Tag: Medio Ambiente
O PSdeG reclama unha actuación urxente na Pontedona, no Refuxio de Verdes e no río Anllóns e a súa contorna
O PSdeG realizou unha andaina reivindicativa dende A Pontedona ata o Refuxio de Verdes, en Coristanco, para reclamar unha actuación inmediata no río Anllóns e a súa contorna, denunciando que esta se atopa nun “total estado de abandono”. A andaina contou coa participación, entre outras persoas, da deputada autonómica Patricia Iglesias, o voceiro socialista coristanqués …
O Pleno de Monfero aproba dúas mocións socialistas para mellorar o CPI Virxe da Cela e reclamar á Xunta actuacións fronte ao aumento da presenza de xabarís
O Pleno de Monfero aprobou dúas mocións presentadas polo Grupo Municipal Socialista. Por unha banda a mellora das instalacións do CPI Plurilingüe Virxe da Cela e, por outra, a adopción de medidas por parte da Xunta de Galicia ante o incremento da presenza de xabarís no municipio. A primeira das mocións céntrase na necesidade de …
O PSdeG denuncia o abandono do lavadoiro da Penisqueira apenas tres meses despois da súa inauguración
O PSdeG de Ribeira levará ao pleno municipal a situación do lavadoiro da Penisqueira, en Aguiño, tras comprobar o deterioro que presenta apenas tres meses despois da súa inauguración. A actuación, aberta ao público o pasado 25 de marzo, supuxo un investimento de 48.198,54 euros e foi presentada polo Goberno municipal como unha intervención destinada …
O PSdeG da Laracha denuncia unha “mentira histórica” do alcalde sobre o macroproxecto de planta de biogás
A voceira do Grupo Municipal Socialista na Laracha, Inés Ramos, calificou de “mentira histórica e deliberada” as afirmacións do alcalde José Manuel López Varela sobre que descoñecía inicialmente o proxecto de planta de biogás no municipio. Ramos afirma que “o PSOE xa preguntara no Pleno en 2022 polo proxecto tras un anuncio de Feijóo, e …
O PSdeG da Laracha denuncia o “abandono” de Currelos de Arriba, con “lixo acumulado e falta de mantemento e seguridade”
O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia o “estado de abandono” no que se atopa o núcleo rural de Currelos de Arriba, na parroquia de Soandres. A voceira da agrupación socialista, Ines Ramos, realizou esta semana unha visita ao lugar para comprobar sobre o terreo as deficiencias, como “lixo acumulado, infraestruturas perigosas e falta de mantemento”, e …
O PSdeG de Curtis denuncia a morte de 363 troitas por vertidos no Mandeo: “Xa advertimos desta situación hai meses”
O PSdeG-PSOE de Curtis denuncia a morte de 363 troitas no río Mandeo provocada por vertidos en Teixeiro. “Xa advertimos desta situación hai meses”, lembra o secretario xeral local Fernando Rey Leira. “Levamos meses avisando de que a depuradora é insuficiente para os vertidos do polígono de Curtis-Teixeiro, e por iso denunciamos a situación ante …
O Grupo Municipal Socialista de Rianxo reitera a súa preocupación pola falta de avances efectivos na aplicación das medidas de prevención e defensa contra incendios forestais
O Grupo Municipal Socialista de Rianxo vén de reiterar a súa preocupación pola falta de avances efectivos na aplicación das medidas de prevención e defensa contra incendios forestais no municipio, unha cuestión que afecta directamente á seguridade da veciñanza e á protección do territorio. Cómpre lembrar que xa no ano 2025 o PSdeG-PSOE de Rianxo …
O PSdeG de Curtis reclama a ampliación da depuradora do Polígono de Curtis-Teixeiro para evitar os vertidos ao Mandeo
A Agrupación Socialista de Curtis reclama a ampliación da depuradora do Polígono Industrial de Curtis-Teixeiro, coa fin de evitar os vertidos ao río Mandeo que se están a producir polas deficiencias actuais da instalación. O secretario xeral do PSdeG-PSOE local, Fernando Rey Leira, reuniuse coa deputada autonómica Silvia Longueira para abordar esta situación, que califica …
O PSdeG reclama no Parlamento solucións á problemática do xabaril en Pontedeume
O Grupo Parlamentario Socialista leva ao Parlamento galego a problemática xerada pola elevada presenza de xabariles en Pontedeume nas últimas semanas e pide solucións á Xunta de Galicia. Deste xeito, levan á cámara unha reclamación que xa fixo o pleno municipal de Pontedeume a través dunha moción presentada polo Grupo Municipal Socialista. “Queremos esixirlle á …
O PSdeG esíxelle á Xunta que permita ós propietarios das Fragas do Eume facer as tarefas de mantemento para evitar incendios como o desta semana
O PSdeG reclama á Xunta de Galicia que escoite as reivindicacións dos propietarios e propietarias das Fragas do Eume e que lles permita realizar os traballos de mantemento e conservación que demandan, para así evitar incendios como o que se produciu esta semana no parque. Aitor Bouza sinala que esta incendio se debe á que …
O PSOE de Coristanco presenta no Pleno unha moción para frear a planta de biogás de Soandres “polo grave risco que supón para o río Anllóns”
O Grupo Municipal Socialista de Coristanco, a través do seu voceiro Jose Manuel Pérez Abelenda, vén de rexistrar unha moción para o seu debate no próximo pleno na que solicita o rexeitamento institucional do proxecto dunha planta de biogás en Vista Alegre, na parroquia larachesa de Soandres, polo “grave risco que supón para o río …
O PSdeG esixe á Xunta que reciba aos propietarios e propietarias das Fragas do Eume e apoia a súa recollida de firmas
O Grupo Parlamentario Socialista participou na última concentración convocada polos propietarios e propietarias das Fragas do Eume en Santiago de Compostela, e aproveitou a ocasión para apoiar unha vez máis a súa recollida de firmas asinando o texto para demandar que a Xunta se reúna co colectivo. O deputado socialista Aitor Bouza quixo “esixirlle novamente …
O PSdeG de Pontedeume insta á Xunta a actuar ante o aumento da presenza de xabarís en zonas urbanas e parroquias
O PSdeG-PSOE de Pontedeume insta á Xunta de Galicia a que actúe para conter o aumento da presenza de xabarís tanto nas zonas urbanas como nas parroquias do municipio. Dende o Grupo Municipal Socialista teñen xa rexistrado unha moción co obxectivo de que o pleno traslade ao goberno galego, e en particular á Consellería de …
Aitor Bouza denuncia que o proxecto de planta de biogás na Laracha “é un atentado contra o medio ambiente”
O PSdeG participou na manifestación da plataforma “Biogás na Laracha? Non”, onde amosou o seu apoio ás reivindicacións en contra do proxecto de planta de biogás. Na protesta participaron diferentes representantes socialistas dos municipios afectados, entre eles o alcalde de Culleredo e vicesecretario xeral da Executiva Provincial, Jose Ramón Riobooo; o coordinador comarcal, Jose Manuel …
O PSdeG reclamará no Parlamento apoio urxente ao marisqueo e ás artes menores de Pontedeume
O Grupo Parlamentario Socialista de Galicia presentará no Parlamento galego unha batería de iniciativas relacionadas coa situación do sector do marisqueo e das artes menores na ría de Pontedeume, tras semanas de paralización da actividade por recomendacións emitidas pola Xunta de Galicia. As iniciativas reclaman a constitución inmediata dunha mesa de negociación específica cos sectores …