Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Política Municipal

O PSdeG critica o “espectáculo lamentable” do último pleno de Cambre co abandono de UxC

O PSdeG-PSOE de Cambre critica o “espectáculo irresponsable” que se produciu no último pleno municipal, que incluíu o abandono da sala por parte de Unión por Cambre. O voceiro socialista local Diego Alcantarilla criticou “a pelexa entre UxC e PP para ver quen contribuíu máis a paralizar este concello, quen o gobernou estes anos pasados …

O PSdeG reclama unha actuación integral na Rúa Correos para poñer fin á degradación dunha obra abandonada desde hai máis de catorce anos

O PSdeG de Ribeira levará ao Pleno municipal unha proposición para reclamar unha actuación integral na Rúa Correos, unha vía situada nun punto especialmente relevante do centro de Ribeira, entre a Rúa de Lugo e a Rúa Marcial de Adalid. O portavoz socialista, Francisco Suárez-Puerta, considera que esta rúa “non pode seguir sendo o espazo …

O PSdeG-PSOE de Ribeira acusa ao PP de pretender ocultar con vinilos o fracaso histórico das súas políticas económicas

O PSdeG-PSOE de Ribeira critica a iniciativa do goberno municipal de cubrir os locais baleiros con vinilos, ao considerar que esta medida é un intento de tapar o peche de negocios e o fracaso do seu modelo económico en Ribeira. O grupo socialista denuncia que o PP intenta vender como “embelecemento” o que non é …

O PSdeG-PSOE reafirma o seu respecto e apoio ao persoal municipal de Cabanas e esixe ao PP que deixe de utilizalos como escusa política

Cabanas. O Grupo Municipal Socialista de Cabanas quere manifestar con total claridade o seu respeto, recoñecemento e apoio firme ao conxunto do persoal municipal, que cada día sostén os servizos públicos deste Concello con profesionalidade e compromiso. Dende o PSOE de Cabanas rexeitamos calquera crítica cara á actividade dos traballadores municipais e defendemos a seu …

O PSOE de Ribeira esixe medidas contundentes ao Concello en materia de seguridade tras o grave suceso do porto

O PSOE de Ribeira denuncia a grave situación de inseguridade que vive o municipio nos últimos meses e que alcanzou o seu punto máis grave no recente suceso do porto, onde apareceu un cadáver esposado a unha escaleira e no que os indicios apuntan a un crime violento, un feito que cualifican de “moi grave …

O PSdeG propón recuperar o Cine Millán para dotar a Palmeira dun novo espazo cultural

O PSdeG de Ribeira vén de presentar unha proposta ao pleno municipal para impulsar a adquisición e rehabilitación do inmoble coñecido como Cine Millán, coa finalidade de convertelo nun espazo cultural ao servizo da parroquia de Palmeira. Para o grupo municipal socialista esta iniciativa “responde a unha demanda da veciñanza e representa unha oportunidade única …

O PSdeG de Zas critica uns orzamentos municipais con partidas “totalmente insuficientes”

A voceira socialista Sheila Rial criticou “un orzamento no que se botan en falta moitas cousas”. Destacou a ausencia dun espazo previo de debate para “poder facer emendas cando corresponde”. “O pleno de hoxe non era para facer emendas, o orzamento xa estaba enriba da mesa”, explicou a socialista, pero “o caos e a desorde …

O PSdeG de Cariño denuncia “o incumprimento sistemático dos acordos plenarios por parte do goberno municipal”

O PSdeG-PSOE de Cariño denuncia “o incumprimento sistemático dos acordos plenarios por parte do goberno municipal” despois de preguntar no último pleno se se vai volver licitar o Punto de Atención á Infancia. O voceiro socialista local Jonathan Miranda sinala que este caso é “un claro exemplo” deste incumprimento de acordos. O socialista lembra que …

O pleno de Mañón aproba a moción do PSOE para nomear a Lino Novás Calvo fillo predilecto do municipio

O pleno do Concello de Mañón aprobou o pasado xoves, por unanimidade de todos os grupos, a moción presentada polo PSOE para recoñecer e honrar a figura do escritor e xornalista Lino Novás Calvo, unha das personalidades máis destacadas vinculadas ao municipio. Con este acordo, Mañón dá un paso decisivo para saldar unha débeda histórica …

O PSOE de Fene esixe un plan urxente de reparación de estradas e melloras nos parques municipais

O Grupo Municipal Socialista de Fene reclamou no último pleno municipal que o goberno local formado por BNG e EU poña en marcha un plan integral de reparación de estradas que dea resposta ás necesidades reais da veciñanza. Os PSdeG local sinalou o mal estado de múltiples vías municipais e demandou “unha planificación clara que …

O PSdeG forza a aprobación de medidas de control en Cabanas mentres o alcalde non dá explicacións e consolida un goberno sen planificación

O Grupo Municipal Socialista de Cabanas conseguiu no último pleno a aprobación dunha moción clave para reforzar o control da legalidade na xestión económica do municipio, ante unha situación que xa non pode considerarse puntual, senón un problema estrutural. Desde o PSdeG-PSOE advirten que non se trata de erros illados, senón dunha forma de gobernar …

PSOE de Cambre levará ao pleno por urxencia unha moción ante a “penosa” situación das asociacións tras anos sen subvencións

O Grupo Municipal Socialista de Cambre presentará mañá, 26 de marzo, no pleno ordinario da corporación unha moción para esixir solucións urxentes ante a grave situación que atravesa o tecido asociativo do municipio, que cualifican de “penosa” tras anos de bloqueo na concesión de subvencións municipais. A iniciativa foi rexistrada o pasado venres 20 de …

Inés Ramos urxe ao Concello da Laracha a “actuar na promoción de vivenda pública”

O Grupo Municipal Socialista da Laracha, encabezado pola súa voceira Inés Ramos, rexistra para o vindeiro pleno unha batería de iniciativas que abranguen “dende o compromiso coa paz internacional ata a calidade de vida, a saúde e a protección do territorio no municipio”. Inés Ramos abrirá a súa intervención cunha “defensa firme da paz”, instando …

O PSOE de Coristanco denuncia que o Goberno municipal da “mal exemplo” ao depositar restos de poda no camiño público da Agualada

O PSOE de Coristanco denuncia a “grave irresponsabilidade” do Goberno municipal tras comprobar que se depositaron restos de poda nun camiño público que conduce á área recreativa de Agualada, unha actuación que os socialistas consideran “inapropiada, inxustificable e contraria ao exemplo que debe dar unha administración pública”. Desde o grupo socialista sinalan que esta situación …

O PSdeG de Malpica reunirase coa veciñanza das parroquias de Cerqueda, Mens, Leiloio e Vilanova

O PSdeG-PSOE de Malpica de Bergantiños continúa a realizar reunións coa veciñanza do municipio nas súas diferentes parroquias, co obxectivo de escoitar de primeira man as demandas, necesidades e inquedanzas dos veciños e veciñas e trasladalas ao pleno municipal. Estas xuntanzas continuarán este domingo 22 de marzo en Cerqueda, ás 12:30 horas, nas Escolas das …