Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG reclámalle á Xunta que “escoite aos propietarios e propietarias das Fragas do Eume” e apoia a súa campaña de recollida de firmas

  • Aitor Bouza participou da última concentración deste colectivo en Ferrol e volveu esixir ao Goberno galego que cumpra a directiva europea

O PSdeG Provincial da Coruña participou na concentración convocada en Ferrol polos propietarios e propietarias das Fragas do Eume diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol. Estiveron presentes Aitor Bouza Manso, deputado autonómico, e José Simoes, tenente de alcalde de Pontedeume.

Bouza amosou unha vez máis o apoio do PSdeG ás reivindicacións dos propietarias e propietarios e á campaña de recollida de firmas iniciada polos mesmos. “Lamentamos profundamente que se teña que chegar ata este extremo, primeiro acudindo ao Parlamento Europeo e a continuación tamén a través desta recollida de sinaturas”, afirmou.

O deputado socialista sinalou que se ven obrigados a pedir axuda á cidadanía porque o Goberno galego “non escoita as súas reivindicacións, a conselleira non os recibe e non atende o que, ao final, non é máis que o recoñecemento dunha directiva europea, o recoñecemento dunha normativa galega”.

“Polo tanto, nós seguiremos traballando ao carón de todos eles e de todas elas, e hoxe aquí na rúa, o que facemos é, pois, escoitar novamente as súas reivindicación”, sinala o parlamentario socialista. “A Xunta de Galicia o que ten que facer é escoitalos, recibilos e, sobre todo, realizar esas compensacións”, subliña.

Quixo esixirlle “á Xunta de Galicia ao Señor Rueda que escoite aos propietarios e propietarias das Fragas do Eume. “Non soamente nos temos que encher de orgullo para poder facer gala de todo este parque”, senón, que, en palabras de Bouza, tamén hai que “protexer o noso parque e protexer as nosas fragas”.

“Tamén a través de todo ese tipo de medidas que se piden nesa Iniciativa Lexislativa Popular que dende o Partido Socialista apoiaremos e impulsaremos”, engade o socialista. “Evidentemente animamos a toda a cidadanía a que se sume para apoiar aos propietarios das propiedades das fragas”, conclúe.


Aitor Bouza – Concentracións Fragas do Eume Ferrol – abr26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes