Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG reclama no Parlamento galego a mellora da depuradora de Sigüeiro

O PSdeG-PSOE reclama no Parlamento de Galicia que se mellore a EDAR de Sigüeiro, presentando unha batería de iniciativas para denunciar a situación desta instalación.

“Hai 3 anos falábase continuamente dos graves problemas da depuradora de Sigüeiro, e hoxe preguntámonos se desapareceron por ciencia infusa”, sinala o secretario xeral do PSOE local Fernando Gutiérrez.

“Non se levou a cabo ningunha actuación para solucionar estes problemas, e as infraestruturas non se arranxan soas”, critica o socialista.

Gutiérrez lamenta que a Xunta non invista en Sigüeiro mentres anuncia investimentos “de 1,8 millóns de euros para a depuradora de Buscás en Ordes e 600.000 euros para a planta de Ponte Carreira en Frades”.

“Os veciños e veciñas teñen dereito a saber cal é o estado real da depuradora e que fixo o goberno municipal nestes tres anos, reclamamos transparencia e explicacións”, engade.

Por outra banda, o deputado socialista no Parlamento galego Aitor Bouza lembra que o Grupo Parlamentario Socialista incluíu a mellora desta depuradora nas súas emendas aos orzamentos da Xunta, que foron rexeitadas polo Partido Popular.

Bouza pregúntase “que alcalde pode presumir de, realmente, votar en contra das súas veciñas e dos seus veciños, mentres despois o único que fai é protexer, defender os intereses do Partido Popular”.

Concluíu reclamando “que se desenvolva canto antes esta depuradora en Oroso, atendendo tamén ás reivindicacións que levan os veciños e veciñas”.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes