Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG esixe á Xunta unha solución xusta para os propietarios das Fragas do Eume

  • Bernardo Fernández e Aitor Bouza participaron na manifestación celebrada hoxe en Pontedeume para apoiar as reivindicacións das persoas afectadas

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña participou hoxe na manifestación convocada pola parroquia de Ombre, en Pontedeume, para amosar o seu apoio aos propietarios e propietarias de terreos situados nas Fragas do Eume e reclamar unha solución xusta ante as limitacións que soportan nas súas parcelas.

Na mobilización estiveron presentes o secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, e o deputado socialista no Parlamento de Galicia Aitor Bouza, que reiteraron o compromiso dos socialistas coas reivindicacións das persoas afectadas.

Bernardo Fernández denunciou que a Xunta de Galicia leva demasiado tempo dando as costas aos propietarios e propietarias, malia que son titulares da maior parte dos terreos que integran o parque natural. O secretario xeral provincial defendeu que a protección ambiental e o respecto aos dereitos das persoas propietarias son perfectamente compatibles, sempre que exista vontade política para alcanzar acordos.

Os socialistas reclamaron á Xunta que abandone os anuncios e abra unha negociación seria, transparente e efectiva coas asociacións de propietarios e propietarias. “

Pola súa banda, Aitor Bouza avanzou que o Grupo Parlamentario Socialista continuará trasladando estas reivindicacións ao Parlamento de Galicia e esixindo responsabilidades ao Goberno de Alfonso Rueda.

O PSdeG reitera así o seu apoio ás asociacións e ás persoas propietarias das Fragas do Eume e insta á Xunta a recibilas, escoitalas e presentar unha proposta concreta que permita alcanzar un acordo despois de anos de reivindicacións.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes