O PSdeG reclama no Parlamento solucións á problemática do xabaril en Pontedeume
- Aitor Bouza lembra que esta cuestión é competencia da Xunta e que o Concello xa aprobou unha moción neste sentido no pleno
O Grupo Parlamentario Socialista leva ao Parlamento galego a problemática xerada pola elevada presenza de xabariles en Pontedeume nas últimas semanas e pide solucións á Xunta de Galicia.
Deste xeito, levan á cámara unha reclamación que xa fixo o pleno municipal de Pontedeume a través dunha moción presentada polo Grupo Municipal Socialista.
“Queremos esixirlle á Xunta de Galicia que execute de maneira inmediata e efectiva as súas competencias nesta materia ante o grave incremento da presenza dos xabarís” tanto en zonas urbanas como en parroquias, explica Aitor Bouza.
O deputado socialista no Parlamento galego reclama “un plan específico de actuación para o control e a redución da presenza destes animais en todas as áreas habitadas, sobre todo incrementando as medidas de prevención e captura cando sexa necesario”. O socialista subliña que “todos os veciños e veciñas están atónitos vendo esta situación e unha absoluta parálise por parte do goberno do señor Rueda”.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS