Tag: Xunta de Galicia
Silvia Longueira reclama no Parlamento galego máis aulas e persoal para o CEIP de Teixeiro
O Grupo Parlamentario Socialista reclámalle á Xunta de Galicia máis aulas e persoal para o CEIP de Teixeiro, no municipio de Curtis, ante o incremento da poboación desta vila. A deputada autonómica Silvia Longueira sinala que este incremento xera “un curioso problema que podería ser unha boa noticia” pero que fai que o centro estea …
O PSdeG-PSOE da Laracha esixe medidas urxentes ante a “situación estrutural” de incendios en Caión
O Grupo Municipal Socialista da Laracha presentou unha moción para o seu debate no Pleno ante a “profunda preocupación” que vive a veciñanza de Caión polos últimos incendios forestais rexistrados na parroquia. A voceira socialista, Inés Ramos López, urxe á Xunta de Galicia e ao Goberno local a pasar dunha “reacción tardía” a unha política …
O PSdeG reclama no Parlamento galego unha ambulancia medicalizada para a comarca de Ortegal
O PSdeG-PSOE reclama no Parlamento de Galicia unha ambulancia medicalizada para a comarca de Ortegal. O deputado autonómico socialista Aitor Bouza sinala que se trata dunha “demanda histórica” para a bisbarra. O parlamentario afirma que non se trata dun “capricho das veciñas e dos veciños, senón que realmente é unha necesidade real e urxente”. Para …
O PSdeG de Curtis reclama a Concello e Xunta que habiliten unha zona para a aterraxe do helicóptero do 061
O PSdeG-PSOE de Curtis reclámalle ao alcalde Javier Caínzos e á Xunta de Galicia que actúen con carácter inmediato no PAC de Teixeiro para habilitar urxentemente unha zona accesible e de uso exlusivo para a aterraxe do helicóptero do 061. Esta reivindicación prodúcese unha vez máis logo de que o pasado sábado 4 de abril, …
O PSdeG de Pontedeume reclama apoio e axudas ao sector marisqueiro e a pesca de artes menores no municipio
O Grupo Municipal Socialista de Pontedeume levará ao seguinte pleno unha moción de apoio ao sector marisqueiro e da pesca de artes menores no municipio. Esta iniciativa, consensuada coa Confraría de Pescadores local, pretende instar á Xunta de Galicia a negociar co sector e establecer axudas efectivas como compensación pola paralización da actividade recomendada pola …
O PSdeG de Coristanco celebra a aprobación no pleno da súa moción para reclamarlle á Xunta unha ambulancia medicalizada na bisbarra
O PSdeG-PSOE de Coristanco celebra a aprobación no último pleno municipal da moción presentada polo grupo municipal socialista para reclama que a Xunta de Galicia dote á comarca de Bergantiños dunha ambulancia medicalizada de soporte vital avanzado (SVA) con base permanente na zona. “A comarca de Bergantiños leva máis de vinte e cinco anos reclamando …
O PSdeG de Curtis reunirase co sector gandeiro para buscar “solucións reais” aos ataques de lobos e rexeita as críticas da Xunta ao Goberno central
O PSdeG-PSOE de Curtis responde ás críticas da Xunta de Galicia ao Goberno central, nas que o acusa de deixadez na xestión dos ataques dos lobos nas explotacións gandeiras. Reivindica a busca de solucións reais fronte a unhas críticas da Xunta que non ofrecen alternativas. “Tralas queixas recibidas por parte de gandeiras e gandeiros polo …
O PSdeG denuncia as condicións “tercermundistas” nas que se atopa o centro ocupacional Souto de Leixa en Ferrol
O Grupo Parlamentario Socialista denuncia a situación na que se atopa o centro ocupacional Souto de Leixa de Ferrol, especializado no apoio e atención a persoas con discapacidade. “Dende o partido socialista non imos quedar calados, e levaremos a esta situación ao Parlamento de Galicia para que, de maneira inmediata, a Xunta de Galicia tome …
Silvia Longueira reclama novas prazas públicas para os centros de día e residencias de Oleiros
O PSdeG-PSOE reclama no Parlamento galego que a Xunta de Galicia cree novas prazas públicas en centros de día e residencias no municipio de Oleiros. A deputada socialista Silvia Longueira lembra que Oleiros “é un concello de 40.000 habitantes que ten unha ratio inferior ao 1/100 de prazas en centros de día ou en residencias”. …
O PSdeG reclama a reconstrución inmediata do pavillón do IES Porto do Son tras ano e medio inutilizado
O PSdeG-PSOE sonense presentará no pleno municipal de mañá, xoves 26 de marzo, unha moción pola vía de urxencia para instar á Xunta de Galicia a que execute de xeito inmediato as obras de reconstrución do pavillón deportivo do IES Porto do Son. O voceiro socialista Jorge Romero convida “a toda a comunidade educativa do …
O PSdeG levará ao Parlamento a falta de pediatría nas Pontes e esixe á Xunta unha cobertura estable e permanente
O PSdeG denunciou hoxe a situación do servizo de pediatría no centro de saúde das Pontes e anunciou que levará esta cuestión ao Parlamento galego para esixir unha solución inmediata por parte da Xunta de Galicia. O PSdeG reclama que se garanta de forma urxente a cobertura completa, estable e permanente das dúas prazas estruturais …
O PSOE carga contra o nomeamento de Santiago Freire en Educación, investigado polo Consello de Contas, sen experiencia docente e rodeado de polémicas
O PSdeG da provincia da Coruña denuncia o “total desinterese” da consellería de Educación por atender as necesidades reais da comunidade educativa da provincia, tras o nomeamento do novo director territorial de Educación na Coruña. Os socialistas consideran que esta designación evidencia que a Xunta “non só non rectifica ante o malestar das familias, senón …
O PSdeG esixe á Xunta que cumpra co seu compromiso coa cidadania de Vedra e execute a remodelación do Centro de Saúde de Vedra
O PSdeG esixe á Xunta de Galicia que cumpra co compromiso anunciado en febreiro de 2025 e execute sen máis demora a remodelación do Centro de Saúde de Vedra, unha actuación considerada prioritaria para garantir unha atención sanitaria pública de calidade no municipio e na súa contorna e que ademáis foi anunciada hai máis dun …
O PSdeG reivindica en Betanzos a mellora de servizos públicos na comarca tras dous anos de goberno de Rueda
O PSdeG realizou dende Betanzos o seu balance do que os dous anos de goberno de Alfonso Rueda supuxeron para as mariñas betanceiras, cunha rolda de prensa na que participaron o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro, a deputada autonómica Silvia Longueira e a alcaldesa socialista María Barral. Fernández Piñeiro comezou aseverando que “o servizo …
O PSdeG denuncia a situación da sanidade pública en Ferrolterra e reclama solucións no Parlamento de Galicia
O PSdeG-PSOE denuncia en Ferrol a situación da sanidade pública nas comarcas de Ferrolterra e reclamaralle solucións á Xunta de Galicia no Parlamento galego. O portavoz socialista local Ángel Mato reclamou, nunha rolda de prensa conxunta co deputado autonómico Aitor Bouza, que “se poñan os medios para garantir que Ferrolterra conte cuns servizos equiparables a …