O PSdeG-PSOE reafirma o seu respecto e apoio ao persoal municipal de Cabanas e esixe ao PP que deixe de utilizalos como escusa política
Cabanas. O Grupo Municipal Socialista de Cabanas quere manifestar con total claridade o seu respeto, recoñecemento e apoio firme ao conxunto do persoal municipal, que cada día sostén os servizos públicos deste Concello con profesionalidade e compromiso.
Dende o PSOE de Cabanas rexeitamos calquera crítica cara á actividade dos traballadores municipais e defendemos a seu labor en todo momento.
Ante as declaracións realizadas polo goberno do PP, nas que intenta trasladar unha suposta campaña de ataques ao persoal, desde o PSdeG-PSOE queremos ser contundentes: o noso grupo nunca cuestionou nin cuestionará o traballo dos empregados públicos. Defendemos que o persoal municipal merece estabilidade, organización, medios axeitados e unha dirección política responsable, que estea á altura do seu traballo.
Consideramos profundamente irresponsable que o alcalde intente confundir deliberadamente a crítica política á súa xestión cun ataque aos traballadores. Non é o mesmo, e os veciños e veciñas de Cabanas sábeno.
O PSdeG-PSOE exerce a súa oposición con rigor, amparado na lexislación vixente (art. 22.2.a da Lei 7/1985), que recoñece o deber dos concelleiros de controlar a acción de goberno.
Cando denunciamos problemas na xestión ou na tramitación de expedientes, non sinalamos aos traballadores, senón que esiximos responsabilidades a quen goberna.
Os problemas que hai no Concello, atrasos, desorganización ou falta de planificación non son responsabilidade do persoal, senón dun goberno en minoría que demostrou a súa incapacidade para dirixir con eficacia a administración municipal.
Utilizar aos empregados como escudo para evitar dar explicacións é unha falta de respeto dobre: cara á oposición e cara aos propios traballadores públicos. Defender ao persoal municipal non é usar o seu nome en notas de prensa, é gobernar ben. O PSdeG-PSOE seguirá exercendo unha oposición firme e construtiva, defendendo en todo momento o labor dos traballadores e esixindo ao goberno municipal que, dunha vez por todas, asuma as súas responsabilidades.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS