O PSdeG esíxelle á Xunta a limpeza dos ríos de Ordes
- Noelia Rivadas e Aitor Bouza piden explicacións pola elevada mortandade das troitas destes ríos
O PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta de Galicia a limpeza dos ríos en Ordes. O deputado socialista Aitor Bouza levará esta cuestión ao Parlamento de Galicia en colaboración coa agrupación socialista local.
“En materia ambiental reclamamos a limpeza e mantemento dos ríos”, sinala a portavoz do PSdeG de Ordes, Noelia Rivadas. “Hai zonas que dependen de Augas de Galicia que están completamente abandonadas”, engade.
“Lembramos ademais que recentemente apareceron varios exemplares de troitas mortas no río e a día de hoxe aínda non se esclareceron as causas desta incidencia”, lamenta a voceira socialista.
“Unha vez mais levaremos a voz do noso Grupo Municipal Socialista en Ordes ao Parlamento de Galicia, xustamente para esixirlle a Augas de Galicia que faga o seu traballo”, sinala pola súa banda Aitor Bouza.
O parlamentario socialista pide ao organismo autonómico “que faga esa limpeza dos ríos tan necesaria para poder garantir que o noso medio ambiente siga nunhas condicións óptimas”.
A Xunta de Galicia ten cartos para poder executar no beneficio das veciñas e dos veciños, neste caso de Ordes”, salienta Bouza, que pide que se clarifique a cuestión da mortandade das troitas nos ríos de Ordes.
“Queremos trasladar o noso apoio ao grupo municipal, pero, sobre todo, esixirlle á Xunta de Galicia que non mire para outro lado cando lle corresponde aplicar as súas competencias, e así o levaremos, a través de iniciativas parlamentarias, ó Parlamento de Galicia”, conclúe o socialista.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS