Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O Grupo Municipal Socialista denuncia a tala de árbores na praza Rosalía como unha nova mostra das políticas medioambientais“doutro século” do Goberno local

Ángel Mato: “Estamos ante un Goberno da motoserra que elimina árbores sen necesidade, sen planificación e sen pensar na veciñanza”


Ferrol, 13 de abril de 2026.– O Grupo Municipal Socialista de Ferrol amosa o seu firme rexeitamento á tala de árbores na praza Rosalía, unha actuación que se suma a unha preocupante dinámica do Goberno local baseada na eliminación de arborado urbano en distintos puntos da cidade.


Desde o PSOE denunciamos que esta intervención se levou a cabo sen que existise afección directa a vivendas nin unha xustificación clara que obrigase á retirada destes exemplares, e sen explorar alternativas que permitisen compatibilizar a remodelación da praza coa conservación do arborado existente.


“Estamos ante un modelo de cidade propio doutro século, baseado na motosierra e na eliminación de árbores en lugar de integralas nos espazos públicos”, sinala o voceiro socialista, Ángel Mato, quen lembra que casos como Mougá, Irmandiños, Caranza ou agora a praza Rosalía evidencian unha mesma forma de actuar por parte do Goberno local: eliminar árbores en lugar de integralas.


Para os socialistas, Rey Varela está a impulsar un modelo de cidade que prioriza o coche
fronte ás persoas, reducindo zonas verdes e espazos de sombra nun contexto de cambio climático que esixe xusto o contrario.


Esta política contrasta frontalmente co que Ferrol precisa en pleno contexto de cambio climático. Dende o Grupo Socialista propoñemos a protección do arborado urbano, aszonas verdes son clave para reducir temperaturas, mellorar a calidade do aire e facer máis habitables os espazos públicos.


Ademais, esta nova tala está a xerar unha crecente indignación veciñal, que ve como se perden espazos de sombra e benestar sen información, sen participación e sen transparencia.


Desde o Grupo Municipal Socialista insistimos en que non é aceptable seguir tomando decisións deste calibre, sen planificación e sen contar coa cidadanía, como xa denunciamos recentemente no caso de Irmandiños, onde o Goberno pretendía xustificar
talas con documentos obsoletos.


“Ferrol non pode avanzar cara ao futuro eliminando o seu patrimonio verde. Necesitamos máis árbores, non menos. Máis sombra, máis calidade de vida e menos políticas propias doutro século”, conclúe Ángel Mato.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes