Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Aitor Bouza Manso

O PSdeG reivindica a creación dunha unidade de rehabilitación cardíaca na área sanitaria de Ferrol

O PSdeG-PSOE reivindica no Parlamento de Galicia a creación dunha unidade de rehabilitación cardíaca na área sanitaria de Ferrol, na liña do reclamado pola Asociación de Amigos do Corazón de Ferrolterra, a AMICOR. Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego destaca o apoio do PSdeG a esta asociación ao longo dos anos e salienta esta …

O PSdeG esíxelle á Xunta a limpeza dos ríos de Ordes

O PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta de Galicia a limpeza dos ríos en Ordes. O deputado socialista Aitor Bouza levará esta cuestión ao Parlamento de Galicia en colaboración coa agrupación socialista local. “En materia ambiental reclamamos a limpeza e mantemento dos ríos”, sinala a portavoz do PSdeG de Ordes, Noelia Rivadas. “Hai zonas que dependen de …

O PSdeG reclámalle á Xunta un novo paso de cebra na AC-566 ao seu paso por Narón

O PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta de Galicia a creación dun novo paso de cebra na estrada AC-566 ao seu paso por Narón, e levará a cuestión ao Parlamento galego. O voceiro socialista local, Jorge Ulla, afirma que “a estrada de Cedeira está a convertirse nun punto negro para o tránsito de veciños e estudantes, que …

O PSdeG pide á Xunta “que dea toda a información” sobre o servizo de saúde mental no Hospital Naval de Ferrol

O PSdeG-PSOE reclama á Xunta que informe sobre os prazos e os plans para poñer en marcha o servizo de saúde mental de día no Hospital Naval de Ferrol. “O que estamos a reclamar é que se dea toda a información á cidadanía dun servizo como é a asistencia de día de saúde mental no …

O PSdeG esixe á Xunta que concrete o compromiso da nova depuradora de Ordes e que amplíe a rede de saneamento e abastecemento

O Grupo Socialista levará ao Parlamento de Galicia as reivindicacións do grupo municipal de Ordes en materia de saneamento e abastecemento, e en particular a demanda dunha nova depuradora no municipio. Así o explicou o deputado socialista Aitor Bouza, quen lembrou que o grupo municipal leva tempo traballando nesta reclamación, “algo tan esencial como contar …

O PSdeG provincial esixe á Xunta que poña fin a “5 anos de abandono” do transporte por autobús en Ferrolterra

O PSdeG Provincial da Coruña esíxelle á Xunta de Galicia que poña fin a “5 anos de abandono” do transporte por autobús en Ferrolterra, en palabras do secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro. O tamén alcalde de Pontedeume participou na última concentración de Transporte Digno para a comarca de Ferrol xunto ao deputado Aitor Bouza …

O PSdeG-PSOE denuncia a situación “crítica” do transporte público en Ferrol e levará as deficiencias do servizo ao Parlamento galego

O PSdeG denunciou hoxe as graves deficiencias que presenta o servizo de transporte público por autobús en Ferrol e reclamou actuacións inmediatas tanto ao Concello como á Xunta de Galicia para garantir unhas condicións dignas para as persoas usuarias. O deputado socialista no Parlamento de Galicia Aitor Bouza e o voceiro socialista no Concello de …

O PSdeG reclámalle á Xunta a construción dun novo comedor no CEIP Maciñeira de Neda

O Grupo Parlamentario Socialista reclámalle á Xunta de Galicia que constrúa un novo comedor para o CEIP Maciñeira de Neda na antiga casa do conserxe, no almacén anexo ao centro. Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, sinala que se trata dunha demanda que leva tempo facendo a comunidade educativa, polo que pide que se …

Aitor Bouza reclama no Parlamento galego unha rehabilitación integral do IES Terra de Trasancos, en Narón

O Grupo Parlamentario Socialista reclamará no Parlamento de Galicia unha rehabilitación integral do IES Terra de Trasancos, en Narón, logo de reunirse coa comunidade educativa do centro. Esta reunión contou coa participación de Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, e o grupo municipal socialista liderado polo portavoz do PSdeG-PSOE local Jorge Ulla. “A verdade …

Aitor Bouza reclama no Parlamento galego a reapertura do albergue de peregrinos de Ferrol

O Grupo Parlamentario Socialista reclama á Xunta de Galicia que reabra o albergue de peregrinos de Ferrol. O deputado Aitor Bouza esixiu “que se garantan as condicións adecuadas de seguridade e salubridade e habitabilidade” no centro. “Ante a negativa do goberno do señor Rey Varela a exixirlle á Xunta de Galicia que dea explicacións e …

O PSdeG levará ao Parlamento galego as reclamacións da comunidade educativa de Ordes

O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia as reivindicacións da comunidade educativa de Ordes logo de reunirse con representantes da mesma. A voceira socialista local Noelia Rivadas explica que “en materia educativa ás demandas dende Ordes seguen sendo moi claras”. “Precisamos máis profesorado especialista tanto de PT como da AL e tamén máis auxiliares educativos …

O PSdeG reclama á Xunta que retire o cofinanciamento para a construción da pista de skate no Parque Antón Varela de Canido

O Grupo Parlamentario Socialista de Galicia vén de rexistrar no Parlamento un conxunto de iniciativas para reclamar á Xunta de Galicia que retire o cofinanciamento previsto para a construción dunha pista de skate no Parque Antón Varela de Canido, en Ferrol, un espazo declarado Lugar de Memoria Democrática. Segundo explicou o deputado socialista Aitor Bouza, …

O PSdeG esixe á Xunta manter a atención sanitaria de tarde no Centro de Saúde de Caranza durante o verán

O Grupo Parlamentario Socialista vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para reclamar á Xunta que manteña durante o período estival a actividade asistencial ordinaria en horario de tarde no Centro de Saúde de Caranza, en Ferrol, tras coñecerse a reorganización asistencial prevista entre o 15 de xullo e o 31 …

O PSdeG esixe á Xunta unha solución xusta para os propietarios das Fragas do Eume

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña participou hoxe na manifestación convocada pola parroquia de Ombre, en Pontedeume, para amosar o seu apoio aos propietarios e propietarias de terreos situados nas Fragas do Eume e reclamar unha solución xusta ante as limitacións que soportan nas súas parcelas. Na mobilización estiveron presentes o secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE …

O PSdeG reclamará no Parlamento a reversión dos recortes anunciados no CEIP da Barqueira de Cerdido

O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia os recortes no CEIP da Barqueira, en Cerdido, e esixirá a súa reversión á Consellería de Educación da Xunta de Galicia. “Dende o Grupo Municipal do Partido Socialista de Cerdido parécennos intolerables os recortes que quere levar a cabo a Consellería de Educación no CEIP da Barqueira”, sinala …