O PSdeG de Cariño reclama un plan para evitar os cortes na subministración de auga
- O Grupo Socialista presenta unha moción ao respecto para debatir no pleno
O PSdeG-PSOE de Cariño reclámalle ao goberno local un plan para mellorar a xestión da auga e evitar a necesidade de cortes na subministración, logo de que o pasado 11 de agosto o Concello emitise un bando no que solicitaba á veciñanza restricións no seu consumo.
“As condicións climáticas, con períodos de seca prolongados, e o maior consumo de auga provocado polo incremento na poboación requiren dunha planificación por parte do goberno municipal para evitar este tipo de restriccións e garantir o subministración de auga á poboación”, explica o voceiro socialista local Jonathan Miranda.
“Por este motivo, presentamos unha moción para debatir no Pleno ordinario no que instamos ao Goberno Municipal a presentar un plan de limpeza, mellora e ampliación dos encoros e das captacións municipais, así como de mellora da rede de distribución para evitar perdas”, engade.
A moción presentada polo Grupo Municipal Socialista pide deste xeito a elaboración dun Plan Municipal de Actuación fronte á Escaseza de Auga e os Períodos de Seca, que inclúa o estudo da ampliación dos encoros municipais, especialmente do Cabaneiro, e a mellora e ampliación das captacións. “Unha vez redactado o Plan e valorado economicamente, pedimos a colaboración técnica e económica das administracións superiores con competencias, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia a través de Augas de Galicia”, conclúe o socialista.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS