Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Parlamento de Galicia

O PSdeG esixe á Xunta que reciba aos propietarios e propietarias das Fragas do Eume e apoia a súa recollida de firmas

O Grupo Parlamentario Socialista participou na última concentración convocada polos propietarios e propietarias das Fragas do Eume en Santiago de Compostela, e aproveitou a ocasión para apoiar unha vez máis a súa recollida de firmas asinando o texto para demandar que a Xunta se reúna co colectivo. O deputado socialista Aitor Bouza quixo “esixirlle novamente …

Silvia Longueira reclama liñas de autobús específicas para que o alumnado de FP de Oleiros, Sada e Bergondo poida acudir aos centros de estudo

Silvia Longueira, deputada socialista no Parlamento galego, reclama na cámara liñas de autobús que conecten Sada, Oleiros e Bergondo cos centros de formación profesional da comarca, ante as dificultades que o alumnado destes centros experimenta para acceder a eles en transporte público. “Centos de alumnos de Oleiros a de Bergondo desprazáronse a diario para estudar …

O PSdeG leva ao Parlamento as preocupacións das familias da escola infantil Galiña Azul en Zas

O PSdeG de Zas e o grupo socialista no Parlamento de Galicia impulsan unha iniciativa parlamentaria para preguntar ao goberno galego sobre a situación da escola infantil Galiña Azul do municipio. A voceira socialista local Sheila Rial reuniuse coa parlamentaria Patricia Iglesias para coordinar esforzos nesta cuestión logo de que lle fosen trasladadas diferentes problemáticas …

O PSdeG pide á Xunta colaboración co Concello de Val do Dubra para evitar o peche da oficina do Banco Sabadell

O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento galego a cuestión do peche da oficina do Banco Sabadell en Val do Dubra, co obxectivo de que a Xunta de Galicia se implique para evitar dito peche. O alcalde socialista do municipio, Diego Díaz, explica que “o Partido Socialista de Val do Dubra quere achegar esta problemática ao Parlamento …

O PSdeG reclama a implicación da Xunta ante o ERE en Nestlé en Pontecesures

O secretario xeral provincial do PSdeG na Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, e o deputado no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, participaron este mediodía na manifestación celebrada en Pontecesures contra o ERE en Nestlé. Na mobilización tamén estiveron presentes o alcalde de Padrón, Anxo Arca, o alcalde de Dodro, Xavier Castro, e o tenente de alcaldesa …

O PSdeG-PSOE denuncia a decisión da Xunta de pechar o centro de saúde de Oroso os sábados

O secretario xeral local, Fernando Gutiérrez, e o deputado socialista no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, participaron hoxe nunha concentración diante do centro de saúde de Oroso para manifestar o seu rexeitamento á decisión da Xunta de Galicia de pechar o centro de saúde os sábados pola mañá e derivar a atención ao PAC. Na …

O PSdeG reclamará no Parlamento apoio urxente ao marisqueo e ás artes menores de Pontedeume

O Grupo Parlamentario Socialista de Galicia presentará no Parlamento galego unha batería de iniciativas relacionadas coa situación do sector do marisqueo e das artes menores na ría de Pontedeume, tras semanas de paralización da actividade por recomendacións emitidas pola Xunta de Galicia. As iniciativas reclaman a constitución inmediata dunha mesa de negociación específica cos sectores …

O PSdeG denuncia os “recortes encubertos” da reforma da atención primaria por parte da Xunta

O PSdeG-PSOE reuniuse con persoal sanitario do PAC da Laracha e o PAC de Ponteceso co obxectivo de coñecer a súa situación e as súas demandas, especialmente con respecto á nova reforma da Atención Primaria impulsada pola Xunta de Galicia. Nesta xuntanza participou Patricia Iglesias, deputada socialista no Parlamento de Galicia, así como portavoces socialistas …

A conselleira de Política Social respóndelle ao Grupo Socialista que “se Betanzos quere un centro de día que o faga a súa alcaldesa do PSOE”

A conselleira de Política Social respondeulle hoxe ao Grupo Socialista que “se Betanzos quere un centro de día, que o faga a súa alcaldesa do PSOE”. A portavoz de Política Social, Silvia Longueira, presentara unha pregunta oral no Pleno do Parlamento para coñecer cando tiña previsto a conselleira a construción desta infraestrutura, sen que esta …

O PSdeG levará ao Parlamento galego a reivindicación de máis persoal de orientación e apoio no colexio de Ponzos

O PSdeG-PSOE reuniuse coa ANPA do CEIP de Ponzos, en Ferrol, co obxectivo de escoitar as súas reivindicacións e trasladalas ao Parlamento de Galicia. O deputado socialista nesta cámara Aitor Bouza participou nesta xuntanza. Bouza lembra que a ANPA leva dende as últimas semanas reclamándolle á Consellería de Educación e a Alfonso Rueda que atendan …

O PSdeG reclama  no Parlamento solucións para o transporte escolar do CPI Castro Baxoi en Miño

Silvia Longueira, deputada socialista no Parlamento de Galicia, reclámalle á Xunta que poña solución aos problemas do transporte escolar no CPI Castro Baxoi de Miño. A socialista denuncia que o alumnado perde diariamente “cinco minutos de clase porque a Consellería de Educación e a Consellería de Presidencia non son capaces de poñerse de acordo para …

O PSdeG esíxelle á Xunta que rehabilite o pavillón do IES Moncho Valcarce das Pontes

O PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta de Galicia que rehabilite o pavillón do IES Moncho Valcarce das Pontes, que presenta multitude de filtracións e humidades que impiden o correcto desenvolvento da actividade deportiva no seu interior. “Sumámonos ás reivindicacións que levan facendo non só durante semanas e días a comunidade educativa e o Concello das Pontes, …

O PSdeG reclámalle ao PP que respalde no Congreso as medidas de apoio ao marisqueo en Camariñas

O PSdeG-PSOE denuncia o “abandono” do sector marisqueiro de Camariñas e da Costa da Morte por parte do Partido Popular e a Xunta e reclámalles que apoie no Congreso dos Deputados a iniciativa socialista para eximir a mariscadoras e mariscadores de pagar as cotas de Seguridade Social. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, criticou a …

O PSdeG esíxelle á Xunta que rehabilite o Centro de Saúde de Ordes e repare as goteiras na consulta de pediatría

O Grupo Parlamentario Socialista esíxelle á Xunta de Galicia que rehabilite o Centro de Saúde de Ordes, con particular atención ás pingueiras que existen na consulta de pediatría, segundo denuncian as persoas usuarias do centro. “O noso grupo municipal leva traballando xa insistentemente para que se poña solución á situación absolutamente calamitosa que hai no …

O PSdeG denuncia a saturación e falta de liñas do transporte público por estrada en Oleiros

O Grupo Parlamentario Socialista denuncia a saturación e falta de liñas e frecuencias axeitadas no transporte público por estrada en Oleiros, e preguntará á Xunta por esta situación no Parlamento galego. A deputada Silvia Longueira destaca, que, aínda que o Concello de Oleiros “é un dos máis importantes da área metropolitana da Coruña”, estando “preto …