Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: estradas

O PSdeG de Cabanas denuncia que o Concello presume dun proxecto aprobado polo anterior goberno socialista co voto en contra do PP

O PSdeG-PSOE de Cabanas denuncia o “oportunismo” do PP co proxecto de humanización da estrada nacional 651 ao seu paso polo municipio, “tras tres anos de abandono e baixo un ultimátum da Deputación”. Dende o PSOE consideran que se trata dun proxecto moi necesario e critican que agora o Partido Popular faga gala del despois …

O PSdeG reclámalle á Xunta un novo paso de cebra na AC-566 ao seu paso por Narón

O PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta de Galicia a creación dun novo paso de cebra na estrada AC-566 ao seu paso por Narón, e levará a cuestión ao Parlamento galego. O voceiro socialista local, Jorge Ulla, afirma que “a estrada de Cedeira está a convertirse nun punto negro para o tránsito de veciños e estudantes, que …

O PSdeG de Zas celebra a inclusión das súas demandas no novo POS+ Adicional da Deputación da Coruña

A portavoz do PSdeG de Zas, Sheila Rial, expresa a súa satisfacción co POS+ Adicional 2/2026 da Deputación da Coruña, aprobado no último pleno municipal co voto afirmativo, entre outros, da súa formación. O POS+ Adicional permitirá mobilizar 827.789,74 euros en actuacións no municipio, dos cales 701.152,78 euros son achegados pola Deputación da Coruña e …

O PSdeG de Frades critica a negativa do Concello a negociar co Estado a transferencia da nacional 635 ao seu paso por Ponte Carreira

O PSdeG-PSOE de Frades critica a negativa do Concello a negociar co Estado a transferencia da estrada nacional N-634 ao seu paso polo núcleo de Ponte Carreira e a súa reticencia a debatir a cuestión no pleno. O voceiro socialista local Enrique Astray explica que o seu grupo municipal presentou unha moción para debatir a …

O PSdeG-PSOE da Laracha leva ao pleno de xullo unha batería de iniciativas “para solucionar problemas reais dos veciños e veciñas”

A voceira do Grupo Municipal Socialista da Laracha, Inés Ramos, leva ao pleno ordinario de xullo un conxunto de mocións, rogos e preguntas centradas en “dar resposta a demandas veciñais urxentes e denunciar a xestión do goberno do PP no municipio”. “A política máis útil é a que resolve o día a día da xente, …

O PSdeG-PSOE de Curtis logra que Transportes aprobe a reordenación dos accesos da N-634 en Sesmonde

O PSdeG-PSOE de Curtis celebra a aprobación provisional, por parte do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, do proxecto de trazado para a reordenación dos accesos da N-634 na travesía de Sesmonde, unha actuación longamente demandada que permitirá mellorar de maneira significativa a seguridade viaria e as condicións de circulación nesta zona. O proxecto conta …

O PSdeG de Cariño denuncia a “inacción e deixadez” do Concello coas obras e subministracións do POS+ da Deputación

A Agrupación Socialista Local de Cariño denuncia “a inacción e deixadez do goberno municipal ao respecto das obras e subministracións do POS+ da Deputación da Coruña”. O voceiro do PSdeG cariñés Jonathan Miranda sinala que a institución provincial “ten aprobados para o Concello de Cariño máis de 1,2 millóns de euros en obras e subministracións …

O PSdeG acusa o goberno de Ribeira de converter o pleno “nunha sucesión de rectificacións, escusas e contradicións”

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira denuncia que o último pleno “volveu evidenciar a perda de control do goberno local sobre a xestión municipal”. Para o PSdeG, o executivo converteu a sesión nunha sucesión de correccións de expedientes mal tramitados, explicacións contraditorias e xustificacións sen consistencia. “Quinto punto, quinto erro” chegou a sinalar durante a …

O PSOE de Ordes acusa a Martínez Sanjurjo de “poñer ao PP por diante dos intereses de Ordes” no conflito da N-550

O PSOE de Ordes cargou hoxe con dureza contra o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, ao que acusa de actuar “máis como portavoz do Partido Popular que como alcalde de todos os veciños e veciñas de Ordes” tras as súas declaracións sobre a conexión da futura Ronda Sur-Oeste coa N-550. A portavoz socialista, Noelia Rivadas, …

O PSOE de Ordes acusa á Xunta de bloquear a rotonda da N-550 ao proxectar a Ronda Sur-Oeste sen resolver a súa conexión coa estrada estatal

O PSOE de Ordes acusou hoxe á Xunta de Galicia de “crear un problema onde había unha solución” ao proxectar a nova Ronda Sur-Oeste sen resolver correctamente a súa conexión coa N-550, unha das principais vías de entrada e saída do núcleo urbano ordense. A portavoz socialista en Ordes, Noelia Rivadas, considera que a Xunta …

O PSdeG denuncia a saturación e falta de liñas do transporte público por estrada en Oleiros

O Grupo Parlamentario Socialista denuncia a saturación e falta de liñas e frecuencias axeitadas no transporte público por estrada en Oleiros, e preguntará á Xunta por esta situación no Parlamento galego. A deputada Silvia Longueira destaca, que, aínda que o Concello de Oleiros “é un dos máis importantes da área metropolitana da Coruña”, estando “preto …

O PSdeG denuncia as “deficiencias” no transporte metropolitano por estrada e pide medidas correctoras

O PSdeG-PSOE provincial da Coruña advirte da persistencia de incidencias no servizo de transporte público metropolitano por estrada na comarca e reclama a adopción de medidas que melloren o seu funcionamento. O secretario xeral provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, explica que “seguen a rexistrarse situacións como atrasos, autobuses que non chegan ou que non realizan o …

O PSOE-PSdeG denuncia que Rueda mantén o Ortegal en “abandono” tras dous anos de goberno

O PSdeG-PSOE provincial da Coruña mantivo unha reunión de traballo con alcaldes, voceiros e secretarios xerais do Ortegal para facer balance dos dous anos de goberno de Alfonso Rueda, concluíndo que a comarca se atopa nunha situación de “abandono” por parte da Xunta. Entre as principais conclusións desta análise, os socialistas esixen á Xunta de …

Patricia Iglesias denuncia a paralización das obras de Palmeira, en Ribeira

O Grupo Parlamentario Socialista denuncia a paralización das obras na travesía de Palmeira, no municipio de Ribeira. A deputada Patricia Iglesias reclama explicacións á Xunta de Galicia. “Estamos preocupados polo que nos traslada á veciñanza de Palmeira”, explica a parlamentaria, que salienta que “hai uns días que non se ve actividade na zona, non hai …

O PSOE de Fene esixe un plan urxente de reparación de estradas e melloras nos parques municipais

O Grupo Municipal Socialista de Fene reclamou no último pleno municipal que o goberno local formado por BNG e EU poña en marcha un plan integral de reparación de estradas que dea resposta ás necesidades reais da veciñanza. Os PSdeG local sinalou o mal estado de múltiples vías municipais e demandou “unha planificación clara que …