Skip to content

Galego

¡Síguenos!

noticias

O grupo socialista aplaude a intención do goberno local de abrir o Museo do Modernismo e lamenta que se teñan perdido máis de dous anos na súa posta en funcionamento

A concelleira Eva Martínez lembra que en maio de 2023, en plena campaña, a Xunta boicoteou a achega de dous millóns de fondos europeos do Plan de Sustentabilidade Turística, que xa incluían este Museo do Modernismo Os socialistas subliñan que o Modernismo, en xeral, e a figura de Rodolfo Ucha en singular, non foron valorados …

O PSOE de Ferrol denuncia o grave abandono do mantemento urbano tras tres anos de goberno do PP

O Grupo Municipal Socialista de Ferrol denunciou hoxe a situación crítica de abandono no mantemento e na limpeza da cidade, consecuencia directa —segundo sinalou— do incumprimento do chamado “contrato do cambio” anunciado polo alcalde José Manuel Rey Varela durante a campaña electoral. Ferrol, 19 de decembro de 2025.- Os socialistas puxeron o foco en problemas …

O Grupo Socialista solicita un informe xurídico sobre as deficiencias na tramitación do proxecto Abrir Ferrol ao Mar

Ángel Mato reclama que o goberno local aclare as consecuencias do informe desfavorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e se a execución das obras facendo caso omiso dese documento pode ser constitutiva de algún dos delitos contra o patrimonio histórico regulados no Código Penal Ferrol, 17 de decembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista …

O PP elimina a pluralidade do Comité de Seguridade e Saúde no Concello de Ferrol e afonda no déficit democrático

Noutro capítulo de déficit democrático que aplica o Partido Popular ao réxime de funcionamento do concello de Ferrol, a concelleira de recursos humanos, Susana Sanjurjo, decide unilateralmente que o Comité de Seguridade e Saúde deixe de ser plural e representativo das forzas políticas e sindicais que desenvolven o seu traballo no Concello de Ferrol, co …

O Goberno central permite dedicar o superávit a investimentos para mellorar Ferrol, pero o Goberno municipal de Rey Varela decidiu destinarlo a adiantar os pagos aos bancos.

“Rey Varela renuncia a investir 4,7 millóns en Ferrol para priorizar á banca”.— Rafael Fernández Beceiro, concelleiro do Grupo Municipal Socialista Ferrol, 9 de decembro de 2025.- O Grupo Municipal Socialista denuncia a incoherencia política do Partido Popular en Ferrol. No pleno do 30 de xaneiro de 2025, o PP levou unha moción reclamando ao …

Os socialistas instan ao goberno de Rey Varela a contratar o mantemento dos parques caninos da cidade e a ampliar a superficie do recinto de O Diapasón

Para o concelleiro Germán Costoya, o alcalde de Ferrol continúa co abandono dos parques caninos e subliña que no terceiro ano de mandato Ferrol continúa sen ter un contrato de mantemento Ferrol, 2 decembro 2025.- O edil socialista Germán Costoya exixiu novamente ao goberno de Rey Varela que se tome en serio o benestar animal …

O grupo socialista sostén que a derruba do edificio entre María e Sánchez Barcáiztegui sería evitable se o goberno local tivera feito o seu traballo

O concelleiro Julián Reina critica tamén a decisión “unilateral e opaca” do actual alcalde de deixar de prestar o servizo de inspección de edificios que se realizaba por parte dunha empresa externa Ferrol, 20 de novembro de 2025.- O grupo socialista do Concello de Ferrol cre que a derruba vivida estes días no número 22 …

O grupo socialista acusa ao alcalde de facer o maior recorte en mantemento de rúas dos últimos dez anos

Ferrol, 20 de novembro de 2025.- O grupo socialista, a través do seu concelleiro Julián Reina, destacou que o Concello de Ferrol está neste momento sen contrato de mantemento de infraestruturas, é dicir, sen contrato de reparación de beirarrúas e baches, porque “José Manuel Rey non foi quen adxudicar o contrato que anunciou hai meses …

Rey Varela dálles “un machetazo” aos investimentos despois de ser incapaz de xestionar máis que un euro decada dez

Ángel Mato sinala que camiño dos tres anos de mandato “o único rastro visible dos proxectos estrela do alcalde é unha ringleira de árbores cortadas en Irmandiños” O secretario xeral socialista lamenta o total abandono da cidade e o rural mentres se presume dun plan de barrios cuxos resultados non se ven por ningún lado …

O Grupo Municipal Socialista critica que o Goberno Local xustifique a tala das acacias de Irmandiños cun informe de hai 16 anos

Ferrol, 15 de novembro de 2025.- O Grupo Municipal Socialista de Ferrol considera inaceptable que o Goberno do Partido Popular pretenda amparar a tala das acacias da avenida de Irmandiños nun informe técnico elaborado no ano 2009. Afirmamos que é impropio e unha absoluta falta de rigor utilizar un documento de hai 16 anos para …