Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG de Curtis denuncia falla de transparencia do Concello sobre o plan de seguridade para as festas

  • O secretario xeral local Fernando Rey Leira critica que se informe por redes da celebración do pleno ordinario onde se tratará a memoria técnica de seguridade con menos dun día de antelación

O PSdeG de Curtis denuncia falta de información por parte do goberno municipal, destacando que informaron á veciñanza da celebración do pleno ordinario do día de mañá, venres 12 de xuño, esta mesma mañá por redes sociais, con menos dun día de antelación.

“Os veciños e veciñas de Curtis traballan, e se avisara con algún día máis de antelación, poderían asistir, pero á vista está que o alcalde o que busca e a mínima asistencia da veciñanza e non tela informada”, lamenta o secretario xeral local Fernando Rey Leira.

“Os plenos ordinarios de Curtis caen moitas veces en diferentes semanas do mes ou en diferentes días da semana, polo que é necesario que informen con tempo da data definitiva”, engade o socialista.

Ademais, dende a Agrupación Socialista Local criticaron a publicación de redes sociais realizada polo Concello sobre a memoria técnica de seguridade para as festas de Teixeiro, que se abordará no propio pleno de mañá venres. “Seguimos na mesma dinámica de información camuflada, de ausencia total de transparencia”, afirma Rey Leira.

“O 26 de marzo deste ano foi adxudicada á empresa PREVINEN a elaboración do plan de Protección Civil para o risco de incendios forestais e a elaboración de plans de seguridade das festas de Teixeiro e Curtis por un valor de 6.993,82€ que pagamos os veciños e veciñas, pero a día de hoxe só acaban de informarnos sobre esta memoria técnica”, explica.

“Dende o Partido Socialista de Curtis solicitamos ao Concello que aportara o plan de emerxencia das festas, nunca nos contestaron a ese escrito, pero agora saen con isto por redes sociais, non é serio nin transparente”, censura o socialista.

“Non entendemos como é que no Concello teñen a enxeñeiros, técnicos e demais, e non son capaces de facer un plan de emerxencia, tras 25 anos no cargo o actual alcalde ten as festas sen plan de emerxencias”, apunta o secretario xeral do PSdeG de Curtis.

“Grazas temos que dar porque non pasara ningunha catástrofe, tendo en conta a incompetencia deste goberno local tras 25 anos gobernando non ten plan de emergencias para as festas, este non é xeito de gobernar”, conclúe.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes