Tag: PSdeG-PSOE
O PSdeG de Cambre denuncia o abandono do CEIP Emilio González López e a falta de mantemento do Concello nos centros educativos
O Grupo Municipal Socialista de Cambre visitou onte o CEIP Emilio González López xunto ao responsable de Educación da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Lois Carballido, para coñecer de primeira man a situación do centro e as necesidades que segue tendo a comunidade educativa. O que puideron comprobar é que o Concello “deixou pasar …
O PSdeG pide á Xunta “que dea toda a información” sobre o servizo de saúde mental no Hospital Naval de Ferrol
O PSdeG-PSOE reclama á Xunta que informe sobre os prazos e os plans para poñer en marcha o servizo de saúde mental de día no Hospital Naval de Ferrol. “O que estamos a reclamar é que se dea toda a información á cidadanía dun servizo como é a asistencia de día de saúde mental no …
O PSdeG de Mugardos denuncia que o Concello “pretende desfacerse do GES despois de prometer mellorar as súas condicións”
O PSdeG-PSOE de Mugardos denuncia que o alcalde do municipio Juan Domingo de Deus, “pretende desfacerse do Grupo de Emerxencias Supramunicipal despois de prometer mellorar as súas condicións e unha nova base”. O voceiro socialista local, José Ángel Martínez Bardanca, traslada ademais o seu apoio ás demandas dos traballadores do servizo, especialmente centradas na reclamación …
O PSdeG alerta da perda de recursos para Vimianzo provocada pola repotenciación dos parques eólicos e reclama modificar o canon
Patricia Iglesias Rey, deputada socialista no Parlamento galego, mantivo unha xuntanza coa alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, para analizar o impacto que a repotenciación dos parques eólicos terá sobre os recursos que recibe o concello. “Vimianzo é un exemplo claro do problema, os parques eólicos actualmente instalados no municipio representan 88 aeroxeradores e máis de …
O PSdeG esixe á Xunta que concrete o compromiso da nova depuradora de Ordes e que amplíe a rede de saneamento e abastecemento
O Grupo Socialista levará ao Parlamento de Galicia as reivindicacións do grupo municipal de Ordes en materia de saneamento e abastecemento, e en particular a demanda dunha nova depuradora no municipio. Así o explicou o deputado socialista Aitor Bouza, quen lembrou que o grupo municipal leva tempo traballando nesta reclamación, “algo tan esencial como contar …
O PSdeG provincial esixe á Xunta que poña fin a “5 anos de abandono” do transporte por autobús en Ferrolterra
O PSdeG Provincial da Coruña esíxelle á Xunta de Galicia que poña fin a “5 anos de abandono” do transporte por autobús en Ferrolterra, en palabras do secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro. O tamén alcalde de Pontedeume participou na última concentración de Transporte Digno para a comarca de Ferrol xunto ao deputado Aitor Bouza …
O PSOE da Laracha critica a “falta de previsión” do Goberno local na mellora dos parques infantís e no servizo de conciliación
A voceira do PSdeG na Laracha, Inés Ramos, fixo balance das propostas debatidas no Pleno celebrado este xoves, no que o Grupo Municipal Socialista mantivo unha postura de apoio ás liñas de investimento propostas para o municipio, aínda que sinalou “importantes eivas de xestión e planificación por parte do Goberno local”. No relativo ao proxecto …
O PSdeG de Zas celebra a inclusión das súas demandas no novo POS+ Adicional da Deputación da Coruña
A portavoz do PSdeG de Zas, Sheila Rial, expresa a súa satisfacción co POS+ Adicional 2/2026 da Deputación da Coruña, aprobado no último pleno municipal co voto afirmativo, entre outros, da súa formación. O POS+ Adicional permitirá mobilizar 827.789,74 euros en actuacións no municipio, dos cales 701.152,78 euros son achegados pola Deputación da Coruña e …
O PSdeG provincial denuncia o “caos” nos buses interurbanos
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña esíxelle á Xunta de Galicia melloras no transporte público por estrada na provincia, con particular atención ás comarcas de Ferrolterra, A Coruña e Bergantiños. Dende o PSdeG califican a situación do transporte por autobús nestas bisbarras de “verdadeiramente penosa, non se pode dicir doutra maneira”. “Levamos anos insistindo, dende que …
Patricia Iglesias reclámalle á Xunta unha liña de autobús directa entre Bergantiños e o CHUAC
Patricia Iglesias Rey, deputada socialista no Parlamento galego, reuniuse con persoas afectadas de cara a reclamar na cámara un autobús directo entre Bergantiños e a zona hospitalaria da Coruña A parlamentaria socialista reclama unha liña de bus adaptada “ás quendas do persoal que traballa no CHUAC e tamén os pacientes que son atendidos”. “Hoxe hai …
O PSdeG-PSOE denuncia a situación “crítica” do transporte público en Ferrol e levará as deficiencias do servizo ao Parlamento galego
O PSdeG denunciou hoxe as graves deficiencias que presenta o servizo de transporte público por autobús en Ferrol e reclamou actuacións inmediatas tanto ao Concello como á Xunta de Galicia para garantir unhas condicións dignas para as persoas usuarias. O deputado socialista no Parlamento de Galicia Aitor Bouza e o voceiro socialista no Concello de …
O PSdeG reclámalle á Xunta a construción dun novo comedor no CEIP Maciñeira de Neda
O Grupo Parlamentario Socialista reclámalle á Xunta de Galicia que constrúa un novo comedor para o CEIP Maciñeira de Neda na antiga casa do conserxe, no almacén anexo ao centro. Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, sinala que se trata dunha demanda que leva tempo facendo a comunidade educativa, polo que pide que se …
Silvia Longueira esíxelle á Xunta que actúe para evitar a falla de profesorado no CEIP Mestre Pastor Barral de Melide
O Grupo Parlamentario Socialista reclámalle á Xunta de Galicia que repoña o profesorado necesario no CEIP Mestre Pastor Barral de Melide, na liña do que reclama a comunidade educativa do centro. Silvia Longueira, deputada socialista no Parlamento galego, sinala que se volven dar numerosas carencias de persoal nos centros educativos galegos, ao igual que no …
O PSdeG de Cariño reclama un plan para evitar os cortes na subministración de auga
O PSdeG-PSOE de Cariño reclámalle ao goberno local un plan para mellorar a xestión da auga e evitar a necesidade de cortes na subministración, logo de que o pasado 11 de agosto o Concello emitise un bando no que solicitaba á veciñanza restricións no seu consumo. “As condicións climáticas, con períodos de seca prolongados, e …
Aitor Bouza reclama no Parlamento galego unha rehabilitación integral do IES Terra de Trasancos, en Narón
O Grupo Parlamentario Socialista reclamará no Parlamento de Galicia unha rehabilitación integral do IES Terra de Trasancos, en Narón, logo de reunirse coa comunidade educativa do centro. Esta reunión contou coa participación de Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, e o grupo municipal socialista liderado polo portavoz do PSdeG-PSOE local Jorge Ulla. “A verdade …