Tag: PSdeG-PSOE
O PSdeG esixe ao concello de Coristanco transparencia e respecto ao dereito de acceso á información pública
O voceiro municipal José Manuel Pérez Abelenda presentou unha queixa formal ante a Valedora do Pobo por suposta vulneración do seu dereito de acceso á información pública por parte do Concello de Coristanco, ao non recibir resposta á documentación solicitada no prazo legalmente establecido. O escrito remitido á institución autonómica relata os feitos, ocurridos dende …
O PSdeG-PSOE leva ao pleno de Cabanas a situación dos parques infantís
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE levou ao pleno celebrado estes días no Concello de Cabanas unha iniciativa centrada na seguridade dos espazos públicos a través dunha moción sobre o mal estado dos parques infantís municipais. O grupo socialista presentou unha moción na que expón o deterioro xeralizado das áreas de xogo do municipio e a …
O Grupo Parlamentario Socialista lamenta que a Xunta confirmara hoxe que non vai haber Centro de Día para maiores no Sanatorio de Paraxón (Oza-Cesuras)
PSdeG.- A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Silvia Longueira, acusou hoxe ao PP e ao goberno galego de levar 13 anos enganando aos veciños e veciñas de Oza – Cesuras porque non van construír un centro de día para maiores no antigo sanatorio do Paraxón. Así o dixo logo de que o xerente …
O PSdeG denuncia no Parlamento a “situación dramática lamentable” das vivendas do IVS nas Telleiras de Narón tras trece anos de abandono
O deputado do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, denunciou este martes na Cámara a “situación dramática” que viven as familias das vivendas de promoción pública do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) na rúa Telleiras de Narón, onde levan trece anos convivindo con humidades, filtracións e mofo sen que a Xunta de …
O PSdeG esixe unha reforma integral do colexio Labarta Pose de Zas
O Grupo Parlamentario Socialista de Galicia levará ao Parlamento galego a situación dos Centros Escolares de Zas, no concello de Zas, do CEIP Labarta Pose, e do CPI de Zas ante as “deficiencias estruturais e de mantemento” que, segundo indican, afectan á seguridade, ao benestar e á calidade educativa do alumnado e do persoal docente. …
O PSOE de Cabanas inicia unha nova etapa co obxectivo de recuperar un goberno progresista no muncipio
O PSOE de Cabanas abre unha nova etapa política coa incorporación ao grupo municipal, no pleno celebrado hoxe mércores, de Beatriz Carbón e Fran Romero Bustabad, que se suman á actual concelleira socialista Conchi Rodríguez Ferreiro. Os novos edís socialistas substitúen a Carlos Ladra e Delfín Feal, tras a renuncia doutros candidatos e candidatas da …
O PSdeG-PSOE lembra que o PP apoiou en Bruxelas o Regulamento de Control da Pesca que agora critica en Galicia
A parlamentaria socialista Patricia Iglesias lamenta a “contradición” do Partido Popular ao presentarse en Galicia como defensor do sector pesqueiro mentres en Bruxelas apoiou a aprobación do Regulamento de Control da Pesca, unha norma comunitaria que agora critica publicamente no territorio galego. Os socialistas responden así ás declaracións realizadas polo PP en Muxía, onde asegurou estar “do lado da xente do mar” e acusou ao PSOE de incoherencia, ao tempo que se autodefiniu como “o …
O PSdeG-PSOE de Malpica esixe á Xunta que restableza o servizo médico no centro de Buño
O Centro Médico de Buño vese afectado por unha redución do servizo de medicina de familia, segundo se recolle en diversas queixas de usuarios e usarias. Actualmente, a atención préstase únicamente de 9:00 a 11:00 horas, en contraste co horario habitual que ía de 8:00 a 14:00 horas. Ademais, non se están asignando citas con …
O PSOE provincial da Coruña reunirá este xoves ao Consello de Alcaldes e Alcaldesas para analizar o “afogo económico dos concellos”
O secretario provincial do PSdeG-PSOE da provincia da Coruña, Bernardo Fernández, vén de convocar para o xoves 29 de xaneiro o Consello Provincial de Alcaldes e Alcaldesas, órgano que reúne aos rexedores e rexedoras socialistas da provincia, co obxectivo de analizar o impacto económico que está a ter nos concellos o actual modelo de financiamento …
Os alcaldes socialistas de Ferrolterra felicitan ao Goberno e ás Forzas de Seguridade polas últimas operacións antidroga e piden continuidade na loita contra o narcotráfico e branqueo de capitais
Os alcaldes e responsables municipais socialistas da comarca de Ferrolterra queren trasladar publicamente a súa felicitación ao Goberno de España e ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado polas importantes actuacións e redadas antidroga desenvolvidas nos últimos días en Ferrol e Narón, que supuxeron un duro golpe contra o narcotráfico na comarca. Os representantes …
O PSdeG esixe á Xunta corrixir as deficiencias nas liñas de transporte público de Betanzos
O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia as deficiencias nas liñas de autobús de Betanzos, reclamando que se investiguen as causas das incidencias rexistradas e que se repoñan as frecuencias eliminadas. “As veciñas e veciños de Betanzos seguen a padecer as deficiencias, un día tras outro, do transporte público”, afirma a parlamentaria socialista Silvia Longueira. …
O PSdeG denuncia do “colapso absoluto” das urxencias do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol
O PSdeG denuncia no Parlamento de Galicia “o colapso absoluto das urxencias do hospital Arquitecto Marcide en Ferrol, o hospital de referencia para toda a comarca”. O parlamentario socialista Aitor Bouza sinala que “este colapso tamén se provoca por causa dun colapso previo de atención primaria”, logo de que se desen a coñecer “noticias absolutamente …
O PSdeG denuncia o “estado lamentable” no que se atopa o CPI de Zas
O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia o “estado lamentable” do CPI de Zas e rexistra unha iniciativa parlamentaria para esixir solucións a esta problemática por parte da Xunta de Galicia. A parlamentaria socialista Patricia Iglesias mantivo unha serie de reunións coa voceira socialista en Zas, Sheila Rial, na que a zaseira trasladoulle á deputada …
O PSdeG levará ao Parlamento galego a falla de profesorado de latín no IES Concepción Arenal de Ferrol
O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia a falla de profesorado de latín no IES Concepción Arenal de Ferrol, logo de que non se cubrisen as vacantes por xubilación de docentes desta asignatura en varios institutos de Galicia. O parlamentario socialista Aitor Bouza calificou esta situación de “nova falta de respecto da Xunta de Galicia …
O PSdeG da Laracha critica que o concello siga sen orzamentos a pesar da maioría absoluta do PP
A portavoz socialista na Laracha, Inés Ramos, critica que o Goberno municipal do PP aínda non teña aprobados os orzamentos deste ano. Para Ramos, esta situación demostra “incapacidade de xestión, descoñecemento da realidade e un desprezo absoluto pola veciñanza da Laracha”. Segundo explicou, o PP goberna con maioría absoluta, polo que non ten que negociar …