Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Municipios

O PSdeG de Curtis demándalle á Xunta a ampliación urxente do CEIP de Teixeiro

O secretario xeral do PSdeG-PSOE Curtis, Fernando Rey Leira, reuniuse coa dirección do CEIP de Teixeiro para coñecer as súas problemáticas e as súas demandas, co obxectivo de levarllas ao Parlamento galego e á Xunta de Galicia. O socialista explica que a reclamación máis urxente é a dunha “reforma do centro escolar en materia de …

O PSdeG do Porto do Son anuncia unha campaña de recollida de firmas para evitar que o centro de saúde peche os sábados pola mañá

O PSdeG-PSOE de Porto do Son anuncia unha campaña de recollida de sinaturas contra a decisión da Xunta de que o centro de saúde do municipio estea pechado os sábados pola mañá. Para a agrupación socialista, esta decisión, que afecta tamén a outros centros de saúde da zona como os de Carnota e Mazaricos, é …

O PSdeG de Teo esixe que a conselleira de Medio Ambiente rectifique as súas “fondamente desafortunadas” declaracións

“As declaracións recentes da conselleira de Medio Ambiente sobre a oposición veciñal á planta proxectada en Feros resultan fondamente desafortunadas e merecen unha rectificación pública inmediata”, afirma a voceira socialista local Mayte Argibay. A socialista lamenta que a conselleira se referise á lexítima preocupación dos veciños á creación de “plataformas cada vez que se queira …

O PSdeG de Curtis reclámalle a Concello e Xunta a rehabilitación da senda do río Mandeo

O secretario xeral do PSdeG-PSOE Curtis, Fernando Rey Leira, reclámalle ao alcalde Javier Cainzos e a Augas de Galicia o arran  da senda do Rio Mandeo e a limpeza do rio e a propia senda. Denuncia que se atopa “nun estado de abandono e de deixadez por parte das administracións competentes, tanto a local como …

O PSdeG propón recuperar o Cine Millán para dotar a Palmeira dun novo espazo cultural

O PSdeG de Ribeira vén de presentar unha proposta ao pleno municipal para impulsar a adquisición e rehabilitación do inmoble coñecido como Cine Millán, coa finalidade de convertelo nun espazo cultural ao servizo da parroquia de Palmeira. Para o grupo municipal socialista esta iniciativa “responde a unha demanda da veciñanza e representa unha oportunidade única …

O PSdeG de Zas critica uns orzamentos municipais con partidas “totalmente insuficientes”

A voceira socialista Sheila Rial criticou “un orzamento no que se botan en falta moitas cousas”. Destacou a ausencia dun espazo previo de debate para “poder facer emendas cando corresponde”. “O pleno de hoxe non era para facer emendas, o orzamento xa estaba enriba da mesa”, explicou a socialista, pero “o caos e a desorde …

O PSdeG de Cariño denuncia “o incumprimento sistemático dos acordos plenarios por parte do goberno municipal”

O PSdeG-PSOE de Cariño denuncia “o incumprimento sistemático dos acordos plenarios por parte do goberno municipal” despois de preguntar no último pleno se se vai volver licitar o Punto de Atención á Infancia. O voceiro socialista local Jonathan Miranda sinala que este caso é “un claro exemplo” deste incumprimento de acordos. O socialista lembra que …

Patricia Iglesias denuncia a paralización das obras de Palmeira, en Ribeira

O Grupo Parlamentario Socialista denuncia a paralización das obras na travesía de Palmeira, no municipio de Ribeira. A deputada Patricia Iglesias reclama explicacións á Xunta de Galicia. “Estamos preocupados polo que nos traslada á veciñanza de Palmeira”, explica a parlamentaria, que salienta que “hai uns días que non se ve actividade na zona, non hai …

O PSdeG rexeita a sanción da Xunta a Valdoviño pola piscifactoría de Meirás e esixe explicacións no Parlamento

O PSdeG-PSOE rexeita a sanción imposta pola Xunta de Galicia ao Concello de Valdoviño por mor da piscifactoría de Meirás. Aitor Bouza, deputado no Parlamento galego, e Alberto González, alcalde de Valdoviño, tiveron unha xuntanza para abordar conxuntamente a cuestión. González afirmou que a piscifactoría foi “abandonada por parte da Xunta de Galicia”: “Non tivemos …

Silvia Longueira reclama no Parlamento galego máis aulas e persoal para o CEIP de Teixeiro

O Grupo Parlamentario Socialista reclámalle á Xunta de Galicia máis aulas e persoal para o CEIP de Teixeiro, no municipio de Curtis, ante o incremento da poboación desta vila. A deputada autonómica Silvia Longueira sinala que este incremento xera “un curioso problema que podería ser unha boa noticia” pero que fai que o centro estea …

O PSdeG-PSOE da Laracha esixe medidas urxentes ante a “situación estrutural” de incendios en Caión

O Grupo Municipal Socialista da Laracha presentou unha moción para o seu debate no Pleno ante a “profunda preocupación” que vive a veciñanza de Caión polos últimos incendios forestais rexistrados na parroquia. A voceira socialista, Inés Ramos López, urxe á Xunta de Galicia e ao Goberno local a pasar dunha “reacción tardía” a unha política …

O PSdeG de Curtis reclama a Concello e Xunta que habiliten unha zona para a aterraxe do helicóptero do 061

O PSdeG-PSOE de Curtis reclámalle ao alcalde Javier Caínzos e á Xunta de Galicia que actúen con carácter inmediato no PAC de Teixeiro para habilitar urxentemente unha zona accesible e de uso exlusivo para a aterraxe do helicóptero do 061. Esta reivindicación prodúcese unha vez máis logo de que o pasado sábado 4 de abril, …

O pleno de Mañón aproba a moción do PSOE para nomear a Lino Novás Calvo fillo predilecto do municipio

O pleno do Concello de Mañón aprobou o pasado xoves, por unanimidade de todos os grupos, a moción presentada polo PSOE para recoñecer e honrar a figura do escritor e xornalista Lino Novás Calvo, unha das personalidades máis destacadas vinculadas ao municipio. Con este acordo, Mañón dá un paso decisivo para saldar unha débeda histórica …

O PSOE de Fene esixe un plan urxente de reparación de estradas e melloras nos parques municipais

O Grupo Municipal Socialista de Fene reclamou no último pleno municipal que o goberno local formado por BNG e EU poña en marcha un plan integral de reparación de estradas que dea resposta ás necesidades reais da veciñanza. Os PSdeG local sinalou o mal estado de múltiples vías municipais e demandou “unha planificación clara que …

O PSdeG de Pontedeume reclama apoio e axudas ao sector marisqueiro e a pesca de artes menores no municipio

O Grupo Municipal Socialista de Pontedeume levará ao seguinte pleno unha moción de apoio ao sector marisqueiro e da pesca de artes menores no municipio. Esta iniciativa, consensuada coa Confraría de Pescadores local, pretende instar á Xunta de Galicia a negociar co sector e establecer axudas efectivas como compensación pola paralización da actividade recomendada pola …