Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG denuncia a supresión de dous ciclos no CIFP Leixa e esixe a rectificación da Xunta

O PSdeG-PSOE denuncia a supresión por parte da Xunta de Galicia de dous ciclos formativos no CIFP Leixa de Ferrol, o de Preimpresión Dixital e mais o de Promoción da Igualdade de Xénero.

Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento de Galicia, esíxelle ao goberno de Alfonso Rueda que rectifique e que revirta esta decisión para garantir a continuidade dos ciclos.

“Aínda non comezou o curso escolar e xa coñecimos os primeiros recortes que van a facer o señor Rueda e a Xunta de Galicia en Ferrol”, lamenta Bouza.

“Dende o Grupo Parlamentario Socialista imos esixirlle ao señor Rueda que garanta que se vai a facer unha rectificación inmediata por parte da Xunta de Galicia e que se van a manter os dous ciclos formativos durante o vindeiro curso”, indica.

Para Bouza é “importantísimo que se garanta a matrícula, tamén a continuidade formativa das persoas que así o soliciten e que estean matriculadas, e inclusive as que están xa tamén en lista de reserva”.

Incidiu tamén na importancia de “que se manteña o cadro de persoal docente preciso para que se poidan impartir estas ensinanzas e que, evidentemente, se evite calquera recorte de profesorado”.

O socialista pide “que non se volva a producir un recorte educativo, neste caso na formación profesional, no ámbito de Ferrolterra”. “Esiximos unha rectificación inmediata e que se garantan os dereitos das alumnas e dos alumnos, engade.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes