Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O Grupo Socialista de Ferrol esixe a Rey Varela medidas de seguridade “serias” nopaseo de Caranza ante o perigo de novos derrubamentos

Os socialistas critican que o goberno local se limite a colocar unha cinta de plástico nun tramo do Camiño Inglés onde o muro xa colapsou.

O PSOE lembra que xa advertira do mal estado da zona e cifra en 2.870 os peregrinos que pasaron por este punto no que vai de ano baixo risco real.

Ferrol, 17 de abril de 2026. O Grupo Municipal do PsdeG-PSOE de Ferrol denunciou publicamente hoxe a “pasividade temeraria” do alcalde, José Manuel Rey Varela, ante o avanzado estado de deterioración e o recente derrubamento de parte do muro no paseo de Caranza. Os socialistas consideran un “insulto á seguridade cidadá” que a única resposta municipal fose acaroar a zona cunha simple cinta de plástico que non ofrece garantía ningunha para os veciños e peregrinos.

O estado deste tramo, que forma parte fundamental do Camiño Inglés, non é unha sorpresa para o goberno local. O Grupo Socialista xa denunciara formalmente esta situación durante a presentación do “Plan de Barrios de Caranza”. Naquel momento, o PSOE sinalou desprendementos en dous tramos específicos e a falta total de mantemento.

“É inaceptable que, tras saír repetidamente nos medios e tras os nosos avisos, o goberno local siga sen facer nada para solucionar o problema. Non podemos esperar a que ocorra unha desgraza para actuar de forma estrutural”, afirman desde o grupo socialista.

O PSOE reforza a urxencia da súa demanda con datos oficiais: no que vai de ano, 2.870 peregrinos transitaron por este camiño. Unha cifra que pon de manifesto que non só está en xogo a integridade física dos veciños e veciñas de Caranza, senón tamén a proxección turística de Ferrol.


“O alcalde presume de cifras de turismo mentres permite que a imaxe que os visitantes levan da nosa cidade sexa a de muros caídos e falta de seguridade nunha ruta xacobea internacional”, denuncian os socialistas.

Exixencias ao Goberno de Rey Varela
Desde o Grupo Socialista instan ao alcalde a pasar da “política de fotos e cintas de plástico” a unha intervención técnica inmediata que inclúa:

Sinalización e valado de seguridade real (non plásticos) que impida o acceso ás zonas de risco de colapso.

Un proxecto urxente de consolidación do muro e do firme do paseo para evitar que o mar siga erosionando a base do Camiño Inglés.

Mantemento integral do tramo para garantir que os case 3.000 peregrinos e os centos de usuarios diarios do paseo poidan transitar con total confianza.


“O tempo das escusas e da desidia administrativa xa pasou. Rey Varela debe garantir a seguridade das persoas antes de que teñamos que lamentar danos irreparables”, conclúen desde o Grupo Socialista.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes