Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Ferrolterra

O PSdeG mantén un encontro con COFER para abordar os retos económicos e as oportunidades de desenvolvemento de Ferrolterra, Eume e Ortegal

O candidato número 2 ao Congreso, Julián Reina, e os candidatos Alejandro García e Diego García Legarra reuníronse hoxe coa directiva da Confederación de Empresarios para analizar os avances dos últimos anos, coñecer as demandas do tecido empresarial e identificar as actuacións pendentes para impulsar a economía da comarca O PSdeG-PSOE mantivo este martes un encontro coa directiva da Confederación de …

O PSdeG reivindica en Ferrol as propostas do seu programa electoral en materia de pensións, vivenda e sanidade

O PSdeG-PSOE visitou este luns o mercado de Recimil, en Ferrol, no marco da campaña das eleccións xerais do próximo 29 de novembro. Durante as declaracións aos medios previas ao reparto de material electoral, o candidato número dous ao Congreso, Julián Reina, puxo o foco nas propostas recollidas no programa electoral socialista en materia de …

O PSdeG reivindica os 8.000 millóns de euros de investimento nos estaleiros de Ferrol e reclama a Rey Varela que cumpra cos seus compromisos coa cidade

O PSdeG-PSOE reivindicou este sábado en Ferrol os investimentos realizados polo Goberno de España durante os últimos anos na cidade e na súa comarca, destacando especialmente a aposta polo sector naval, a modernización das infraestruturas e a creación de emprego. Os socialistas tamén cuestionaron as recentes declaracións do alcalde, José Manuel Rey Varela, sobre a …

O PSdeG reclama en Ferrol a modernización urxente do ferrocarril coa Coruña e comprométese a manter esta reivindicación

O PSdeG-PSOE participou este sábado na concentración en defensa do ferrocarril convocada polo Foro Cidadán polo Ferrocarril diante da estación de Ferrol, onde reiterou o seu compromiso coa modernización da conexión ferroviaria entre Ferrol e A Coruña e reclamou que se axilicen as actuacións necesarias para dar resposta a unha demanda histórica da cidade e …

O PSOE da provincia da Coruña felicita ás forzas de seguridade e á Xustiza pola operación contra o narcotráfico en Narón e reclama «man dura» contra o branqueo de capitais

O PSdeG-PSOE da provincia da Coruña expresa a súa felicitación e recoñecemento á Garda Civil, ao Servizo de Vixilancia Aduaneira, á Xustiza e ao conxunto das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado pola importante operación desenvolvida contra o narcotráfico en Narón e outros puntos da provincia, que se saldou coa detención de oito persoas, …

O PSdeG-PSOE esixe á Xunta un plan integral de rexeneración da ría de Ferrol e un plan de choque inmediato para recuperar os bancos marisqueiros

O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento de Galicia que a Xunta poña en marcha un plan integral de rexeneración ambiental e produtiva da ría de Ferrol e a posta en marcha inmediata dun plan de choque para recuperar os bancos marisqueiros, ante a preocupante perda de produtividade que afecta ao sector. Así o trasladaron os socialistas …

Aitor Bouza lamenta que os orzamentos de 2027 anunciados para Ferrolterra e Ortegal “nada van cambiar a vida da xente”

O deputado socialista no Parlamento galego Aitor Bouza lamentou que os novos orzamentos que anunciou a Xunta de Galicia “por desgracia, nada van cambiar a vida da xente aquí en Galicia”. Bouza asegurou que “as preocupacións importantes nas comarcas de Ferrolterra e Ortegal, como son a sanidade e a educación públicas de calidade, e as …

O PSdeG provincial esixe á Xunta que poña fin a “5 anos de abandono” do transporte por autobús en Ferrolterra

O PSdeG Provincial da Coruña esíxelle á Xunta de Galicia que poña fin a “5 anos de abandono” do transporte por autobús en Ferrolterra, en palabras do secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro. O tamén alcalde de Pontedeume participou na última concentración de Transporte Digno para a comarca de Ferrol xunto ao deputado Aitor Bouza …

O PSdeG denuncia a supresión de dous ciclos no CIFP Leixa e esixe a rectificación da Xunta

O PSdeG-PSOE denuncia a supresión por parte da Xunta de Galicia de dous ciclos formativos no CIFP Leixa de Ferrol, o de Preimpresión Dixital e mais o de Promoción da Igualdade de Xénero. Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento de Galicia, esíxelle ao goberno de Alfonso Rueda que rectifique e que revirta esta decisión para …

O PSdeG esixe á Xunta unha solución xusta para os propietarios das Fragas do Eume

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña participou hoxe na manifestación convocada pola parroquia de Ombre, en Pontedeume, para amosar o seu apoio aos propietarios e propietarias de terreos situados nas Fragas do Eume e reclamar unha solución xusta ante as limitacións que soportan nas súas parcelas. Na mobilización estiveron presentes o secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE …

O PSOE-PSdeG apoia as reivindicacións dos sindicatos de Navantia e acusa a Rey Varela de oportunismo

-Os socialistas critican a “incoherencia” de Rey Varela, que hai un ano votou en contra do incremento do gasto en Defensa que sostén a actividade do naval e hoxe reclama investimentos – “En 2017 as gradas do estaleiro estaban baleiras; hoxe Ferrol desenvolve o maior programa de construción naval militar da súa historia co Goberno …

O PSdeG esíxelle á Xunta que permita ós propietarios das Fragas do Eume facer as tarefas de mantemento para evitar incendios como o desta semana

O PSdeG reclama á Xunta de Galicia que escoite as reivindicacións dos propietarios e propietarias das Fragas do Eume e que lles permita realizar os traballos de mantemento e conservación que demandan, para así evitar incendios como o que se produciu esta semana no parque. Aitor Bouza sinala que esta incendio se debe á que …

O PSdeG reclámalle á Xunta axudas para a accesibilidade das persoas xordas na preparación de oposicións

Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, xunto a integrantes da Agrupación Socialista Local de Ferrol, reuniuse coa Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra para escoitar as súas inquedanzas e reivindicacións, co obxectivo de trasladalas ao Parlamento de Galicia. “Puidemos ver un caso dunha das persoas que integran esta asociación que realmente ten problemas de …

O PSdeG reclámalle á Xunta que “escoite aos propietarios e propietarias das Fragas do Eume” e apoia a súa campaña de recollida de firmas

O PSdeG Provincial da Coruña participou na concentración convocada en Ferrol polos propietarios e propietarias das Fragas do Eume diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol. Estiveron presentes Aitor Bouza Manso, deputado autonómico, e José Simoes, tenente de alcalde de Pontedeume. Bouza amosou unha vez máis o apoio do PSdeG ás reivindicacións …

O PSdeG denuncia a situación da sanidade pública en Ferrolterra e reclama solucións no Parlamento de Galicia

O PSdeG-PSOE denuncia en Ferrol a situación da sanidade pública nas comarcas de Ferrolterra e reclamaralle solucións á Xunta de Galicia no Parlamento galego. O portavoz socialista local Ángel Mato reclamou, nunha rolda de prensa conxunta co deputado autonómico Aitor Bouza, que “se poñan os medios para garantir que Ferrolterra conte cuns servizos equiparables a …