unha xuntanza para abordar conxuntamente a cuestión. González afirmou que a piscifactoría foi “abandonada por parte da Xunta de Galicia”: “Non tivemos …