Tag: Xunta de Galicia
O PSdeG provincial da Coruña considera “inaceptables e vergoñentas” as declaracións de Diego Calvo afirmando que o caos dos autobuses “é imposible de solucionar
O PSdeG-PSOE da provincia da Coruña considera “inaceptables e vergoñentas” as declaracións do conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, sobre os graves problemas que está a sufrir o transporte público por estrada na provincia e esixe á Xunta solucións inmediatas ante a saturación de numerosas liñas. Os socialistas consideran especialmente grave que o responsable autonómico de …
O PSdeG reivindica a creación dunha unidade de rehabilitación cardíaca na área sanitaria de Ferrol
O PSdeG-PSOE reivindica no Parlamento de Galicia a creación dunha unidade de rehabilitación cardíaca na área sanitaria de Ferrol, na liña do reclamado pola Asociación de Amigos do Corazón de Ferrolterra, a AMICOR. Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego destaca o apoio do PSdeG a esta asociación ao longo dos anos e salienta esta …
O PSOE denuncia novas deficiencias graves no transporte por bus en Ferrolterra
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña denuncia novas deficiencias graves no servizo de transporte público por estrada na provincia, e en particular nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Nesta ocasión destacan o caso do autobús con destino ao IES As Telleiras, xestionado por Monbus, que non pasou pola parada da avenida de Santa Icía, en …
O PSdeG de Malpica sinala ao PP por non apoiar a súa moción de urxencia para reclamar á Xunta e ó Estado medidas de apoio á pesca, ó agro e a gandaría
O PSdeG-PSOE de Malpica de Bergantiños critica que o PP non apoiase a súa moción de urxencia en apoio da pesca, a agricultura e a gandaría no municipio. “A moción non chegará a ningún lado por culpa do alcalde”, apunta o voceiro socialista local, Walter Pardo. O texto presentado polo grupo municipal socialista instaba por …
O PSdeG esíxelle á Xunta a limpeza dos ríos de Ordes
O PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta de Galicia a limpeza dos ríos en Ordes. O deputado socialista Aitor Bouza levará esta cuestión ao Parlamento de Galicia en colaboración coa agrupación socialista local. “En materia ambiental reclamamos a limpeza e mantemento dos ríos”, sinala a portavoz do PSdeG de Ordes, Noelia Rivadas. “Hai zonas que dependen de …
O pleno de Mañón aproba a moción do PSdeG para reclamarlle á Xunta o dragado do río Sor na contorna da Ponte
O pleno de Mañón insta á Xunta de Galicia, por iniciativa do PSdeG local, a executar, con carácter urxente, as actuacións de dragado no río Sor na contorna da Ponte, co obxectivo de mellorar a capacidade hidráulica e previr riscos asociados á acumulación de sedimentos. O grupo municipal socialista presentou unha moción, aprobada por unanimidade, …
O PSdeG reclámalle á Xunta un novo paso de cebra na AC-566 ao seu paso por Narón
O PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta de Galicia a creación dun novo paso de cebra na estrada AC-566 ao seu paso por Narón, e levará a cuestión ao Parlamento galego. O voceiro socialista local, Jorge Ulla, afirma que “a estrada de Cedeira está a convertirse nun punto negro para o tránsito de veciños e estudantes, que …
O PSdeG de Cambre denuncia o abandono do CEIP Emilio González López e a falta de mantemento do Concello nos centros educativos
O Grupo Municipal Socialista de Cambre visitou onte o CEIP Emilio González López xunto ao responsable de Educación da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Lois Carballido, para coñecer de primeira man a situación do centro e as necesidades que segue tendo a comunidade educativa. O que puideron comprobar é que o Concello “deixou pasar …
O PSdeG pide á Xunta “que dea toda a información” sobre o servizo de saúde mental no Hospital Naval de Ferrol
O PSdeG-PSOE reclama á Xunta que informe sobre os prazos e os plans para poñer en marcha o servizo de saúde mental de día no Hospital Naval de Ferrol. “O que estamos a reclamar é que se dea toda a información á cidadanía dun servizo como é a asistencia de día de saúde mental no …
O PSdeG alerta da perda de recursos para Vimianzo provocada pola repotenciación dos parques eólicos e reclama modificar o canon
Patricia Iglesias Rey, deputada socialista no Parlamento galego, mantivo unha xuntanza coa alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, para analizar o impacto que a repotenciación dos parques eólicos terá sobre os recursos que recibe o concello. “Vimianzo é un exemplo claro do problema, os parques eólicos actualmente instalados no municipio representan 88 aeroxeradores e máis de …
O PSdeG provincial esixe á Xunta que poña fin a “5 anos de abandono” do transporte por autobús en Ferrolterra
O PSdeG Provincial da Coruña esíxelle á Xunta de Galicia que poña fin a “5 anos de abandono” do transporte por autobús en Ferrolterra, en palabras do secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro. O tamén alcalde de Pontedeume participou na última concentración de Transporte Digno para a comarca de Ferrol xunto ao deputado Aitor Bouza …
Patricia Iglesias reclámalle á Xunta unha liña de autobús directa entre Bergantiños e o CHUAC
Patricia Iglesias Rey, deputada socialista no Parlamento galego, reuniuse con persoas afectadas de cara a reclamar na cámara un autobús directo entre Bergantiños e a zona hospitalaria da Coruña A parlamentaria socialista reclama unha liña de bus adaptada “ás quendas do persoal que traballa no CHUAC e tamén os pacientes que son atendidos”. “Hoxe hai …
O PSdeG-PSOE denuncia a situación “crítica” do transporte público en Ferrol e levará as deficiencias do servizo ao Parlamento galego
O PSdeG denunciou hoxe as graves deficiencias que presenta o servizo de transporte público por autobús en Ferrol e reclamou actuacións inmediatas tanto ao Concello como á Xunta de Galicia para garantir unhas condicións dignas para as persoas usuarias. O deputado socialista no Parlamento de Galicia Aitor Bouza e o voceiro socialista no Concello de …
O PSdeG reclámalle á Xunta a construción dun novo comedor no CEIP Maciñeira de Neda
O Grupo Parlamentario Socialista reclámalle á Xunta de Galicia que constrúa un novo comedor para o CEIP Maciñeira de Neda na antiga casa do conserxe, no almacén anexo ao centro. Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, sinala que se trata dunha demanda que leva tempo facendo a comunidade educativa, polo que pide que se …
O PSdeG de Cariño reclama un plan para evitar os cortes na subministración de auga
O PSdeG-PSOE de Cariño reclámalle ao goberno local un plan para mellorar a xestión da auga e evitar a necesidade de cortes na subministración, logo de que o pasado 11 de agosto o Concello emitise un bando no que solicitaba á veciñanza restricións no seu consumo. “As condicións climáticas, con períodos de seca prolongados, e …