Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Brais Prieto: “O goberno municipal de Cerdido está instalado no conformismo, falta traballo político e escoita real aos veciños”

  • O portavoz do PSdeG-PSOE de Cerdido valora así os 3 anos de goberno popular no municipio

A agrupación socialista de Cerdido denuncia que o PP local está “instalado no conformismo”, con lugares públicos do municipio aos que “non se lles fixo ningún mantemento nos 3 anos que van de lexislatura”.

O voceiro socialista local Brais Pieto incide no abandono sistemático do paseo fluvial do río Pontellas e de parques infantís. Para o tamén líder da oposición, o PP goberna “a base de improvisación, sen ter unha folla de ruta real do que facer no futuro”.

“A falta de ideas e de traballo do goberno municipal é tal que, nos presupostos do 2026, no capítulo de inversións, viñan recollidas partidas repetidas no documento de outros anos. É unha ausencia total de ideas e proxectos para Cerdido”, recalca o socialista.

Prieto destaca que o programa electoral do PP cerdidense está “cheo de promesas incumplidas”, a falta de escoita aos problemas que transmiten os veciños, e unha nula autocrítica da súa labor por parte do goberno.

“O PP de Cerdido non escoita nin á oposición nin aos veciños, confunde a maioría absoluta co absolutismo”, engade o portavoz socialista local.

“Non hai un plan de futuro, só ir tirando día a día. Non levaron a cabo nada do que propoñían cando estaban na oposición”, salienta Prieto. Conclúe salientando que “o goberno municipal de Cerdido está instalado no conformismo, falta traballo político e escoita real aos veciños”, mentres “as grandes obras, como a remodelación da Casa da Cultura, foron ideadas e proxectadas no anterior mandato”.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes