Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O voceiro Walter Pardo Añón volverá encabezar a candidatura do PSdeG de Malpica nas eleccións locais de 2027

  • Por terceira vez consecutiva, o socialista foi elixido por unanimidade como candidato á alcaldía de Malpica de Bergantiños nas vindeiras eleccións municipais

O PSdeG-PSOE de Malpica de Bergantiños anuncia que Walter Pardo Añón volverá encabezar a candidatura socialista á Alcaldía do municipio nas vindeiras eleccións locais, despois de ser elixido por unanimidade nunha reunión da agrupación celebrada o pasado domingo.

O candidato socialista sinala como propósito principal apostar por un cambio de rumbo no Concello, priorizando a atención aos problemas da veciñanza, á mellora dos servizos públicos básicos do municipio e ó mantemento das infraestruturas. “O noso obxectivo é traballar por un concello que non deixe de lado as necesidades básicas da veciñanza, que escoite ós seus veciños e veciñas e que planifique o futuro con responsabilidade, proximidade e compromiso”, declara Pardo Añón.

Para o PSdeG de Malpica, a candidatura de Walter Pardo Añón representa a continuidade do traballo desenvolvido polo grupo municipal socialista ao longo dos anos e a vontade de seguir construíndo unha alternativa para o Concello e dar resposta ás preocupacións dos veciños e veciñas.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes