Tag: Ferrol
Julián Reina chama á cidadanía a analizar os datos e encher as urnas de voto socialista o 29 de novembro para non retroceder
O candidato número dous ao Congreso estivo hoxe no reparto que se realizou no barrio de Esteiro acompañado de militantes da agrupación de Ferrol O candidato número 2 do PSdeG-PSOE ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña, Julián Reina, realizou esta mañá declaracións aos medios no barrio ferrolán de Esteiro, xusto antes de iniciar un reparto de …
O PSdeG reivindica en Ferrol as propostas do seu programa electoral en materia de pensións, vivenda e sanidade
O PSdeG-PSOE visitou este luns o mercado de Recimil, en Ferrol, no marco da campaña das eleccións xerais do próximo 29 de novembro. Durante as declaracións aos medios previas ao reparto de material electoral, o candidato número dous ao Congreso, Julián Reina, puxo o foco nas propostas recollidas no programa electoral socialista en materia de …
O PSdeG reivindica en Ferrol o voto socialista para consolidar os dereitos e evitar retrocesos
O PSdeG realizou hoxe en Ferrol un reparto de folletos informativos da formación, nunha xornada de contacto directo coa veciñanza na que participou Julián Reina, candidato socialista ao Congreso pola provincia da Coruña. Reina agradeceu a boa acollida da iniciativa e destacou a importancia de manter o contacto directo coa cidadanía para trasladar as propostas …
O PSdeG inicia a campaña en Ferrol reivindicando o emprego industrial, as pensións e os investimentos do Goberno de España na comarca
No acto tamén participaron os socialistas Ángel Mato, Obdulia Taboadela e Bernardo Fernández Piñeiro, quen advirte do risco de retrocesos en dereitos e liberdades O PSdeG-PSOE deu inicio á campaña das eleccións xerais do próximo 29 de novembro cun acto de presentación do cartel electoral en Ferrol, no que os socialistas reivindicaron os investimentos impulsados polo …
O PSdeG-PSOE súmase á folga do 11N e reclama respecto ás organizacións convocantes e aos sindicatos
Julián Reina, Bernardo Fernández, Montserrat García Chavarría e Ángel Mato participaron en Ferrol na convocatoria para explicar o apoio dos socialistas á xornada de folga O PSdeG sumouse á xornada de folga deste 11 de novembro para defender o avance nos dereitos sociais e denunciar as dificultades que atravesan moitas familias para chegar a fin de …
Julián Reina reúnese coa Intrabarrial de Canido para abordar a crise habitacional e denunciar a inacción do PP no Concello de Ferrol
O candidato número 2 do PSOE pola provincia da Coruña, Julián Reina, mantivo este martes unha xuntanza de traballo coas entidades que conforman a Agrupación Intrabarrial de Canido —entre as que se atopan a SDR Canido, a AVV Canido e Muiño do Vento—, movemento veciñal e asociativo promotor dun estudo integral e pormenorizado sobre a …
O PSdeG reclama en Ferrol a modernización urxente do ferrocarril coa Coruña e comprométese a manter esta reivindicación
O PSdeG-PSOE participou este sábado na concentración en defensa do ferrocarril convocada polo Foro Cidadán polo Ferrocarril diante da estación de Ferrol, onde reiterou o seu compromiso coa modernización da conexión ferroviaria entre Ferrol e A Coruña e reclamou que se axilicen as actuacións necesarias para dar resposta a unha demanda histórica da cidade e …
O PSdeG reivindica en Ferrol os investimentos do Goberno de España como motor da transformación industrial, económica e social da comarca
O PSdeG-PSOE fixo balance hoxe dos investimentos impulsados polo Goberno de España en Ferrol e a súa comarca durante os últimos oito anos, destacando o seu papel na modernización industrial, na creación de emprego de calidade, na mellora das infraestruturas e na recuperación de espazos urbanos. Os socialistas reivindicaron a aposta do Executivo de Pedro …
O PSdeG reclama á Xunta unha residencia universitaria pública no Sánchez Aguilera de Ferrol e financiamento nos orzamentos de 2027
O PSdeG-PSOE reclamará á Xunta de Galicia que impulse a creación dunha residencia universitaria pública nos terreos do antigo cuartel Sánchez Aguilera de Ferrol, e presentará unha emenda aos Orzamentos autonómicos de 2027 para garantir o financiamento necesario para desenvolver o proxecto. Os socialistas tamén levarán esta reivindicación ao Parlamento galego a través dunha iniciativa …
O PSdeG-PSOE esixe á Xunta un plan integral de rexeneración da ría de Ferrol e un plan de choque inmediato para recuperar os bancos marisqueiros
O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento de Galicia que a Xunta poña en marcha un plan integral de rexeneración ambiental e produtiva da ría de Ferrol e a posta en marcha inmediata dun plan de choque para recuperar os bancos marisqueiros, ante a preocupante perda de produtividade que afecta ao sector. Así o trasladaron os socialistas …
O PSdeG-PSOE denuncia os atrasos no transporte público que conecta Valdoviño con Ferrol
O deputado socialista Aitor Bouza denuncia os atrasos que se están a producir dende fai días na liña de autobús que conecta Valdoviño con Ferrol e que afectan especialmente aos veciños e veciñas do municipio, tanto estudantes que precisan do transporte para acudir ao seu centro académico como traballadores e traballadoras que teñen que chegar …
O PSdeG reivindica a creación dunha unidade de rehabilitación cardíaca na área sanitaria de Ferrol
O PSdeG-PSOE reivindica no Parlamento de Galicia a creación dunha unidade de rehabilitación cardíaca na área sanitaria de Ferrol, na liña do reclamado pola Asociación de Amigos do Corazón de Ferrolterra, a AMICOR. Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego destaca o apoio do PSdeG a esta asociación ao longo dos anos e salienta esta …
O PSdeG provincial esixe á Xunta que poña fin a “5 anos de abandono” do transporte por autobús en Ferrolterra
O PSdeG Provincial da Coruña esíxelle á Xunta de Galicia que poña fin a “5 anos de abandono” do transporte por autobús en Ferrolterra, en palabras do secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro. O tamén alcalde de Pontedeume participou na última concentración de Transporte Digno para a comarca de Ferrol xunto ao deputado Aitor Bouza …
O PSdeG provincial denuncia o “caos” nos buses interurbanos
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña esíxelle á Xunta de Galicia melloras no transporte público por estrada na provincia, con particular atención ás comarcas de Ferrolterra, A Coruña e Bergantiños. Dende o PSdeG califican a situación do transporte por autobús nestas bisbarras de “verdadeiramente penosa, non se pode dicir doutra maneira”. “Levamos anos insistindo, dende que …
O PSdeG-PSOE denuncia a situación “crítica” do transporte público en Ferrol e levará as deficiencias do servizo ao Parlamento galego
O PSdeG denunciou hoxe as graves deficiencias que presenta o servizo de transporte público por autobús en Ferrol e reclamou actuacións inmediatas tanto ao Concello como á Xunta de Galicia para garantir unhas condicións dignas para as persoas usuarias. O deputado socialista no Parlamento de Galicia Aitor Bouza e o voceiro socialista no Concello de …