Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG-PSOE lembra a Ramón Maseda no cemiterio de San Amaro

  • Obdulia Taboadela, candidata socialista pola provincia da Coruña, participou na tradicional ofrenda floral, na que tamén estiveron a secretaria xeral da Agrupación Socialista coruñesa e alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e membros da Executiva Local

O PSdeG-PSOE lembrou hoxe no cemiterio de San Amaro, na Coruña, a Ramón Maseda, compañeiro da agrupación socialista coruñesa asasinadoen agosto do 1936 pola represión franquista. A homenaxe incluíu unha ofrenda floral coa colocación de rosas vermellas na súa tumba e un minuto de silencio.

Na homenaxe estiveron presentes Obdulia Taboadela, candidata do PSdeG-PSOE pola provincia da Coruña, acompañada por Inés Rey, secretaria xeral da Agrupación Socialista coruñesa e alcaldesa da Coruña, e membros da Executiva Local.

Unha vez rematado o acto, Obdulia Taboadela trasladou o seu “máis sentido pésame” ás vítimas do accidente ferroviario de Urda, así como ás súas familias e amizades. A continuación, reivindicou a importancia da memoria democrática e da lembranza das vítimas do franquismo. “É importante recordar as vítimas do franquismo. Foron vítimas cuxo único delito foi a defensa a ultranza dos valores democráticos”, sinalou.

Neste sentido, advertiu de que, “nun mundo coa democracia en retroceso”, cómpre lembrar a todas aquelas persoas que perderon a vida por defender os valores democráticos. “Houbo moita xente que morreu polo simple feito de dicir democracia si, tiranía non”, afirmou.

Por iso, Taboadela subliñou que existe a obriga de manter viva a súa memoria e de seguir defendendo, “con máis afán, se cabe, os valores democráticos”.

Obdulia Taboadela – memoria democrática – nov26

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes