2000 O PSdeG reivindica en Ferrol as propostas do seu programa electoral en materia de pensións, vivenda e sanidade - Agrupación Provincial da Coruña PSOE
Skip to content

Galego

Español
2000

¡Síguenos!

O PSdeG reivindica en Ferrol as propostas do seu programa electoral en materia de pensións, vivenda e sanidade

  • O candidato número 2 ao Congreso Julián Reina presentou hoxe no mercado de Recimil as principais liñas do programa socialista e destacou as medidas destinadas a ampliar os dereitos sociais e reforzar a atención sanitaria

O PSdeG-PSOE visitou este luns o mercado de Recimil, en Ferrol, no marco da campaña das eleccións xerais do próximo 29 de novembro. Durante as declaracións aos medios previas ao reparto de material electoral, o candidato número dous ao Congreso, Julián Reina, puxo o foco nas propostas recollidas no programa electoral socialista en materia de pensións, salarios, vivenda e sanidade. 

Reina defendeu a necesidade de centrar o debate electoral nas medidas concretas que afectan á vida da cidadanía, fronte ás descualificacións e aos ataques políticos que, segundo considera, están a marcar parte da campaña. 

Neste sentido, o candidato informou de que o programa electoral do PSOE está dispoñible na páxina web www.lafuerzadelagente.es, onde a cidadanía pode descargar o documento e consultar as medidas que a formación propón desenvolver durante os próximos catro anos. 

“Queremos seguir avanzando na revalorización das pensións, no incremento do salario mínimo interprofesional e en blindar o acceso á vivenda. Todas estas cuestións están recollidas no noso programa electoral, que se pode descargar e consultar medida a medida”, sinalou Reina. 

Entre as propostas do programa electoral, o candidato socialista destacou especialmente as medidas destinadas a reforzar a atención sanitaria e facilitar o acceso da cidadanía a prestacións complementarias de saúde. 

Reina recoñeceu que aínda existen cuestións pendentes no sistema sanitario e defendeu a necesidade de continuar ampliando a cobertura e as prestacións para dar resposta ás necesidades da poboación. 

“Temos materias pendentes no noso sistema sanitario e temos que seguir apostando por avanzar en dereitos para a maioría da xente”, afirmou. 

O candidato tamén reivindicou a transparencia das propostas socialistas e a importancia de que a cidadanía coñeza os compromisos concretos que as formacións políticas presentan de cara á próxima lexislatura. 

“Non temos nada que ocultar, temos moito que ofrecer. No noso programa electoral pódese consultar, medida a medida, o que pretendemos facer durante os próximos catro anos”, destacou. 

Tras as declaracións aos medios, os socialistas realizaron un reparto de material informativo no mercado de Recimil, onde compartiron coa veciñanza as principais propostas do seu programa electoral.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes

0