Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG pide á Xunta “que dea toda a información” sobre o servizo de saúde mental no Hospital Naval de Ferrol

  • Ángel Mato e Aitor Bouza reclaman que se explique a atención en saúde mental que se prevee no hospital de día

O PSdeG-PSOE reclama á Xunta que informe sobre os prazos e os plans para poñer en marcha o servizo de saúde mental de día no Hospital Naval de Ferrol.

“O que estamos a reclamar é que se dea toda a información á cidadanía dun servizo como é a asistencia de día de saúde mental no Hospital Naval, que é unha reclamación que fixeron moitos ferroláns e ferrolás”, sinala o voceiro socialista local Ángel Mato.

“O que queremos é que á maior brevidade posible eses servizos se presten tamén nese hospital de día que tan bos resultados ten ten dado”, sinala Mato. “Queremos saber prazos dun servizo que consideramos fundamental”, engade.

“Escoitando as reclamacións que nos fai o noso candidato á alcaldía, Ángel Mato, vamos a levar ao parlamento a cuestión”, sinala pola súa banda Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento de Galicia.

“Queremos coñecer en que estado se atopa o cal son a día de hoxe os prazos, os plans da Xunta de Galicia para desenvolver este servizo, e, sobre todo, como se vai implementar”, indica Bouza.

O socialista quere saber “que orzamentos se van a destinar e cal é, polo tanto, a traxectoria que ten pensada a Xunta de Rueda para poder implementar este servizo”, que na súa opinión é “fundamental para a cidadanía e un dereito básico que tamén se ten que garantir no hospital de día”

“O que queremos é xustamente canalizar esa reclamación veciñal, poñer enriba da mesa unha cuestión que é moi importante para todas as veciñas e veciños”, salienta o parlamentario socialista.

Concluíu reclamando tamén “que se facilite maior información, que se dea transparencia e sobre todo que se concreten cales van a ser os pasos a seguir e que se comprometan a que se cumplan todos e cada un deses puntos”.


Ángel Mato – hospital saúde mental – set26
Aitor Bouza – hospital saúde mental – set26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes