Tag: Seguridade
O PSOE de Cambre responsabiliza a Diana Piñeiro do colapso da Policía Local pola súa falta de xestión e planificación
O Grupo Municipal Socialista de Cambre denuncia a grave situación que atravesa a Policía Local e sinala directamente á alcaldesa, Diana Piñeiro, como máxima responsable da área de Seguridade Cidadá e da xestión dun servizo esencial para os veciños e veciñas do municipio. Segundo os socialistas, a situación é preocupante: dos 25 axentes previstos no …
O PSOE de Curtis reclama ao Goberno municipal que impulse a creación dunha Policía Local
O secretario xeral do PSOE de Curtis, Fernando Rey, insta ao goberno municipal a actuar con responsabilidade e iniciar os traballos necesarios para estudar a creación dunha Policía Local propia, unha demanda que considera “razoable e acorde coa realidade actual do municipio”. Para os socialistas, Curtis acadou un nivel de desenvolvemento económico, comercial e poboacional …
O PSOE da provincia da Coruña felicita ás forzas de seguridade e á Xustiza pola operación contra o narcotráfico en Narón e reclama «man dura» contra o branqueo de capitais
O PSdeG-PSOE da provincia da Coruña expresa a súa felicitación e recoñecemento á Garda Civil, ao Servizo de Vixilancia Aduaneira, á Xustiza e ao conxunto das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado pola importante operación desenvolvida contra o narcotráfico en Narón e outros puntos da provincia, que se saldou coa detención de oito persoas, …
O PSdeG de Mugardos denuncia que o Concello “pretende desfacerse do GES despois de prometer mellorar as súas condicións”
O PSdeG-PSOE de Mugardos denuncia que o alcalde do municipio Juan Domingo de Deus, “pretende desfacerse do Grupo de Emerxencias Supramunicipal despois de prometer mellorar as súas condicións e unha nova base”. O voceiro socialista local, José Ángel Martínez Bardanca, traslada ademais o seu apoio ás demandas dos traballadores do servizo, especialmente centradas na reclamación …
O PSdeG de Mañón leva á Valedora do Pobo a falta de socorristas do municipio
O PSdeG-PSOE de Mañón denuncia ante a Valedora do Pobo a ausencia de socorristas nos areais do municipio, unha situación que se repite ano tras ano e que é única en toda Ferrolterra. Martín Rego, voceiro do PSdeG local, lamenta que só haxa socorristas na piscina municipal do Barqueiro, e subliña que non hai ningún …
O PSdeG de Coristanco denuncia que o Concello “continúa sen actuar ante as reiteradas inundacións nunha vivenda por fallos na rede de pluviais”
O Grupo Municipal Socialista de Coristanco denuncia que o Concello “continúa sen actuar ante as reiteradas inundacións nunha vivenda por fallos na rede de pluviais”. “O PSOE de Coristanco volve amosar a súa preocupación pola falta de resposta do Goberno municipal ante un problema que se leva repetindo durante meses”, sinala o portavoz socialista local …
O PSdeG da Laracha denuncia o “abandono” de Currelos de Arriba, con “lixo acumulado e falta de mantemento e seguridade”
O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia o “estado de abandono” no que se atopa o núcleo rural de Currelos de Arriba, na parroquia de Soandres. A voceira da agrupación socialista, Ines Ramos, realizou esta semana unha visita ao lugar para comprobar sobre o terreo as deficiencias, como “lixo acumulado, infraestruturas perigosas e falta de mantemento”, e …
O Grupo Municipal Socialista de Rianxo reitera a súa preocupación pola falta de avances efectivos na aplicación das medidas de prevención e defensa contra incendios forestais
O Grupo Municipal Socialista de Rianxo vén de reiterar a súa preocupación pola falta de avances efectivos na aplicación das medidas de prevención e defensa contra incendios forestais no municipio, unha cuestión que afecta directamente á seguridade da veciñanza e á protección do territorio. Cómpre lembrar que xa no ano 2025 o PSdeG-PSOE de Rianxo …
O PSdeG de Curtis denuncia falla de transparencia do Concello sobre o plan de seguridade para as festas
O PSdeG de Curtis denuncia falta de información por parte do goberno municipal, destacando que informaron á veciñanza da celebración do pleno ordinario do día de mañá, venres 12 de xuño, esta mesma mañá por redes sociais, con menos dun día de antelación. “Os veciños e veciñas de Curtis traballan, e se avisara con algún …
O PSdeG de Curtis reclama a creación inmediata da Policía Local ante a “falta de seguridade” no municipio
O PSdeG de Curtis reclama a creación dunha Policía Local no municipio e pediu ao goberno local que impulse os trámites necesarios para poñer en marcha este servizo. Desde a agrupación socialista consideran que Curtis e Teixeiro “carecen de medios suficientes en materia de seguridade” e sinalan que se trata dun municipio que conta cun …
O PSOE de Ribeira vota non ós orzamentos por seren contraditorios, improvisados, alleos ás necesidades reais, e por investir 0 € no novo polígono industrial
O Grupo Municipal Socialista de Ribeira votou en contra dos orzamentos municipais ao considerar que son contraditorios co discurso do goberno local, non responden ás necesidades reais do municipio e evidencian unha redacción feita con présas, improvisación e falta de rigor. O portavoz socialista, Fran Suárez-Puerta, advertiu que o documento amosa unha clara distancia entre …
O PSdeG de Curtis denuncia que os uniformes de protección civil do municipio non cumpren a normativa vixente
A Agrupación Socialista Local de Curtis denuncia que os uniformes empregados polo persoal de Protección Civil no municipio non cumpren coa normativa vixente en Galicia, expresada na orde do 24 de febreiro de 2015 que se pode consultar no DOG 46 do 9 de marzo dese mesmo ano. Nesta orde, pola que se dictan as …
O PSOE de Rianxo propón actualizar a auditoría da rede de auga e avanzar na regularización do servizo
O Grupo Municipal Socialista de Rianxo vén de trasladar ao goberno municipal a necesidade de avanzar na actualización da situación do ciclo integral da auga no municipio, apostando por unha planificación rigorosa e adaptada ás necesidades actuais da rede de abastecemento e saneamento. Dende o PSOE consideran prioritario iniciar a renovación da auditoría da rede, …
O PSdeG de Coristanco esixe a clausura inmediata do pozo do CEIP Canosa–Rus tras coñecerse analíticas fóra da normativa
O Grupo Municipal Socialista de Coristanco vén de presentar unha moción no Concello para reclamar a clausura inmediata do pozo construído no CEIP Canosa–Rus en 2025, logo de coñecerse que as analíticas iniciais da auga presentan parámetros que incumpren a normativa vixente. O voceiro socialista local, José Manuel Pérez Abelenda, sinala ademais que os resultados …
O PSdeG reclama unha actuación integral na Rúa Correos para poñer fin á degradación dunha obra abandonada desde hai máis de catorce anos
O PSdeG de Ribeira levará ao Pleno municipal unha proposición para reclamar unha actuación integral na Rúa Correos, unha vía situada nun punto especialmente relevante do centro de Ribeira, entre a Rúa de Lugo e a Rúa Marcial de Adalid. O portavoz socialista, Francisco Suárez-Puerta, considera que esta rúa “non pode seguir sendo o espazo …