Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG-PSOE súmase á folga do 11N e reclama respecto ás organizacións convocantes e aos sindicatos

Julián Reina, Bernardo Fernández, Montserrat García Chavarría e Ángel Mato participaron en Ferrol na convocatoria para explicar o apoio dos socialistas á xornada de folga


O PSdeG sumouse á xornada de folga deste 11 de novembro para defender o avance nos dereitos sociais e denunciar as dificultades que atravesan moitas familias para chegar a fin de mes. Así o trasladaron en Ferrol Julián Reina, candidato número dous ao Congreso; Bernardo Fernández Piñeiro, secretario xeral provincial, Montserrat García Chavarría, candidata ao Senado, e Ángel Mato, voceiro municipal, que participaron na convocatoria de folga. 

Durante a súa intervención, Julián Reina reclamou respecto ás organizacións convocantes da mobilización e aos sindicatos, e criticou as descalificacións do Partido Popular, ao que acusou de referirse a estas organizacións como “lixo” e cualificar a folga de “disparate”. 

O candidato socialista contrapuxo esas críticas á situación económica das familias e sinalou que “o verdadeiro disparate é que, debido ao encarecemento do custo da vida, moitas persoas teñan dificultades para chegar a fin de mes” 

Reina situou estas cuestións entre os asuntos que están en xogo o vindeiro 29 de novembro. “Fronte os que bloquean o progreso e os dereitos, estamos nós, que imos seguir avanzando en dereitos e seguir avanzando no acceso á vivenda”.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes