2000 O PSdeG reivindica en Ferrol o voto socialista para consolidar os dereitos e evitar retrocesos - Agrupación Provincial da Coruña PSOE
Skip to content

Galego

Español
2000

¡Síguenos!

O PSdeG reivindica en Ferrol o voto socialista para consolidar os dereitos e evitar retrocesos

  • Julián Reina, candidato socialista ao Congreso pola provincia da Coruña, destaca a boa acollida do reparto de folletos informativos e chama a apoiar o PSOE para dar continuidade ás políticas progresistas

O PSdeG realizou hoxe en Ferrol un reparto de folletos informativos da formación, nunha xornada de contacto directo coa veciñanza na que participou Julián Reina, candidato socialista ao Congreso pola provincia da Coruña.

Reina agradeceu a boa acollida da iniciativa e destacou a importancia de manter o contacto directo coa cidadanía para trasladar as propostas socialistas e coñecer de primeira man as súas preocupacións.

O candidato reivindicou o voto ao PSOE como a opción que permite dar continuidade ao Goberno progresista e seguir consolidando dereitos. “O único voto útil nestas eleccións é o voto que permite que os progresistas sigamos gobernando e consolidando dereitos, en lugar de retroceder corenta anos”, sinalou.

Neste sentido, animou a concentrar o apoio nas candidaturas socialistas e expresou a súa confianza en que cada vez máis cidadáns teñan claro a importancia de acudir ás urnas e apoiar o PSOE para dar continuidade aos avances sociais.


Julián Reina – reparto domingo 15
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes

0