Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Política Municipal

O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia a “improvisación e a trampa orzamentaria” do PP coa reforma da RPT e o uso do remanente

O Grupo Municipal Socialista da Laracha amosou a súa “fonda preocupación e rexeitamento ante a xestión que o goberno local do Partido Popular levou ao último pleno, articulada sobre a modificación da Relación de Postos de Traballo e a mobilización de máis dun millón de euros do remanente de tesouraría. A voceira socialista, Inés Ramos, …

O PSdeG-PSOE da Laracha leva ao pleno de xullo unha batería de iniciativas “para solucionar problemas reais dos veciños e veciñas”

A voceira do Grupo Municipal Socialista da Laracha, Inés Ramos, leva ao pleno ordinario de xullo un conxunto de mocións, rogos e preguntas centradas en “dar resposta a demandas veciñais urxentes e denunciar a xestión do goberno do PP no municipio”. “A política máis útil é a que resolve o día a día da xente, …

O PSdeG logra o apoio unánime para que Ribeira elabore un regulamento para ordenar as autocaravanas

O Grupo Municipal Socialista conseguiu no pleno celebrado onte a aprobación da súa proposta para que o Concello de Ribeira redacte un regulamento sobre as autocaravanas. A sesión estivo marcada tamén pola aprobación dun suplemento de crédito de 900.000 euros que, segundo o PSdeG de Ribeira, confirma a falta de planificación do Goberno local. Os …

O PSOE de Mugardos acusa ao alcalde de enganar á veciñanza co castelo da Palma tras catro anos pechado ao público

O PSdeG-PSOE de Mugardos acusa o alcalde, Juan Domingo de Deus, de enganar á veciñanza coa situación do castelo da Palma, que afronta o seu cuarto verán consecutivo pechado ao público pese ás obrigas derivadas da súa condición de Ben de Interese Cultural. Os socialistas lembran que a Lei do patrimonio cultural de Galicia establece …

O PSOE de Malpica denuncia que o colapso urbanístico do goberno do PP encarece ata un 40 % as obras da veciñanza

O Grupo Municipal Socialista de Malpica denuncia a situación límite que atravesa o servizo municipal de Urbanismo, no que existen expedientes de licenzas que acumulan máis de dous anos de espera sen seren resoltos. Un atraso absolutamente inaceptable que está a ocasionar graves prexuízos económicos aos veciños e veciñas do municipio. Durante anos, a tramitación …

O PSdeG esixe á Xunta unha solución xusta para os propietarios das Fragas do Eume

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña participou hoxe na manifestación convocada pola parroquia de Ombre, en Pontedeume, para amosar o seu apoio aos propietarios e propietarias de terreos situados nas Fragas do Eume e reclamar unha solución xusta ante as limitacións que soportan nas súas parcelas. Na mobilización estiveron presentes o secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE …

O Pleno de Monfero aproba dúas mocións socialistas para mellorar o CPI Virxe da Cela e reclamar á Xunta actuacións fronte ao aumento da presenza de xabarís

O Pleno de Monfero aprobou dúas mocións presentadas polo Grupo Municipal Socialista. Por unha banda a mellora das instalacións do CPI Plurilingüe Virxe da Cela e, por outra, a adopción de medidas por parte da Xunta de Galicia ante o incremento da presenza de xabarís no municipio. A primeira das mocións céntrase na necesidade de …

O PSdeG-PSOE de Curtis denuncia a “opacidade e discrecionalidade” do goberno municipal na concesión de axudas ás asociacións

O PSdeG de Curtis denunciou a falta de transparencia do goberno municipal na distribución das partidas económicas destinadas ás asociacións do concello e reclamou que se fagan públicos os criterios empregados, as contías concedidas e a relación completa de entidades beneficiarias. O portavoz socialista, Fernando Rey, asegura que o alcalde mantén “oculta” a información relativa …

O PSdeG-PSOE de Carballo critica que o goberno municipal do BNG anuncie a pantalla para a final sen alusións a España nin mensaxe de apoio á selección nacional

O PSdeG-PSOE de Carballo critica a falta de apoio explícito do goberno municipal do BNG á selección española no anuncio da instalación dunha pantalla xigante no aparcadoiro do Rego da Balsa para seguir a final do Mundial. Os socialistas consideran positivo que o Concello cedese finalmente a instalar a pantalla tras a avalancha de peticións …

O PSdeG de Frades denuncia que o Concello “non tomou ningunha medida para remediar os problemas de abastecemento de auga”

O PSdeG-PSOE de Frades denuncia que o Concello “non tomou ningunha medida para remediar os problemas de abastecemento de auga que levamos durante anos sufrindo no municipio”. O voceiro socialista local Enrique Astray lembra que esta circunstancia “está sendo agravada por mor da vaga de calor e da situación de emerxencia climática cada vez maior …

O PSOE de Coristanco critica ao goberno do PP por lavar as beirarrúas en plena vaga de calor

O Grupo Municipal Socialista de Coristanco denuncia que “en plena onda de calor e con varios núcleos do municipio afectados por restricións de auga, o Concello decidiu levar a cabo tarefas de lavado de beirarrúas e espazos públicos”. O portavoz socialista en Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, considera que esta actuación é “irresponsable, incoherente e …

O PSOE de Ribeira denuncia que a Xunta, Xestur e o PP bloquearon durante anos o financiamento do polígono “por motivos partidistas”

O PSOE de Ribeira considera que o anuncio de que Xestur asumirá a actualización do proxecto, o financiamento, a licitación e a execución das obras do novo polígono industrial confirma o que os socialistas veñen advertindo desde hai tempo: un proxecto desta dimensión non podía depender só da capacidade económica do Concello e precisaba da …

O PSdeG da Laracha denuncia unha “mentira histórica” do alcalde sobre o macroproxecto de planta de biogás

A voceira do Grupo Municipal Socialista na Laracha, Inés Ramos, calificou de “mentira histórica e deliberada” as afirmacións do alcalde José Manuel López Varela sobre que descoñecía inicialmente o proxecto de planta de biogás no municipio. Ramos afirma que “o PSOE xa preguntara no Pleno en 2022 polo proxecto tras un anuncio de Feijóo, e …

O PSdeG da Laracha denuncia o “abandono” de Currelos de Arriba, con “lixo acumulado e falta de mantemento e seguridade”

O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia o “estado de abandono” no que se atopa o núcleo rural de Currelos de Arriba, na parroquia de Soandres. A voceira da agrupación socialista, Ines Ramos, realizou esta semana unha visita ao lugar para comprobar sobre o terreo as deficiencias, como “lixo acumulado, infraestruturas perigosas e falta de mantemento”, e …

O PSOE de Ribeira lamenta que o PP e o PBBI “se neguen a fixar de forma definitiva a Dorna e o Entroido como festivos locais”

O PsdeG-PSOE de Ribeira lamenta que o PP e o PBBI “se neguen a fixar de forma definitiva a Dorna e o Entroido como festivos locais”. “Se este ano se traballa en Ribeira o Día da Dorna, é por decisión dos concelleiros do PP e do PBBI”, afirma Fran Suárez-Puerta. O portavoz socialista local denunciou …