Category: Política Municipal
O PSOE de Curtis reclama ao Goberno municipal que impulse a creación dunha Policía Local
O secretario xeral do PSOE de Curtis, Fernando Rey, insta ao goberno municipal a actuar con responsabilidade e iniciar os traballos necesarios para estudar a creación dunha Policía Local propia, unha demanda que considera “razoable e acorde coa realidade actual do municipio”. Para os socialistas, Curtis acadou un nivel de desenvolvemento económico, comercial e poboacional …
O PSOE de Ribeira sospeita que o PP pretende repetir coa Dorna a mesma manobra das Festas de Verán
O PSOE de Ribeira expresa o seu apoio á Real e Ilustre Cofradía da Dorna ante a situación que ameaza a festa de 2027. Os socialistas ven un paralelismo co sucedido nas Festas de Verán de 2025: tras meses de restricións de Portos de Galicia, unha fotografía do PP e do PBBI precedeu á resolución …
O PSOE denuncia o descontrol dos plenos municipais e a permisividade da alcaldesa cos insultos do seu goberno
O PSdeG-PSOE de Ribeira denuncia o descontrol no que o Partido Popular está a converter os plenos municipais. Na sesión celebrada este luns, o goberno só presentou un asunto novo, impulsado pola Asociación Española Contra o Cancro e a Deputación da Coruña, presidida polo PSdeG, mentres o resto dos puntos procedían da sesión anterior. Unha …
Os socialistas de Tordoia decláranse en contra da subida de soldo do concelleiro de Obras
O PSdeG-PSOE de Tordoia declarouse en contra da subida salarial de máis dun 40% que o Pleno extraordinario do Concello aprobou o pasado venres para o concelleiro delegado de Obras, Marcos Fraga. Segundo asegura o actual concelleiro e portavoz socialista Tomás Castro, “a política é para axudar aos veciños e non para enriquecerse”. Este acordo …
O PSOE de Ribeira denuncia a falta de propostas por parte do goberno municipal tras un ano da moción de censura
O PSOE de Ribeira afirma que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, segue sen ofrecer solucións á fronte da alcaldía en forma de proxectos realizados e compromisos cumpridos. Segundo o voceiro socialista Fran Suárez-Puerta, “non se pode pretender gobernar eternamente mirando polo retrovisor, responsabilizando de todo aos que estaban antes e …
O PSOE de Ribeira denuncia que o PP segue sen explicar o abandono de As Saíñas
O PSOE de Ribeira lamenta que a alcaldesa non permitise á oposición utilizar libremente a súa quenda de palabra durante o Pleno extraordinario sobre a residencia pública de maiores, interrompendo de maneira constante e reiterada as intervencións. Os socialistas consideran especialmente grave esta actitude nunha sesión solicitada precisamente para poder analizar a documentación existente e …
O PSdeG de Ribeira propón un control trimestral dos acordos plenarios que seguen sen cumprir
O PSdeG de Ribeira levará ao próximo Pleno unha proposta para establecer un seguimento trimestral dos acordos adoptados pola Corporación que continúen sen executar. A iniciativa pretende que a Alcaldía ou os responsables de cada área informen do traballo realizado, do que queda pendente e dos motivos polos que determinadas decisións seguen sen materializarse. Os …
O pleno de Mañón aproba a moción do PSdeG para reclamarlle á Xunta o dragado do río Sor na contorna da Ponte
O pleno de Mañón insta á Xunta de Galicia, por iniciativa do PSdeG local, a executar, con carácter urxente, as actuacións de dragado no río Sor na contorna da Ponte, co obxectivo de mellorar a capacidade hidráulica e previr riscos asociados á acumulación de sedimentos. O grupo municipal socialista presentou unha moción, aprobada por unanimidade, …
O PSdeG de Coristanco reclama a restauración integral do Cruceiro de San Salvador de Erbecedo
O Grupo Municipal Socialista de Coristanco rexistra diversas mocións para reclamar no pleno cuestións que considera de gran importancia para Coristanco e a súa veciñanza. Por unha banda, dende o PSdeG piden á Alcaldía que inicie de forma inmediata os trámites necesarios para a restauración integral do Cruceiro de San Salvador de Erbecedo, conforme á …
O PSOE do Porto do Son mostra a súa preocupación pola situación económica do Concello tras a solicitude dun préstamo de 549.000 euros
O Grupo Municipal Socialista do Porto do Son mostrou a súa preocupación pola situación económica do Concello despois de que o goberno local levase ao Pleno unha operación de crédito a longo prazo por 549.132 euros para financiar diferentes obras e investimentos municipais. “Desde o PSOE deixamos claro que compartimos a necesidade de realizar as …
O PSdeG denuncia o “taxazo” do Concello de Mugardos: “As familias pagarán a factura da mala xestión do goberno municipal”
O PSdeG-PSOE de Mugardos denuncia o “taxazo” ao que se poden ver sometidas as familias do municipio como consecuencia da mala xestión do goberno local, despois de oito meses sen cobrar diversos recibos municipais de auga, lixo e sumidoiro, IBI ou IVTM (rodaxe de vehículos). O Grupo Municipal Socialista alerta de que o goberno municipal …
O PSdeG de Coristanco denuncia que o Concello “continúa sen actuar ante as reiteradas inundacións nunha vivenda por fallos na rede de pluviais”
O Grupo Municipal Socialista de Coristanco denuncia que o Concello “continúa sen actuar ante as reiteradas inundacións nunha vivenda por fallos na rede de pluviais”. “O PSOE de Coristanco volve amosar a súa preocupación pola falta de resposta do Goberno municipal ante un problema que se leva repetindo durante meses”, sinala o portavoz socialista local …
O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia a “improvisación e a trampa orzamentaria” do PP coa reforma da RPT e o uso do remanente
O Grupo Municipal Socialista da Laracha amosou a súa “fonda preocupación e rexeitamento ante a xestión que o goberno local do Partido Popular levou ao último pleno, articulada sobre a modificación da Relación de Postos de Traballo e a mobilización de máis dun millón de euros do remanente de tesouraría. A voceira socialista, Inés Ramos, …
O PSdeG-PSOE da Laracha leva ao pleno de xullo unha batería de iniciativas “para solucionar problemas reais dos veciños e veciñas”
A voceira do Grupo Municipal Socialista da Laracha, Inés Ramos, leva ao pleno ordinario de xullo un conxunto de mocións, rogos e preguntas centradas en “dar resposta a demandas veciñais urxentes e denunciar a xestión do goberno do PP no municipio”. “A política máis útil é a que resolve o día a día da xente, …
O PSOE de Ribeira lamenta que o PP e o PBBI “se neguen a fixar de forma definitiva a Dorna e o Entroido como festivos locais”
O PsdeG-PSOE de Ribeira lamenta que o PP e o PBBI “se neguen a fixar de forma definitiva a Dorna e o Entroido como festivos locais”. “Se este ano se traballa en Ribeira o Día da Dorna, é por decisión dos concelleiros do PP e do PBBI”, afirma Fran Suárez-Puerta. O portavoz socialista local denunciou …