Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Os socialistas de Tordoia decláranse en contra da subida de soldo do concelleiro de Obras

  • A agrupación socialista votou en contra da modificación salarial aprobada durante o Pleno extraordinario do Concello de Tordoia celebrado o pasado venres

O PSdeG-PSOE de Tordoia declarouse en contra da subida salarial de máis dun 40% que o Pleno extraordinario do Concello aprobou o pasado venres para o concelleiro delegado de Obras, Marcos Fraga. Segundo asegura o actual concelleiro e portavoz socialista Tomás Castro, “a política é para axudar aos veciños e non para enriquecerse”.

Este acordo de modificación salarial aumenta a retribución anual do edil de 28.699,86 a 42.000 euros brutos, repartidos en catorce pagas, o cal supón un incremento do 46,34%. A dedicación parcial do concelleiro de Obras segue sendo do 90%.

O portavoz Tomás Castro sinala que, durante o pleno, o alcalde xustificou a subida salarial polo aumento do volume de traballo e a responsabilidade da área de Obras. “Desde o PSOE de Tordoia seguimos considerando excesiva unha subida do 40%”, declara Castro.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes