Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Servizos públicos

O PSdeG de Mañón leva á Valedora do Pobo a falta de socorristas do municipio

O PSdeG-PSOE de Mañón denuncia ante a Valedora do Pobo a ausencia de socorristas nos areais do municipio, unha situación que se repite ano tras ano e que é única en toda Ferrolterra. Martín Rego, voceiro do PSdeG local, lamenta que só haxa socorristas na piscina municipal do Barqueiro, e subliña que non hai ningún …

O PSdeG-PSOE da Laracha leva ao pleno de xullo unha batería de iniciativas “para solucionar problemas reais dos veciños e veciñas”

A voceira do Grupo Municipal Socialista da Laracha, Inés Ramos, leva ao pleno ordinario de xullo un conxunto de mocións, rogos e preguntas centradas en “dar resposta a demandas veciñais urxentes e denunciar a xestión do goberno do PP no municipio”. “A política máis útil é a que resolve o día a día da xente, …

O PSdeG esixe á Xunta manter a atención sanitaria de tarde no Centro de Saúde de Caranza durante o verán

O Grupo Parlamentario Socialista vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para reclamar á Xunta que manteña durante o período estival a actividade asistencial ordinaria en horario de tarde no Centro de Saúde de Caranza, en Ferrol, tras coñecerse a reorganización asistencial prevista entre o 15 de xullo e o 31 …

O PSdeG-PSOE de Curtis logra que Transportes aprobe a reordenación dos accesos da N-634 en Sesmonde

O PSdeG-PSOE de Curtis celebra a aprobación provisional, por parte do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, do proxecto de trazado para a reordenación dos accesos da N-634 na travesía de Sesmonde, unha actuación longamente demandada que permitirá mellorar de maneira significativa a seguridade viaria e as condicións de circulación nesta zona. O proxecto conta …

O PSdeG da Laracha denuncia o “abandono” de Currelos de Arriba, con “lixo acumulado e falta de mantemento e seguridade”

O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia o “estado de abandono” no que se atopa o núcleo rural de Currelos de Arriba, na parroquia de Soandres. A voceira da agrupación socialista, Ines Ramos, realizou esta semana unha visita ao lugar para comprobar sobre o terreo as deficiencias, como “lixo acumulado, infraestruturas perigosas e falta de mantemento”, e …

O PSdeG reclama no Parlamento solucións á falla de aire acondicionado no CHUF

O PSdeG-PSOE amosa o seu apoio ás protestas pola situación do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol ante as altas temperaturas rexistradas e esixirá solucións no Parlamento de Galicia. O deputado autonómico Aitor Bouza calificou a situación do transporte no hospital de “absolutamente denigrante” para as persoas usuarias do mesmo. “Queremos esixirlle á Xunta de Galicia …

O PSdeG de Irixoa denuncia que a Xunta non cubre as ausencias do médico no Centro de Saúde

María José Cal Álvarez, voceira socialista en Irixoa, reclámalle á Xunta de Galicia que envíe a un médico ou médica para cubrir as ausencias do doutor do Centro de Saúde do municipio. “Dende o PSdeG-PSOE de Irixoa queremos denunciar a problemática que están a sufrir os nosos veciños e veciñas pola situación que dende hai …

O PSdeG da Laracha denuncia o abandono do parque canino por parte do goberno municipal

O Grupo Municipal Socialista da Laracha denunciou hoxe de xeito simbólico a “privatización forzosa” do mantemento da área canina municipal. A voceira socialista Inés Ramos criticou que teñan que ser os propios usuarios e usuarias quen teña que poñer do seu peto cordas, parches e bridas plásticas para asegurar o valado perimetral e evitar que …

O PSdeG reclamará no Parlamento que o Centro de Saúde de Oroso abra os sábados pola mañá

O PSdeG-PSOE leva ao Parlamento de Galicia a reivindicación de que o Centro de Saúde de Oroso abra os sábados pola mañá. “Levamos ao Parlamento unha petición para que o Sergas e a Xunta de Galicia reconsideren a súa decisión de pechar o centro de saúde de Oroso os sábados pola mañá, xa que non …

O PSdeG esíxelle a Rueda que dea marcha atrás no peche do Centro de Saúde de Val do Dubra os sábados pola mañá

O PSdeG esíxelle á Xunta de Galicia que dea marcha atrás na súa decisión de pechar o Centro de Saúde de Val do Dubra os sábados pola mañá, e levará esta reivindicación ao Parlamento galego. “Dende o Partido Socialista de Val do Dubra, consideramos necesario formular esta cuestión ante o Parlamento, reivindicando que a Xunta …

O PSdeG de Curtis reclama a creación inmediata da Policía Local ante a “falta de seguridade” no municipio

O PSdeG de Curtis reclama a creación dunha Policía Local no municipio e pediu ao goberno local que impulse os trámites necesarios para poñer en marcha este servizo. Desde a agrupación socialista consideran que Curtis e Teixeiro “carecen de medios suficientes en materia de seguridade” e sinalan que se trata dun municipio que conta cun …

O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia o “bloqueo institucional” e o “apagón informativo” do alcalde ante as solicitudes da oposición

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE da Laracha denunciou publicamente a estratexia de “silencio e ocultación” que vén exercendo de forma sistemática o alcalde do municipio, José Manuel López Varela. A voceira socialista, Inés Ramos, acusou ao rexedor de bloquear por completo o labor de control e fiscalización da oposición ao deixar sen responder de forma …

O PSdeG celebra o anuncio da nova potabilizadora de Frades, unha “demanda histórica” do partido

O PSdeG-PSOE celebra o anuncio onte por parte do consello da Xunta de Galicia dunha nova potabilizadora para o Concello de Frades. “A Xunta de Galicia dá a razón a unha demanda histórica do PSOE de Frades, que ano tras ano reclamaba para o noso concello unha potabilizadora”, sinala o voceiro socialista local Enrique Astray. …

O PSOE de Cambre reclama al Concello un expediente sancionador contra a empresa do SAF e responsabilidades políticas no goberno local

O portavoz socialista, Diego Alcantarilla, reclama a apertura inmediata dun expediente sancionador contra a empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) tras coñecerse publicamente que a propia concesionaria recoñece non dispoñer de persoal suficiente para atender o servizo durante as fins de semana. Para Alcantarilla, “estamos ante un feito gravísimo que confirma o …

A conselleira de Política Social respóndelle ao Grupo Socialista que “se Betanzos quere un centro de día que o faga a súa alcaldesa do PSOE”

A conselleira de Política Social respondeulle hoxe ao Grupo Socialista que “se Betanzos quere un centro de día, que o faga a súa alcaldesa do PSOE”. A portavoz de Política Social, Silvia Longueira, presentara unha pregunta oral no Pleno do Parlamento para coñecer cando tiña previsto a conselleira a construción desta infraestrutura, sen que esta …