Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG reclama no Parlamento solucións á falla de aire acondicionado no CHUF

  • Aitor Bouza califica a situación de “absolutamente denigrante” para as persoas usuarias

O PSdeG-PSOE amosa o seu apoio ás protestas pola situación do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol ante as altas temperaturas rexistradas e esixirá solucións no Parlamento de Galicia.

O deputado autonómico Aitor Bouza calificou a situación do transporte no hospital de “absolutamente denigrante” para as persoas usuarias do mesmo.

“Queremos esixirlle á Xunta de Galicia e ao señor Rueda que faga unha aclimatación inmediata dentro de toda esta instalación e que realmente faga unha dotación económica necesaria para poder adecuar este hospital”, sinala Bouza.

O socialista reclamou que tanto pacientes como persoal “non teñan que padecer estas condicións absolutamente denigrantes”. Anunciou unha batería de iniciativas para esixirlle á Xunta que “non mire para outro lado”.

Bouza afirma que a cidadanía está clamando porque un hospital público, a sanidade pública, teña tamén os recursos necesarios e as condicións adecuadas para atender a todas estas persoas e que non sexa un auténtico cocedero”.

“Esa é a realidade que temos a día de hoxe en Ferrol nun hospital público, na sanidade pública”, lamenta. “Non pode volver ocurrer”, conclúe o parlamentario socialista.

As iniciativas parlamentarias socialistas instan á Xunta a adoptar de maneira inmediata as medidas necesarias para garantir unha temperatura adecuada nas habitacións e espazos asistenciais do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.

Tamén a elaborar e executar con carácter urxente un plan de mellora da climatización do centro, incorporando as actuacións técnicas necesarias para asegurar unhas condicións térmicas axeitadas en todas as áreas asistenciais.


Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes