Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Deputación

Julián Bustelo encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Rianxo nas eleccións municipais de 2027

O PSdeG-PSOE da provincia da Coruña e Rianxo en Común alcanzaron un acordo político de cara a articular unha candidatura unitaria de cara ás vindeiras elección municipais. Bustelo encabezará a candidatura baixo as siglas do PSdeG-PSOE, que integrará a persoas que na actualidade forman parte tanto de Rianxo en Común como do PSOE. O acordo …

O PSdeG de Cabanas denuncia que o Concello presume dun proxecto aprobado polo anterior goberno socialista co voto en contra do PP

O PSdeG-PSOE de Cabanas denuncia o “oportunismo” do PP co proxecto de humanización da estrada nacional 651 ao seu paso polo municipio, “tras tres anos de abandono e baixo un ultimátum da Deputación”. Dende o PSOE consideran que se trata dun proxecto moi necesario e critican que agora o Partido Popular faga gala del despois …

O PSdeG de Zas celebra a inclusión das súas demandas no novo POS+ Adicional da Deputación da Coruña

A portavoz do PSdeG de Zas, Sheila Rial, expresa a súa satisfacción co POS+ Adicional 2/2026 da Deputación da Coruña, aprobado no último pleno municipal co voto afirmativo, entre outros, da súa formación. O POS+ Adicional permitirá mobilizar 827.789,74 euros en actuacións no municipio, dos cales 701.152,78 euros son achegados pola Deputación da Coruña e …

O PSdeG de Cariño reclama un plan para evitar os cortes na subministración de auga

O PSdeG-PSOE de Cariño reclámalle ao goberno local un plan para mellorar a xestión da auga e evitar a necesidade de cortes na subministración, logo de que o pasado 11 de agosto o Concello emitise un bando no que solicitaba á veciñanza restricións no seu consumo. “As condicións climáticas, con períodos de seca prolongados, e …

O PSdeG denuncia o “taxazo” do Concello de Mugardos: “As familias pagarán a factura da mala xestión do goberno municipal”

O PSdeG-PSOE de Mugardos denuncia o “taxazo” ao que se poden ver sometidas as familias do municipio como consecuencia da mala xestión do goberno local, despois de oito meses sen cobrar diversos recibos municipais de auga, lixo e sumidoiro, IBI ou IVTM (rodaxe de vehículos). O Grupo Municipal Socialista alerta de que o goberno municipal …

O PSdeG-PSOE da Laracha leva ao pleno de xullo unha batería de iniciativas “para solucionar problemas reais dos veciños e veciñas”

A voceira do Grupo Municipal Socialista da Laracha, Inés Ramos, leva ao pleno ordinario de xullo un conxunto de mocións, rogos e preguntas centradas en “dar resposta a demandas veciñais urxentes e denunciar a xestión do goberno do PP no municipio”. “A política máis útil é a que resolve o día a día da xente, …

O PSdeG de Cariño denuncia a “inacción e deixadez” do Concello coas obras e subministracións do POS+ da Deputación

A Agrupación Socialista Local de Cariño denuncia “a inacción e deixadez do goberno municipal ao respecto das obras e subministracións do POS+ da Deputación da Coruña”. O voceiro do PSdeG cariñés Jonathan Miranda sinala que a institución provincial “ten aprobados para o Concello de Cariño máis de 1,2 millóns de euros en obras e subministracións …

O Grupo Socialista acusa ao PP de votar “en contra dos veciños e veciñas de Oroso” ao negarse a que a Xunta cofinancie o novo pavillón polideportivo

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Aitor Bouza, acusou ao PP de votar no Parlamento “en contra dos veciños e veciñas de Oroso” ao rexeitar a proposta que levou á Comisión de Economía do Parlamento para reclamarlle á Xunta que cofinancie un novo pavillón polideportivo en Oroso. O responsable socialista acusou ao PP e …

O PSOE de Ordes acusa a Martínez Sanjurjo de “poñer ao PP por diante dos intereses de Ordes” no conflito da N-550

O PSOE de Ordes cargou hoxe con dureza contra o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, ao que acusa de actuar “máis como portavoz do Partido Popular que como alcalde de todos os veciños e veciñas de Ordes” tras as súas declaracións sobre a conexión da futura Ronda Sur-Oeste coa N-550. A portavoz socialista, Noelia Rivadas, …

O PSOE de Curtis alerta de que a macroplanta de biogás que impulsa o alcalde en Teixeiro tratará máis do dobre de residuos que a que rexeita A Laracha

O PSdeG-PSOE de Curtis cargou hoxe con dureza contra o goberno municipal do PP pola “falta absoluta de transparencia” en relación coa macroplanta de biogás que impulsa o goberno municipal de Javier Caínzos en Teixeiro, un proxecto que, advirten, “duplica ao que rexeita de forma unánime a veciñanza da Laracha”. Os socialistas, a través do …

O PSdeG de Zas critica uns orzamentos municipais con partidas “totalmente insuficientes”

A voceira socialista Sheila Rial criticou “un orzamento no que se botan en falta moitas cousas”. Destacou a ausencia dun espazo previo de debate para “poder facer emendas cando corresponde”. “O pleno de hoxe non era para facer emendas, o orzamento xa estaba enriba da mesa”, explicou a socialista, pero “o caos e a desorde …

O PSOE de Frades celebra a aprobación no pleno da Deputación da senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo

O PSOE de Frades celebra que o pleno da Deputación da Coruña aprobase hoxe as obras de construción da senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo, na estrada provincial DP-3802. O voceiro socialista local Enrique Astray lembra que “o pasado mes de decembro, o goberno provincial xa amosara o seu compromiso de iniciar as obras …

O PSOE de Teo denuncia que o Concello volve perder subvencións da Deputación para xerar emprego

O PSdeG-PSOE de Teo denuncia que o Concello volveu perder, por segundo ano consecutivo, a subvención do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña para crear emprego no municipio. Esta axuda destínase á contratación de persoas con especiales dificultades para atopar emprego, como maiores de 45 anos, persoas en paro de longa duración, …

O PSOE de Irixoa celebra a luz verde da Deputación á ampliación da estrada entre Adragonte e Vilamateo unha actuación “reiteradamente demandada” polos socialistas

O PSOE de Irixoa celebrou a publicación no Boletín Oficial da Provincia da aprobación definitiva do proxecto de ampliación e mellora da estrada da Deputación da Coruña DP-3903, entre Adragonte e Vilamateo por Ambroa, unha actuación que os socialistas levan anos reclamando pola súa importancia para a seguridade viaria no municipio. Dende a agrupación local …

O PSdeG de Lousame celebra o convenio de 204.000€ da Deputación para renovar o céspede artificial do campo de Cabanetán

O PSdeG-PSOE de Lousame celebra a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación da Coruña, mediante o cal a institución provincial financiará o 80% dos 204.000€ que custará renovar o céspede artificial do campo de fútbol municipal de Cabanetán. A Deputación achegará un total de 163.824,91 euros para substituír o actual …