Category: Parlamento de Galicia
O PSdeG leva ao Parlamento as reivindicacións da ANPA do CEIP Campomaior de Ordes
O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia as reivindicacións da ANPA do CEIP Campomaior de Ordes despois dunha reunión que representantes das familias do centro mantiveron co deputado Aitor Bouza e a voceira local Noelia Rivadas. “Dende o Grupo Municipal Socialista de Ordes volvemos reunirnos coa ANPA do CEIP Campomaior para escoitar unha reclamación que …
O Grupo Socialista acusa ao PP de votar “en contra dos veciños e veciñas de Oroso” ao negarse a que a Xunta cofinancie o novo pavillón polideportivo
O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Aitor Bouza, acusou ao PP de votar no Parlamento “en contra dos veciños e veciñas de Oroso” ao rexeitar a proposta que levou á Comisión de Economía do Parlamento para reclamarlle á Xunta que cofinancie un novo pavillón polideportivo en Oroso. O responsable socialista acusou ao PP e …
O PSdeG esixe á Xunta que reciba aos propietarios e propietarias das Fragas do Eume e apoia a súa recollida de firmas
O Grupo Parlamentario Socialista participou na última concentración convocada polos propietarios e propietarias das Fragas do Eume en Santiago de Compostela, e aproveitou a ocasión para apoiar unha vez máis a súa recollida de firmas asinando o texto para demandar que a Xunta se reúna co colectivo. O deputado socialista Aitor Bouza quixo “esixirlle novamente …
O PSdeG pide á Xunta colaboración co Concello de Val do Dubra para evitar o peche da oficina do Banco Sabadell
O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento galego a cuestión do peche da oficina do Banco Sabadell en Val do Dubra, co obxectivo de que a Xunta de Galicia se implique para evitar dito peche. O alcalde socialista do municipio, Diego Díaz, explica que “o Partido Socialista de Val do Dubra quere achegar esta problemática ao Parlamento …
A conselleira de Política Social respóndelle ao Grupo Socialista que “se Betanzos quere un centro de día que o faga a súa alcaldesa do PSOE”
A conselleira de Política Social respondeulle hoxe ao Grupo Socialista que “se Betanzos quere un centro de día, que o faga a súa alcaldesa do PSOE”. A portavoz de Política Social, Silvia Longueira, presentara unha pregunta oral no Pleno do Parlamento para coñecer cando tiña previsto a conselleira a construción desta infraestrutura, sen que esta …
O PSdeG levará ao Parlamento galego a reivindicación de máis persoal de orientación e apoio no colexio de Ponzos
O PSdeG-PSOE reuniuse coa ANPA do CEIP de Ponzos, en Ferrol, co obxectivo de escoitar as súas reivindicacións e trasladalas ao Parlamento de Galicia. O deputado socialista nesta cámara Aitor Bouza participou nesta xuntanza. Bouza lembra que a ANPA leva dende as últimas semanas reclamándolle á Consellería de Educación e a Alfonso Rueda que atendan …
O PSdeG denuncia a saturación e falta de liñas do transporte público por estrada en Oleiros
O Grupo Parlamentario Socialista denuncia a saturación e falta de liñas e frecuencias axeitadas no transporte público por estrada en Oleiros, e preguntará á Xunta por esta situación no Parlamento galego. A deputada Silvia Longueira destaca, que, aínda que o Concello de Oleiros “é un dos máis importantes da área metropolitana da Coruña”, estando “preto …
O PSdeG reclama reforzos urxentes de persoal para a Oficina Rural de Ortigueira ante a falta de medios e vacantes sen cubrir
O PSdeG presenta no Parlamento unha proposición non de lei para debate en Pleno co obxectivo de esixir á Xunta medidas inmediatas que garantan o correcto funcionamento da Oficina Rural Comarcal de Ortigueira, un servizo esencial para o sector primario da comarca e para a atención directa á veciñanza do rural. Os socialistas denuncian que …
O PSdeG leva ao Parlamento a paralización das obras no CIFP Imaxe e Son da Coruña tras dous anos sen auditorio operativo
A formación socialista pregunta á Xunta cando rematarán os traballos e alerta do impacto na formación do alumnado O Grupo Parlamentario Socialista rexistrou no Parlamento de Galicia unha iniciativa para reclamar información sobre a paralización das obras no CIFP Imaxe e Son da Coruña, cuxo salón de actos, segundo indican, leva dous cursos sen estar …
O PSdeG leva ao Parlamento as deficiencias do CEIP da Solaina en Narón e reclama unha rehabilitación integral urxente
O Grupo Parlamentario Socialista de Galicia levará ao Parlamento a situación do CEIP da Solaina, no concello de Narón, tras manter unha xuntanza coa ANPA do centro, que trasladou un dosier coas deficiencias existentes nas instalacións e que, segundo sinalan, xa foi remitido en varias ocasións á Xunta de Galicia sen obter resposta. A iniciativa …
O PSdeG reclama a mellora das estradas AC-183 e AC-173 en Oleiros
O Grupo Parlamentario Socialista reclama que a Xunta de Galicia actúe nas estradas AC-183 e AC-173 en Oleiros, facendo “melloras importantes e non simples parcheos”. A deputada socialista Silvia Longueira será a encargada de levar esta cuestión ao Parlamento galego, apuntando que “a mobilidade é un dos principais problemas do Concello de Oleiros, un dos …
PSdeG reclamará no Parlamento de Galicia que se rehabilite o aparcadoiro do Auditorio de Ferrol
O Grupo Parlamentario Socialista reclamará que se realice unha rehabilitación integral do aparcadoiro do Auditorio de Ferrol, en liña do demandado pola ANPA do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol nunha concentración que contou coa participación de diferentes representantes socialistas. Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, sinalou que o aparcadoiro “non é nin accesible …
O PSdeG esixe ao Goberno galego que execute as melloras nos centros educativos ferroláns e o pavillón do IES Ferrol Vello: “Unha promesa máis incumprida”
Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, esíxelle á Xunta que execute as melloras e ampliacións que prometeu e en 7 centros de FP e institutos de Ferrol, así como no o pavillón deportivo do IES Ferrol Vello, por valor de 7 millóns de euros. Fíxoo no marco dun debate parlamentario respecto desta cuestión. O …
O PSdeG de Zas continuará reclamando solucións para a situación dos centros educativos e do centro de saúde do municipio
O PSdeG de Zas reafirma o seu compromiso de continuar impulsando iniciativas institucionais e realizando seguimento político ata que existan solucións ás deficiencias detectadas nos centros educativos do municipio e á situación sanitaria local. Así o trasladou Sheila Rial tras asistir o pasado mércores ao Parlamento de Galicia para escoitar a resposta do conselleiro de …
O PSdeG esixe a Rueda que rectifique para evitar a chamada de atención da Unión Europea sobre as Fragas do Eume
O PSdeG-PSOE amosa o seu apoio á solicitude presentada ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo polos propietarios e propietarias das Fragas do Eume. “Dende o Partido Socialista queremos sumarnos a esa reivindicación que fan os propietarios e propietarias, como levamos facendo durante meses e durante anos”, sinala o deputado socialista no Parlamento galego …