Tag: Investimentos
Julián Reina reúnese coa Intrabarrial de Canido para abordar a crise habitacional e denunciar a inacción do PP no Concello de Ferrol
O candidato número 2 do PSOE pola provincia da Coruña, Julián Reina, mantivo este martes unha xuntanza de traballo coas entidades que conforman a Agrupación Intrabarrial de Canido —entre as que se atopan a SDR Canido, a AVV Canido e Muiño do Vento—, movemento veciñal e asociativo promotor dun estudo integral e pormenorizado sobre a …
O PSdeG destaca os máis de 60 millóns de euros de apoio estatal a proxectos empresariais nas Pontes para impulsar a súa reindustrialización
O PSdeG-PSOE puxo en valor os investimentos e as actuacións impulsadas polo Goberno de España para favorecer a transición enerxética e a reindustrialización das Pontes, destacando os máis de 60 millóns de euros de apoio a proxectos empresariais no municipio e o desenvolvemento de novas infraestruturas eléctricas destinadas a facilitar a implantación de actividade económica. …
O PSdeG reivindica en Ferrol os investimentos do Goberno de España como motor da transformación industrial, económica e social da comarca
O PSdeG-PSOE fixo balance hoxe dos investimentos impulsados polo Goberno de España en Ferrol e a súa comarca durante os últimos oito anos, destacando o seu papel na modernización industrial, na creación de emprego de calidade, na mellora das infraestruturas e na recuperación de espazos urbanos. Os socialistas reivindicaron a aposta do Executivo de Pedro …
O PSdeG pon en valor os investimentos do Goberno de España en Barbanza para mellorar os servizos públicos, as infraestruturas e o patrimonio natural
O PSdeG-PSOE puxo en valor os investimentos realizados polo Goberno de España nos municipios de Barbanza durante os últimos anos, destacando o seu impacto na mellora dos servizos públicos, na protección do medio ambiente, na recuperación do patrimonio e na modernización das infraestruturas. Durante unha visita a Porto do Son, a cabeza de lista socialista …
O PSOE de Fene reclama á Xunta investimentos prioritarios para o municipio e denuncia a desigualdade nas partidas dos Orzamentos de 2027
O Grupo Municipal Socialista de Fene reclama á Xunta de Galicia que incorpore nos Orzamentos de 2027 investimentos que permitan atender as principais necesidades do municipio. Para iso, os socialistas presentarán unha moción no pleno municipal deste xoves, 5 de novembro, ás 18:00 horas, coa que buscan o apoio da Corporación para esixir ao Goberno …
O PSdeG destaca en Betanzos o impacto dos investimentos do Goberno de España na rehabilitación urbana, a vivenda e a mellora das infraestruturas
A cabeza de lista do PSdeG polo Congreso, Obdulia Taboadela, e o candidato socialista Andrés Hermida puxeron hoxe en valor os preto de seis millóns de euros destinados á revitalización do casco histórico, as actuacións contra as inundacións no barrio da Ribeira O PSdeG-PSOE puxo en valor hoxe en Betanzos o papel do investimento público …
O PSOE de Lousame propón actuacións prioritarias para financiar co POS+ Adicional da Deputación da Coruña
O PSdeG-PSOE de Lousame vén de rexistrar no Concello unha proposta de actuacións prioritarias para financiar a través do próximo POS+ Adicional da Deputación da Coruña. Os socialistas reclaman ao goberno municipal que aproveite estes fondos provinciais para atender as necesidades máis urxentes das distintas parroquias e mellorar os servizos públicos. A proposta céntrase en …
O PSdeG-PSOE denuncia que a Xunta só destina 10.000 euros á conservación das naves de Portos de Galicia en Cariño
O PSdeG-PSOE denuncia a falta de compromiso da Xunta de Galicia coa conservación das naves de Portos de Galicia en Cariño, para as que os orzamentos anunciados para o 2027 contemplan únicamente unha partida de 10.000 euros. Os socialistas consideran esta cantidade “absolutamente insuficiente” ante o avanzado estado de deterioración das instalacións, especialmente da nave …
O PSdeG de Zas celebra a inclusión das súas demandas no novo POS+ Adicional da Deputación da Coruña
A portavoz do PSdeG de Zas, Sheila Rial, expresa a súa satisfacción co POS+ Adicional 2/2026 da Deputación da Coruña, aprobado no último pleno municipal co voto afirmativo, entre outros, da súa formación. O POS+ Adicional permitirá mobilizar 827.789,74 euros en actuacións no municipio, dos cales 701.152,78 euros son achegados pola Deputación da Coruña e …
O PSOE do Porto do Son mostra a súa preocupación pola situación económica do Concello tras a solicitude dun préstamo de 549.000 euros
O Grupo Municipal Socialista do Porto do Son mostrou a súa preocupación pola situación económica do Concello despois de que o goberno local levase ao Pleno unha operación de crédito a longo prazo por 549.132 euros para financiar diferentes obras e investimentos municipais. “Desde o PSOE deixamos claro que compartimos a necesidade de realizar as …
O PSdeG leva ao Parlamento galego as reclamacións da ANPA do IES de Fene
O PSdeG-PSOE leva ao Parlamento de Galicia as reclamacións da ANPA O Pazo do IES de Fene, reclamándolle ao goberno galego a rehabilitación do centro. A voceira socialista local María Ares afirma que “o estado das instalacións do IES de Fene é impropio dun centro educativo do século XXI”. “As denuncias da ANPA e da …
O PSOE de Ordes acusa a Martínez Sanjurjo de “poñer ao PP por diante dos intereses de Ordes” no conflito da N-550
O PSOE de Ordes cargou hoxe con dureza contra o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, ao que acusa de actuar “máis como portavoz do Partido Popular que como alcalde de todos os veciños e veciñas de Ordes” tras as súas declaracións sobre a conexión da futura Ronda Sur-Oeste coa N-550. A portavoz socialista, Noelia Rivadas, …
O PSOE de Rianxo propón actualizar a auditoría da rede de auga e avanzar na regularización do servizo
O Grupo Municipal Socialista de Rianxo vén de trasladar ao goberno municipal a necesidade de avanzar na actualización da situación do ciclo integral da auga no municipio, apostando por unha planificación rigorosa e adaptada ás necesidades actuais da rede de abastecemento e saneamento. Dende o PSOE consideran prioritario iniciar a renovación da auditoría da rede, …
O PSdeG-PSOE de Ribeira acusa ao PP de pretender ocultar con vinilos o fracaso histórico das súas políticas económicas
O PSdeG-PSOE de Ribeira critica a iniciativa do goberno municipal de cubrir os locais baleiros con vinilos, ao considerar que esta medida é un intento de tapar o peche de negocios e o fracaso do seu modelo económico en Ribeira. O grupo socialista denuncia que o PP intenta vender como “embelecemento” o que non é …
O PSdeG leva ao Parlamento a paralización das obras no CIFP Imaxe e Son da Coruña tras dous anos sen auditorio operativo
A formación socialista pregunta á Xunta cando rematarán os traballos e alerta do impacto na formación do alumnado O Grupo Parlamentario Socialista rexistrou no Parlamento de Galicia unha iniciativa para reclamar información sobre a paralización das obras no CIFP Imaxe e Son da Coruña, cuxo salón de actos, segundo indican, leva dous cursos sen estar …