Tag: PSdeG-PSOE
O PSdeG esíxelle á Xunta que rehabilite o pavillón do IES Moncho Valcarce das Pontes
O PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta de Galicia que rehabilite o pavillón do IES Moncho Valcarce das Pontes, que presenta multitude de filtracións e humidades que impiden o correcto desenvolvento da actividade deportiva no seu interior. “Sumámonos ás reivindicacións que levan facendo non só durante semanas e días a comunidade educativa e o Concello das Pontes, …
O PSdeG reclámalle ao PP que respalde no Congreso as medidas de apoio ao marisqueo en Camariñas
O PSdeG-PSOE denuncia o “abandono” do sector marisqueiro de Camariñas e da Costa da Morte por parte do Partido Popular e a Xunta e reclámalles que apoie no Congreso dos Deputados a iniciativa socialista para eximir a mariscadoras e mariscadores de pagar as cotas de Seguridade Social. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, criticou a …
O PSdeG esíxelle á Xunta que rehabilite o Centro de Saúde de Ordes e repare as goteiras na consulta de pediatría
O Grupo Parlamentario Socialista esíxelle á Xunta de Galicia que rehabilite o Centro de Saúde de Ordes, con particular atención ás pingueiras que existen na consulta de pediatría, segundo denuncian as persoas usuarias do centro. “O noso grupo municipal leva traballando xa insistentemente para que se poña solución á situación absolutamente calamitosa que hai no …
O PSOE da Laracha reclámalle ao alcalde que leve “o non á planta de biogás que demanda a veciñanza” ante a conselleira
O PSdeG-PSOE da Laracha reclámalle ao alcalde do municipio que transmita o rexeitamento ao proxecto de instalación dunha planta de biogás en Vista Alegre, Soandres, á Xunta de Galicia. “Ante o crecente rexeitamento veciñal á planta proxectada, dende o PSOE da Laracha esixímoslle ao alcalde a creación inmediata dunha comisión de traballo conxunta”, sinala a …
O PSdeG reclámalle á Xunta axudas para a accesibilidade das persoas xordas na preparación de oposicións
Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, xunto a integrantes da Agrupación Socialista Local de Ferrol, reuniuse coa Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra para escoitar as súas inquedanzas e reivindicacións, co obxectivo de trasladalas ao Parlamento de Galicia. “Puidemos ver un caso dunha das persoas que integran esta asociación que realmente ten problemas de …
O PSdeG reclámalle á Xunta que “escoite aos propietarios e propietarias das Fragas do Eume” e apoia a súa campaña de recollida de firmas
O PSdeG Provincial da Coruña participou na concentración convocada en Ferrol polos propietarios e propietarias das Fragas do Eume diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol. Estiveron presentes Aitor Bouza Manso, deputado autonómico, e José Simoes, tenente de alcalde de Pontedeume. Bouza amosou unha vez máis o apoio do PSdeG ás reivindicacións …
O PSdeG denuncia a saturación e falta de liñas do transporte público por estrada en Oleiros
O Grupo Parlamentario Socialista denuncia a saturación e falta de liñas e frecuencias axeitadas no transporte público por estrada en Oleiros, e preguntará á Xunta por esta situación no Parlamento galego. A deputada Silvia Longueira destaca, que, aínda que o Concello de Oleiros “é un dos máis importantes da área metropolitana da Coruña”, estando “preto …
O PSdeG reclama á Xunta a contrución dun comedor escolar no CEIP Campomaior (Ordes)
O PSdeG vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento de Galicia e de presentar unha moción no Concello de Ordes para reclamar melloras nos comedores escolares do municipio. Segundo explicou o deputado socialista Aitor Bouza, esta mesma semana mantiveron unha xuntanza coas ANPA de Ordes, na que lles trasladaron as principais deficiencias detectadas nos centros …
O PSdeG reclama reforzos urxentes de persoal para a Oficina Rural de Ortigueira ante a falta de medios e vacantes sen cubrir
O PSdeG presenta no Parlamento unha proposición non de lei para debate en Pleno co obxectivo de esixir á Xunta medidas inmediatas que garantan o correcto funcionamento da Oficina Rural Comarcal de Ortigueira, un servizo esencial para o sector primario da comarca e para a atención directa á veciñanza do rural. Os socialistas denuncian que …
O PSdeG-PSOE de Ribeira acusa ao PP de pretender ocultar con vinilos o fracaso histórico das súas políticas económicas
O PSdeG-PSOE de Ribeira critica a iniciativa do goberno municipal de cubrir os locais baleiros con vinilos, ao considerar que esta medida é un intento de tapar o peche de negocios e o fracaso do seu modelo económico en Ribeira. O grupo socialista denuncia que o PP intenta vender como “embelecemento” o que non é …
O Grupo Socialista pide no Parlamento a paralización e unha avaliación do proxecto dunha planta de residuos en Cacheiras
O Grupo Parlamentario Socialista de Galicia presentará no Parlamento galego unha iniciativa na que demanda á Xunta de Galicia a elaboración dun informe técnico exhaustivo e independente sobre o proxecto de instalación dunha planta de residuos na parroquia de Cacheiras, no concello de Teo, así como a paralización inmediata da súa tramitación administrativa ata dispoñer …
O PSdeG denuncia as “deficiencias” no transporte metropolitano por estrada e pide medidas correctoras
O PSdeG-PSOE provincial da Coruña advirte da persistencia de incidencias no servizo de transporte público metropolitano por estrada na comarca e reclama a adopción de medidas que melloren o seu funcionamento. O secretario xeral provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, explica que “seguen a rexistrarse situacións como atrasos, autobuses que non chegan ou que non realizan o …
O PSdeG leva ao Parlamento a paralización das obras no CIFP Imaxe e Son da Coruña tras dous anos sen auditorio operativo
A formación socialista pregunta á Xunta cando rematarán os traballos e alerta do impacto na formación do alumnado O Grupo Parlamentario Socialista rexistrou no Parlamento de Galicia unha iniciativa para reclamar información sobre a paralización das obras no CIFP Imaxe e Son da Coruña, cuxo salón de actos, segundo indican, leva dous cursos sen estar …
O PSdeG-PSOE reafirma o seu respecto e apoio ao persoal municipal de Cabanas e esixe ao PP que deixe de utilizalos como escusa política
Cabanas. O Grupo Municipal Socialista de Cabanas quere manifestar con total claridade o seu respeto, recoñecemento e apoio firme ao conxunto do persoal municipal, que cada día sostén os servizos públicos deste Concello con profesionalidade e compromiso. Dende o PSOE de Cabanas rexeitamos calquera crítica cara á actividade dos traballadores municipais e defendemos a seu …
O PSdeG leva ao Parlamento as deficiencias do CEIP da Solaina en Narón e reclama unha rehabilitación integral urxente
O Grupo Parlamentario Socialista de Galicia levará ao Parlamento a situación do CEIP da Solaina, no concello de Narón, tras manter unha xuntanza coa ANPA do centro, que trasladou un dosier coas deficiencias existentes nas instalacións e que, segundo sinalan, xa foi remitido en varias ocasións á Xunta de Galicia sen obter resposta. A iniciativa …