Tag: Transparencia
O PSOE de Ribeira denuncia a falta de propostas por parte do goberno municipal tras un ano da moción de censura
O PSOE de Ribeira afirma que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, segue sen ofrecer solucións á fronte da alcaldía en forma de proxectos realizados e compromisos cumpridos. Segundo o voceiro socialista Fran Suárez-Puerta, “non se pode pretender gobernar eternamente mirando polo retrovisor, responsabilizando de todo aos que estaban antes e …
O PSOE de Ribeira denuncia que o PP segue sen explicar o abandono de As Saíñas
O PSOE de Ribeira lamenta que a alcaldesa non permitise á oposición utilizar libremente a súa quenda de palabra durante o Pleno extraordinario sobre a residencia pública de maiores, interrompendo de maneira constante e reiterada as intervencións. Os socialistas consideran especialmente grave esta actitude nunha sesión solicitada precisamente para poder analizar a documentación existente e …
O PSdeG de Cabanas denuncia que o Concello presume dun proxecto aprobado polo anterior goberno socialista co voto en contra do PP
O PSdeG-PSOE de Cabanas denuncia o “oportunismo” do PP co proxecto de humanización da estrada nacional 651 ao seu paso polo municipio, “tras tres anos de abandono e baixo un ultimátum da Deputación”. Dende o PSOE consideran que se trata dun proxecto moi necesario e critican que agora o Partido Popular faga gala del despois …
O PSdeG pide á Xunta “que dea toda a información” sobre o servizo de saúde mental no Hospital Naval de Ferrol
O PSdeG-PSOE reclama á Xunta que informe sobre os prazos e os plans para poñer en marcha o servizo de saúde mental de día no Hospital Naval de Ferrol. “O que estamos a reclamar é que se dea toda a información á cidadanía dun servizo como é a asistencia de día de saúde mental no …
O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia a “improvisación e a trampa orzamentaria” do PP coa reforma da RPT e o uso do remanente
O Grupo Municipal Socialista da Laracha amosou a súa “fonda preocupación e rexeitamento ante a xestión que o goberno local do Partido Popular levou ao último pleno, articulada sobre a modificación da Relación de Postos de Traballo e a mobilización de máis dun millón de euros do remanente de tesouraría. A voceira socialista, Inés Ramos, …
O PSdeG-PSOE da Laracha leva ao pleno de xullo unha batería de iniciativas “para solucionar problemas reais dos veciños e veciñas”
A voceira do Grupo Municipal Socialista da Laracha, Inés Ramos, leva ao pleno ordinario de xullo un conxunto de mocións, rogos e preguntas centradas en “dar resposta a demandas veciñais urxentes e denunciar a xestión do goberno do PP no municipio”. “A política máis útil é a que resolve o día a día da xente, …
O PSOE de Mugardos acusa ao alcalde de enganar á veciñanza co castelo da Palma tras catro anos pechado ao público
O PSdeG-PSOE de Mugardos acusa o alcalde, Juan Domingo de Deus, de enganar á veciñanza coa situación do castelo da Palma, que afronta o seu cuarto verán consecutivo pechado ao público pese ás obrigas derivadas da súa condición de Ben de Interese Cultural. Os socialistas lembran que a Lei do patrimonio cultural de Galicia establece …
O PSOE de Malpica denuncia que o colapso urbanístico do goberno do PP encarece ata un 40 % as obras da veciñanza
O Grupo Municipal Socialista de Malpica denuncia a situación límite que atravesa o servizo municipal de Urbanismo, no que existen expedientes de licenzas que acumulan máis de dous anos de espera sen seren resoltos. Un atraso absolutamente inaceptable que está a ocasionar graves prexuízos económicos aos veciños e veciñas do municipio. Durante anos, a tramitación …
O PSdeG-PSOE de Curtis denuncia a “opacidade e discrecionalidade” do goberno municipal na concesión de axudas ás asociacións
O PSdeG de Curtis denunciou a falta de transparencia do goberno municipal na distribución das partidas económicas destinadas ás asociacións do concello e reclamou que se fagan públicos os criterios empregados, as contías concedidas e a relación completa de entidades beneficiarias. O portavoz socialista, Fernando Rey, asegura que o alcalde mantén “oculta” a información relativa …
O PSOE de Ribeira denuncia que a Xunta, Xestur e o PP bloquearon durante anos o financiamento do polígono “por motivos partidistas”
O PSOE de Ribeira considera que o anuncio de que Xestur asumirá a actualización do proxecto, o financiamento, a licitación e a execución das obras do novo polígono industrial confirma o que os socialistas veñen advertindo desde hai tempo: un proxecto desta dimensión non podía depender só da capacidade económica do Concello e precisaba da …
O PSdeG da Laracha denuncia unha “mentira histórica” do alcalde sobre o macroproxecto de planta de biogás
A voceira do Grupo Municipal Socialista na Laracha, Inés Ramos, calificou de “mentira histórica e deliberada” as afirmacións do alcalde José Manuel López Varela sobre que descoñecía inicialmente o proxecto de planta de biogás no municipio. Ramos afirma que “o PSOE xa preguntara no Pleno en 2022 polo proxecto tras un anuncio de Feijóo, e …
O PSdeG reclama explicacións á Xunta pola implantación da FP Básica no IES de Carral tras a dimisión do equipo directivo
O Grupo Parlamentario Socialista levará ao Parlamento de Galicia a situación xerada no IES de Carral tras a dimisión en bloque da equipa directiva do centro o pasado xoves pola implantación dunha aula de FP Básica para o curso 2026-2027. Segundo trasladou a dirección do instituto ao Consello Escolar e á inspección educativa, a decisión …
O PSdeG de Curtis denuncia falla de transparencia do Concello sobre o plan de seguridade para as festas
O PSdeG de Curtis denuncia falta de información por parte do goberno municipal, destacando que informaron á veciñanza da celebración do pleno ordinario do día de mañá, venres 12 de xuño, esta mesma mañá por redes sociais, con menos dun día de antelación. “Os veciños e veciñas de Curtis traballan, e se avisara con algún …
O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia o “bloqueo institucional” e o “apagón informativo” do alcalde ante as solicitudes da oposición
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE da Laracha denunciou publicamente a estratexia de “silencio e ocultación” que vén exercendo de forma sistemática o alcalde do municipio, José Manuel López Varela. A voceira socialista, Inés Ramos, acusou ao rexedor de bloquear por completo o labor de control e fiscalización da oposición ao deixar sen responder de forma …
O PSOE de Curtis denuncia o “oscurantismo” do Goberno local arredor da planta de biometano e critica o uso dos recursos municipais
O secretario xeral local do PSOE, Fernando Rey Leira, reclamou novamente a convocatoria dunha reunión aberta á cidadanía para explicar a situación do proxecto e resolver as dúbidas existentes. “Levamos tempo denunciando o oscurantismo co que o alcalde está tratando este asunto e seguimos solicitando unha reunión aberta á veciñanza para que se informe con …