Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG critica o “espectáculo lamentable” do último pleno de Cambre co abandono de UxC

  • Diego Alcantarilla reduce os conflitos entre PP e UxC a unha pugna entre “quen contribuíu máis a paralizar este concello, quen o gobernou estes anos pasados ou quen o goberna agora”

O PSdeG-PSOE de Cambre critica o “espectáculo irresponsable” que se produciu no último pleno municipal, que incluíu o abandono da sala por parte de Unión por Cambre.

O voceiro socialista local Diego Alcantarilla criticou “a pelexa entre UxC e PP para ver quen contribuíu máis a paralizar este concello, quen o gobernou estes anos pasados ou quen o goberna agora”.

“Despois do espectáculo de UxC de abandonar o pleno, a alcaldesa dedicouse a sacar peito de proxectos que xa estaban iniciados cando eles chegaron ao goberno e a xustificar a inacción do goberno actual pola mala xestión de UxC”, lamentou o socialista.

Alcantilla sinalou que este discurso non se centrou realmente “nos problemas que existen no Concello”,limitándose simplemente a “utilizar a alcaldía soamente para criticar a UxC no canto de resolver os problemas que teñen os veciños e veciñas de Cambre”.

“Despois de escoitar todo o aquí falado queda claro que este pleno reflicte bastante ben a situación política que vive hoxe Cambre”, criticou o portavoz socialista cambrés.

Reprochou tamén que UxC falase “de problemas económicos, falta de persoal ou deterioración dos servizos coma se non tivesen nada que ver con iso”. “Lembremos que moitos destes problemas veñen do goberno de UxC”, engadiu.

“Nós formamos parte do goberno con UxC, e non imos esconder a nosa responsabilidade, pero hai xa dous anos que saímos porque entendiamos que había que cambiar moitas cousas, especialmente en contratación e na organización do Concello”, lembra o edil socialista.

“Queriamos intentar corrixir unha situación que xa empezaba a ser complicada, pero UxC non quixo que o intentaramos”, explicou, pero apuntou que “desde que o PSOE saíu do goberno, Cambre non mellorou, foi a moito peor”.

Para Alcantarilla, dende o PP “levan máis dun ano gobernando e a realidade é que os problemas seguen aí”. “Cando estaban na oposición parecía que tiñan solucións para todo, pero hoxe vemos un goberno sen rumbo e sen capacidade para sacar adiante o Concello”, agregou.

“O goberno do PP está a facelo tan mal que están a conseguir algo que parecía difícil, que moita xente empece mesmo a esquecer como deixou o goberno de UxC este Concello”, subliñou o voceiro. “Por iso, os socialistas non imos entrar neste xogo, non imos entrar  nin no intento dalgúns de branquear o seu pasado nin nas escusas constantes do goberno actual, xa que mentres uns intentan xustificar o de onte e outros o de hoxe, quen o sofre son os veciños e veciñas de Cambre”, concluíu.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes