Tag: Ferrolterra
O PSdeG mantén un encontro con COFER para abordar os retos económicos e as oportunidades de desenvolvemento de Ferrolterra, Eume e Ortegal
O candidato número 2 ao Congreso, Julián Reina, e os candidatos Alejandro García e Diego García Legarra reuníronse hoxe coa directiva da Confederación de Empresarios para analizar os avances dos últimos anos, coñecer as demandas do tecido empresarial e identificar as actuacións pendentes para impulsar a economía da comarca O PSdeG-PSOE mantivo este martes un encontro coa directiva da Confederación de …
O PSdeG reclama en Ferrol a modernización urxente do ferrocarril coa Coruña e comprométese a manter esta reivindicación
O PSdeG-PSOE participou este sábado na concentración en defensa do ferrocarril convocada polo Foro Cidadán polo Ferrocarril diante da estación de Ferrol, onde reiterou o seu compromiso coa modernización da conexión ferroviaria entre Ferrol e A Coruña e reclamou que se axilicen as actuacións necesarias para dar resposta a unha demanda histórica da cidade e …
O PSdeG-PSOE esixe á Xunta un plan integral de rexeneración da ría de Ferrol e un plan de choque inmediato para recuperar os bancos marisqueiros
O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento de Galicia que a Xunta poña en marcha un plan integral de rexeneración ambiental e produtiva da ría de Ferrol e a posta en marcha inmediata dun plan de choque para recuperar os bancos marisqueiros, ante a preocupante perda de produtividade que afecta ao sector. Así o trasladaron os socialistas …
O PSdeG-PSOE denuncia os atrasos no transporte público que conecta Valdoviño con Ferrol
O deputado socialista Aitor Bouza denuncia os atrasos que se están a producir dende fai días na liña de autobús que conecta Valdoviño con Ferrol e que afectan especialmente aos veciños e veciñas do municipio, tanto estudantes que precisan do transporte para acudir ao seu centro académico como traballadores e traballadoras que teñen que chegar …
Aitor Bouza lamenta que os orzamentos de 2027 anunciados para Ferrolterra e Ortegal “nada van cambiar a vida da xente”
O deputado socialista no Parlamento galego Aitor Bouza lamentou que os novos orzamentos que anunciou a Xunta de Galicia “por desgracia, nada van cambiar a vida da xente aquí en Galicia”. Bouza asegurou que “as preocupacións importantes nas comarcas de Ferrolterra e Ortegal, como son a sanidade e a educación públicas de calidade, e as …
O PSdeG reivindica a creación dunha unidade de rehabilitación cardíaca na área sanitaria de Ferrol
O PSdeG-PSOE reivindica no Parlamento de Galicia a creación dunha unidade de rehabilitación cardíaca na área sanitaria de Ferrol, na liña do reclamado pola Asociación de Amigos do Corazón de Ferrolterra, a AMICOR. Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego destaca o apoio do PSdeG a esta asociación ao longo dos anos e salienta esta …
O PSOE denuncia novas deficiencias graves no transporte por bus en Ferrolterra
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña denuncia novas deficiencias graves no servizo de transporte público por estrada na provincia, e en particular nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Nesta ocasión destacan o caso do autobús con destino ao IES As Telleiras, xestionado por Monbus, que non pasou pola parada da avenida de Santa Icía, en …
O PSdeG pide á Xunta “que dea toda a información” sobre o servizo de saúde mental no Hospital Naval de Ferrol
O PSdeG-PSOE reclama á Xunta que informe sobre os prazos e os plans para poñer en marcha o servizo de saúde mental de día no Hospital Naval de Ferrol. “O que estamos a reclamar é que se dea toda a información á cidadanía dun servizo como é a asistencia de día de saúde mental no …
O PSdeG provincial esixe á Xunta que poña fin a “5 anos de abandono” do transporte por autobús en Ferrolterra
O PSdeG Provincial da Coruña esíxelle á Xunta de Galicia que poña fin a “5 anos de abandono” do transporte por autobús en Ferrolterra, en palabras do secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro. O tamén alcalde de Pontedeume participou na última concentración de Transporte Digno para a comarca de Ferrol xunto ao deputado Aitor Bouza …
O PSdeG provincial denuncia o “caos” nos buses interurbanos
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña esíxelle á Xunta de Galicia melloras no transporte público por estrada na provincia, con particular atención ás comarcas de Ferrolterra, A Coruña e Bergantiños. Dende o PSdeG califican a situación do transporte por autobús nestas bisbarras de “verdadeiramente penosa, non se pode dicir doutra maneira”. “Levamos anos insistindo, dende que …
O PSdeG-PSOE denuncia a situación “crítica” do transporte público en Ferrol e levará as deficiencias do servizo ao Parlamento galego
O PSdeG denunciou hoxe as graves deficiencias que presenta o servizo de transporte público por autobús en Ferrol e reclamou actuacións inmediatas tanto ao Concello como á Xunta de Galicia para garantir unhas condicións dignas para as persoas usuarias. O deputado socialista no Parlamento de Galicia Aitor Bouza e o voceiro socialista no Concello de …
Aitor Bouza reclama no Parlamento galego a reapertura do albergue de peregrinos de Ferrol
O Grupo Parlamentario Socialista reclama á Xunta de Galicia que reabra o albergue de peregrinos de Ferrol. O deputado Aitor Bouza esixiu “que se garantan as condicións adecuadas de seguridade e salubridade e habitabilidade” no centro. “Ante a negativa do goberno do señor Rey Varela a exixirlle á Xunta de Galicia que dea explicacións e …
O PSdeG reclámalle á Xunta que “escoite aos propietarios e propietarias das Fragas do Eume” e apoia a súa campaña de recollida de firmas
O PSdeG Provincial da Coruña participou na concentración convocada en Ferrol polos propietarios e propietarias das Fragas do Eume diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol. Estiveron presentes Aitor Bouza Manso, deputado autonómico, e José Simoes, tenente de alcalde de Pontedeume. Bouza amosou unha vez máis o apoio do PSdeG ás reivindicacións …
O PSdeG celebra o investimento do Goberno central na nova comisaría de Ferrol e pide colaboración ao Concello en políticas de vivenda e a Cidade da Xustiza
O PSdeG-PSOE puxo en valor o investimento de máis de 7 millóns de euros que o Goberno de España realizará en Ferrol para a construción dunha nova comisaría de policía para Ferrol e Narón no antigo cuartel Sánchez Aguilera. Ángel Mato, voceiro socialista local, e Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia, ofreceron unha rolda …
O PSdeG denuncia as condicións “tercermundistas” nas que se atopa o centro ocupacional Souto de Leixa en Ferrol
O Grupo Parlamentario Socialista denuncia a situación na que se atopa o centro ocupacional Souto de Leixa de Ferrol, especializado no apoio e atención a persoas con discapacidade. “Dende o partido socialista non imos quedar calados, e levaremos a esta situación ao Parlamento de Galicia para que, de maneira inmediata, a Xunta de Galicia tome …