Tag: Política Municipal
O PSdeG reclama responsabilidades tras máis dun ano de atrasos na obra da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño
O PSdeG-PSOE de Ribeira vén de presentar por rexistro unha petición ao Goberno local para reclamar que o Concello actúe ante os reiterados atrasos nas obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño, unha infraestrutura que debía estar rematada arredor de maio de 2025 e que segue en construción. O portavoz socialista Francisco Suárez-Puerta sinalou …
O PSOE de Teo pide explicacións urxentes polo peche do comedor do CEIP da Ramallosa
O grupo municipal socialista de Teo solicita a “comparecencia urxente” da concelleira de Educación, María Vázquez, e da alcaldesa, Lucía Calvo, para que expliquen as medidas que prevén adoptar ante o peche do comedor do CEIP da Ramallosa. Segundo explican os socialistas, o centro educativo comunicou ás familias, a través da plataforma ABALAR, que “por …
O PSdeG de Coristanco denuncia a “falta de transparencia” do Concello coas analíticas da auga do pozo no Canosa-Rus
O PSdeG-PSOE de Coristanco denuncia que tivo que acudir á Valedora do Pobo para obter a información que levaba meses solicitando sobre as analíticas da auga do pozo construído polo goberno municipal no CEIP Canosa-Rus. O voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda sinala que, a pesar da intervención da valedora, o executivo local só …
O PSOE de Curtis alerta de que a macroplanta de biogás que impulsa o alcalde en Teixeiro tratará máis do dobre de residuos que a que rexeita A Laracha
O PSdeG-PSOE de Curtis cargou hoxe con dureza contra o goberno municipal do PP pola “falta absoluta de transparencia” en relación coa macroplanta de biogás que impulsa o goberno municipal de Javier Caínzos en Teixeiro, un proxecto que, advirten, “duplica ao que rexeita de forma unánime a veciñanza da Laracha”. Os socialistas, a través do …
O PSOE da Laracha reclámalle ao alcalde que leve “o non á planta de biogás que demanda a veciñanza” ante a conselleira
O PSdeG-PSOE da Laracha reclámalle ao alcalde do municipio que transmita o rexeitamento ao proxecto de instalación dunha planta de biogás en Vista Alegre, Soandres, á Xunta de Galicia. “Ante o crecente rexeitamento veciñal á planta proxectada, dende o PSOE da Laracha esixímoslle ao alcalde a creación inmediata dunha comisión de traballo conxunta”, sinala a …
O PSdeG-PSOE de Ribeira acusa ao PP de pretender ocultar con vinilos o fracaso histórico das súas políticas económicas
O PSdeG-PSOE de Ribeira critica a iniciativa do goberno municipal de cubrir os locais baleiros con vinilos, ao considerar que esta medida é un intento de tapar o peche de negocios e o fracaso do seu modelo económico en Ribeira. O grupo socialista denuncia que o PP intenta vender como “embelecemento” o que non é …
O PSdeG-PSOE reafirma o seu respecto e apoio ao persoal municipal de Cabanas e esixe ao PP que deixe de utilizalos como escusa política
Cabanas. O Grupo Municipal Socialista de Cabanas quere manifestar con total claridade o seu respeto, recoñecemento e apoio firme ao conxunto do persoal municipal, que cada día sostén os servizos públicos deste Concello con profesionalidade e compromiso. Dende o PSOE de Cabanas rexeitamos calquera crítica cara á actividade dos traballadores municipais e defendemos a seu …
O PSOE de Curtis alerta das posibles consecuencias da macroplanta de biogás do municipio: cheiros, tráfico continuo de camións con toneladas de puríns de toda Galicia e posible afectación ambiental
O PSOE de Curtis, a través do seu secretario xeral, Fernando Rey Leira, insta ao alcalde, Javier Caínzos, a “dar a cara” e “convocar de forma urxente unha reunión aberta coa veciñanza para explicar en detalle o proxecto da macroplanta de biogás prevista en Teixeiro”, unha iniciativa que consideran de enorme impacto e que pode …
O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia a “pasividade” do alcalde ante a antena do CEIP Ramón Otero Pedraio e esixe a súa reubicación inmediata
A voceira do Grupo Municipal Socialista da Laracha, Inés Ramos López, rexistrou un escrito dirixido á Alcaldía no que reclama a paralización das obras e o esgotamento das vías legais que impidan a instalación dunha antena de telefonía no núcleo da Botica, nas inmediacións do CEIP Ramón Otero Pedraio. Ramos cuestiona a actuación do Goberno …
O PSOE de Ribeira esixe medidas contundentes ao Concello en materia de seguridade tras o grave suceso do porto
O PSOE de Ribeira denuncia a grave situación de inseguridade que vive o municipio nos últimos meses e que alcanzou o seu punto máis grave no recente suceso do porto, onde apareceu un cadáver esposado a unha escaleira e no que os indicios apuntan a un crime violento, un feito que cualifican de “moi grave …
O PSdeG de Curtis demándalle á Xunta a ampliación urxente do CEIP de Teixeiro
O secretario xeral do PSdeG-PSOE Curtis, Fernando Rey Leira, reuniuse coa dirección do CEIP de Teixeiro para coñecer as súas problemáticas e as súas demandas, co obxectivo de levarllas ao Parlamento galego e á Xunta de Galicia. O socialista explica que a reclamación máis urxente é a dunha “reforma do centro escolar en materia de …
O PSdeG de Teo esixe que a conselleira de Medio Ambiente rectifique as súas “fondamente desafortunadas” declaracións
“As declaracións recentes da conselleira de Medio Ambiente sobre a oposición veciñal á planta proxectada en Feros resultan fondamente desafortunadas e merecen unha rectificación pública inmediata”, afirma a voceira socialista local Mayte Argibay. A socialista lamenta que a conselleira se referise á lexítima preocupación dos veciños á creación de “plataformas cada vez que se queira …
O PSdeG de Curtis reclámalle a Concello e Xunta a rehabilitación da senda do río Mandeo
O secretario xeral do PSdeG-PSOE Curtis, Fernando Rey Leira, reclámalle ao alcalde Javier Cainzos e a Augas de Galicia o arran da senda do Rio Mandeo e a limpeza do rio e a propia senda. Denuncia que se atopa “nun estado de abandono e de deixadez por parte das administracións competentes, tanto a local como …
O PSdeG propón recuperar o Cine Millán para dotar a Palmeira dun novo espazo cultural
O PSdeG de Ribeira vén de presentar unha proposta ao pleno municipal para impulsar a adquisición e rehabilitación do inmoble coñecido como Cine Millán, coa finalidade de convertelo nun espazo cultural ao servizo da parroquia de Palmeira. Para o grupo municipal socialista esta iniciativa “responde a unha demanda da veciñanza e representa unha oportunidade única …
O PSdeG de Zas critica uns orzamentos municipais con partidas “totalmente insuficientes”
A voceira socialista Sheila Rial criticou “un orzamento no que se botan en falta moitas cousas”. Destacou a ausencia dun espazo previo de debate para “poder facer emendas cando corresponde”. “O pleno de hoxe non era para facer emendas, o orzamento xa estaba enriba da mesa”, explicou a socialista, pero “o caos e a desorde …