Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Aitor Bouza reclama no Parlamento galego unha rehabilitación integral do IES Terra de Trasancos, en Narón

  • O deputado socialista mantivo unha xuntanza coa comunidade educativa e o Grupo Municipal Socialista de cara a trasladar as súas reivindicacións á Xunta de Galicia

O Grupo Parlamentario Socialista reclamará no Parlamento de Galicia unha rehabilitación integral do IES Terra de Trasancos, en Narón, logo de reunirse coa comunidade educativa do centro.

Esta reunión contou coa participación de Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, e o grupo municipal socialista liderado polo portavoz do PSdeG-PSOE local Jorge Ulla.

“A verdade é que quedamos absolutamente abraiados da falta de recursos que ten o centro educativo e sobre todo da falta de implicación da Xunta de Galicia para poder acometer esas obras tan necesarias”, indica Bouza.

O socialista anuncia que presentará unha batería de iniciativas para pedir a rehabilitación integral despois de visitar as instalacións. A” simple vista, soamente hai que ver como está o propio patio, como están as infraestruturas”, lamenta.

Como parte de dita batería de iniciativas instarase á Xunta a realizar unha diagnose da situación e un informe técnico en base ao que acometer a rehabilitación.

En consecuencia, instarán tamén ao goberno galego “á incorporación nos vindeiros orzamentos da Xunta de Galicia desa partida específica, que sexa suficiente para financiar toda esa rehabilitación integral e que se estableza para elo un calendario de licitación e tamén de execución”.

“E como non pode ser doutro xeito que todo isto se fale coa comunidade educativa”, apunta o deputado socialista. “Exixímoslle ao señor Rueda que se comprometa cos centros educativos en Narón, que escoite á comunidade educativa”, conclúe.


Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes